República Socialista Soviética de Lituania

República Socialista Soviética de Lituania (en lituano: Lietuvos tarybu socialistine respublika) foi o nome dado a Lituania entre o 21 de xullo de 1940, data en que foi invadida pola Unión Soviética e o 1 de marzo de 1990, cando o país recuperou a independencia.

Modelo:Xeografía políticaRepública Socialista Soviética de Lituania
Lietuvos Tarybų Socialistinė Respublika (lt) Editar o valor em Wikidata

HimnoHino da República Socialista Soviética da Lituânia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Proletarios de todos os países» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 55°30′N 24°00′L / 55.5, 24Coordenadas: 55°30′N 24°00′L / 55.5, 24
Estado desaparecidoUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
CapitalVilnius Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.689.779 (1989) Editar o valor em Wikidata (56,59 hab./km²)
Lingua oficiallingua lituana
lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie65.200 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación3 de agosto de 1940 Editar o valor em Wikidata
Disolución11 de marzo de 1990 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública soviética Editar o valor em Wikidata
MoedaRublo soviético Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Trala primeira guerra mundial editar

Houbo un intento frustrado de establecer un goberno soviético en Lituania por parte do Exército Vermello bolxevique entre 1918 e 1919. A RSS de Lituania proclamouse o 16 de decembro de 1918, polo goberno revolucionario provisional, formado completamente por membros do Partido Comunista de Lituania. A RSS de Lituania estivo apoiada polo Exército Vermello, pero non logrou crear un goberno de facto con apoio popular, como fixera pouco antes o Consello de Lituania. Dous meses despois, o 27 de febreiro de 1919, uniuse á República Socialista Soviética de Belarús e proclamouse a República Socialista Soviética Lituano-Belarusa, que existiu durante seis meses, ata o 25 de agosto de 1919.

A República Socialista Soviética Federativa de Rusia recoñeceu oficialmente á República de Lituania polo asinamento do tratado de paz soviético-lituano o 12 de xullo de 1920, poñendo así fin á existencia da RSS Lituana. Suxeriuse que o fracaso na conquista de Polonia durante a guerra polaco-soviética previu aos soviéticos de invadir Lituania e restablecer unha república soviética nese momento.[1][2]

Segunda guerra mundial editar

O Pacto Molotov-Ribbentrop de agosto de 1939, entre a Alemaña nazi e a Unión Soviética, estableceu que Lituania quedaba incluída na esfera de influencia alemá. Porén, a segunda guerra mundial comezou en setembro de 1939, e o pacto foi modificado para transferir a Lituania á esfera soviética.[3] Isto garantiuse co intercambio de Lublin e partes da Provincia de Varsovia en Polonia, que orixinalmente estaban adscritas á Unión Soviética, pero que naquel momento xa foran ocupadas pola Wehrmacht.

Seguindo o ultimato soviético a Lituania de 1940 e a subsecuente invasión o 15 de xuño de 1940, o presidente Antanas Smetona escapou do país. Antes de facelo e de acordo coa constitución lituana, cedeu as súas funcións ao Primeiro Ministro Antanas Merkys. O día que seguiu á partida de Smetona, Merkys anunciou que depuxera a Smetona e que chegara á presidencia polo seu propio pé. O 17 de xuño, a instancias dos soviéticos, Merkys nomeou a un periodista de esquerdas, Justas Paleckis, como Primeiro Ministro. Merkys renunciou tamén, de xeito que Paleckis, pasou a ser o presidente en funcións. Para todos os efectos, Lituania perdera a súa independencia.

Paleckis nomeou a un goberno popular dominado polos comunistas, con Vincas Krėvė-Mickevičius como Primeiro Ministro. Este goberno disolveu o Cuarto Parlamento (Seimas) e anunciou as eleccións para elixir un Parlamento Popular o 14 de xullo. Os votantes foron elixidos dunha lista única proporcionada pola Unión de Traballadores de Lituania, que non era máis que unha fachada do recentemente reaparecido Partido Comunista de Lituania. A nova Seimas Popular reuniuse o 21 de xullo e o único punto da orde do día era converter a Lituania nunha república Soviética, xurdindo así de novo a República Socialista Soviética de Lituania, que solicitou ao goberno da URSS que a admitira como unha república constituínte. A resolución tomouse de xeito unánime. O 3 de agosto, o Soviet Supremo da URSS aceptou a petición e admitiu á RSS de Lituania como a 14º República da Unión Soviética. Lituania mantén que xa que Smetona nunca rexeitou o cargo, a toma do poder de Merkys foi ilegal, e todas as accións que levaron á anexión por parte da URSS foron ilegais.

Lituania foi ocupada pola Alemaña nazi en xuño de 1941. Coa Ocupación dos estados Bálticos levada a cabo en 1944, restableceuse o poder Soviético. Logo das dúas ocupacións, levouse a cabo unha sovietización do país mediante unha deportación en masa de lituanos a gulags e outros campos de internamento da Unión Soviética.

Durante a segunda guerra mundial editar

Os Estados Unidos de América, o Reino Unido e outros países consideraron que a ocupación de Lituania pola Unión Soviética foi ilegal, citando a Doutrina Stimson, en 1940, pero acordaron non violar as fronteiras soviéticas despois das conferencias de paz que seguiron á segunda guerra mundial. Os Estados Unidos rexeitaron recoñecer a anexión de Lituania e o resto dos Estados Bálticos, pola URSS, durante toda a existencia da Unión.

Independencia editar

Lituania declarou a súa independencia da Unión Soviética o 11 de marzo de 1990, e foi a primeira república soviética en facelo. Todos os nós legais da soberanía soviética sobre a república foron cortados cando Lituania declarou a restitución da súa independencia. A Unión Soviética non recoñeceu esta declaración e considerouna ilegal, xa que Lituania tiña que seguir un procedemento concreto, segundo mandaba a Constitución da Unión Soviética se quería abandonar a Unión.

Lituania alegou que todo o proceso polo cal o país foi anexionado á URSS foi ilegal e violaba tanto as leis lituanas e internacionais, de xeito que o único que estaban facendo era reafirmar unha independencia que existía previamente. A URSS tratou de invadir o país, pero a República Socialista Soviética Federativa de Rusia na súa Declaración da Soberanía do Estado, do 12 de xuño freou os intentos da URSS de manter a Lituania dentro da Unión.

Islandia recoñeceu de xeito inmediato a independencia de Lituania. O resto dos estados fixérono a partir do Intento de Golpe de Estado na URSS de 1991, no que o que quedaba do goberno soviético recoñecía a independencia do país o 6 de setembro de 1991.

Economía editar

A colectivización na República Socialista Soviética de Lituania tivo lugar entre 1947 e 1952.[4]

A renda per cápita de 1990 da RSS de Lituania era de 8.591$, estando por riba da media dos 6.871$ do resto da Unión Soviética.[5] Aínda así era menos da metade da renda per cápita dos países adxacentes como Noruega (18.470$), Suecia (17.680$) ou Finlandia (16,868$).[5] Polo xeral, no Bloque do Leste a ineficacia dos sistemas sen competencia ou de equilibrio do mercado dos prezos converteuse custoso e insostible, especialmente coa crecente complexidade da economía mundial.[6] Estes sistemas, que requirían a planificación do estado en todos os niveis, acabou colapsando baixo o peso das indeficacis económicas acumuladas, con varios intentos de reforma que simplemente contribuíron á aceleración das tendencias á crise de xeración.[7]

Notas editar

  1. Snyder, Timothy (2004). The Reconstruction of Nations: Poland, Ukraine, Lithuania, Belarus, 1569–1999. Yale University Press. pp. 62–63. ISBN 0-300-10586-X. 
  2. Senn, Alfred Erich (setembro de 1962). "The Formation of the Lithuanian Foreign Office, 1918–1921". Slavic Review 3 (21): 500–507. ISSN 0037-6779. doi:10.2307/3000451. 
  3. Christie, Kenneth, Historical Injustice and Democratic Transition in Eastern Asia and Northern Europe: Ghosts at the Table of Democracy, RoutledgeCurzon, 2002, ISBN 0-7007-1599-1
  4. O'Connor 2003, p. xx–xxi
  5. 5,0 5,1 Madison 2006, p. 185
  6. Hardt & Kaufman 1995, p. 1
  7. Hardt & Kaufman 1995, p. 10

Véxase tamén editar

Outros artigos editar