Resident Evil 5, coñecido no Xapón como Biohazard 5 (バイオハザード5), é un videoxogo de survival horror, o sétimo da serie Resident Evil desenvolvido e publicado por Capcom o 5 de marzo de 2009 no Xapón e o 13 de marzo en Europa e Norteamérica para PlayStation 3 e Xbox 360. O 15 de setembro foi lanzada unha versión para Microsoft Windows. As primeiras tres semanas o xogo vendeu máis de 2 millóns de unidades en todo o mundo e ata xuño máis de 5 millóns, o que o converte no título máis vendido da serie. Para marzo do 2010 vendeu 2,96 millóns de unidades para PS3 [1] e 2,60 millóns para Xbox 360[2].

Resident Evil 5
Desenvolvedor(es)Capcom
Distribuidora(s)Capcom
Compositor(es)Akihiko Narita
Lanzamento5 de marzo de 2009
Xénerovideoxogo de acción e aventura e disparos en terceira persoa
Modos de xogovideoxogo multixogador, videoxogo para un xogador e modo cooperativo
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Xbox 360, PlayStation 3, Microsoft Windows, PlayStation 4, Xbox One e Nintendo Switch
Na rede
http://www.residentevil.com/5/
IMDB: tt0473298 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Resident Evil 5 céntrase nas investigacións contraterroristas de Chris Redfield e Sheva Alomar en Kijuju, unha cidade ficticia de África. Ambos forman parte dun corpo antiterrorista denominado BSAA, que enviou aos dous axentes para investigaren a presenza en África de restos da organización Umbrella, empresa responsable dos feitos acontecidos nas anteriores entregas da serie. Durante as súas investigacións descobren un gromo de enfermidade derivado dunha serie de experimentos que a compañía Tricell realizou nesta rexión. Nos laboratorios africanos desta corporación crearon un novo patóxeno, un híbrido do virus T e das pragas que debutaron na serie en Resident Evil 4. Ao longo da misión, Chris Redfield atopa á súa antiga compañeira e anterior protagonista de Resident Evil 3: Nemesis, Jill Valentine.

Edicións especiais editar

O mesmo día da posta á venda da edición normal, puxéronse á venda varias edicións limitadas. No Xapón, a edición especial incorporaba, ademais do disco do xogo, unha bolsa, un libro de ilustracións e un pen-drive decorado co emblema de Tricell. En Europa a edición especial consistía nunha caixa metálica.

En marzo de 2010 foi lanzada unha nova edición, denominada Gold Edition (edición ouro), que contén o xogo e dous episodios novos, Desperate Escape e Lost in nightmares, unha serie de personaxes novas e un novo modo de xogo chamado The mercenaries reunion.

Contido descargable editar

Ás poucas semanas da saída do xogo en marzo de 2009 foi colgado o modo multixogador, denominado modo Versus. Está dispoñible tanto para Xbox 360 a través de Xbox Live como para Playstation 3, por medio de Playstation Network.

En febreiro de 2010 foi lanzado Lost in Nightmares en PSN e Xbox Live e en marzo, Desperate escape para as mesmas redes.

Crítica editar

A versión de Xbox 360 acadou un 85 [3], mentres que a de PS3 acadou un 86 [4].

Notas editar

  1. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=7675&region=All
  2. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=7676&region=All
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2010. Consultado o 09 de marzo de 2010. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 09 de marzo de 2010.