República Socialista Soviética de Donetsk-Krivoi Rog

A República Soviética de Donetsk, posteriormente chamada República Soviética de Donetsk-Krivoi Rog (en ruso: Донецко-Криворожская советская республика'),[1] foi unha república xurdida nos turbulentos anos inmediatamente posteriores á Revolución de Outubro.

Modelo:Xeografía políticaRepública Socialista Soviética de Donetsk-Krivoi Rog

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°54′N 36°18′L / 49.9, 36.3Coordenadas: 49°54′N 36°18′L / 49.9, 36.3
CapitalKhárkiv
Luhansk Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación7.000.000 Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua rusa
lingua ucraína Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de febreiro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Disolución17 de febreiro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porSouth-East Ukrainian Autonomous Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública soviética Editar o valor em Wikidata
• Xefe de estadoFedir Sergeev (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Proclamada o 11 de febreiro de 1918 foi nominalmente existente até o 17 de febreiro de 1919, cando foi oficialmente disolta.

Historia editar

Esta república fundouse como reacción á constitución da República Popular de Ucraína, inspirada nun país baixo un criterio étnico, en contraposición co criterio marxista de unidade económica das rexións, cualificando o criterio nacional como "burgués" e "contrarrevolucionario".[2]

A república non foi recoñecida nin polo Comité Executivo Central de Todas as Rusias, nin por ningunha nación.

Proclamada en febreiro de 1918, foi incorporada en marzo de 1918 á República Socialista Soviética de Ucraína con certo grao de autonomía.

As tropas alemás, no marco da primeira guerra mundial, avanzaron adentrándose na rexión proclamada pola república nun intento de establecer as fronteiras da Ucraína independente baixo protectorado alemán,[3] coa intención de crear unha serie de estados subordinados á costa da antiga Rusia Imperial.

Coa toma de Khárkiv polas tropas alemás, trasladouse a capital a Luhansk. Tomada esta, produciuse a desaparición territorial da república.

Aínda despois da retirada alemá da guerra, o Comité Executivo Central de Todas as Rusias creu que non era conveniente a existencia dunha entidade soviética distinta á de Ucraína, disolvendo oficialmente a república o 17 de febreiro de 1919.

Notas editar

  1. Dmitri Kornilov (Корнилов Дмитрий Владимирович) (14/03/2005). "Мифы и быль о ДКР" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 19/03/2014. Consultado o 19/03/2014. 
  2. Stavenhagen, Rodolfo (2000). Siglo XXI, ed. Conflictos étnicos y Estado nacional. ISBN 968-23-2270-7. Cita (traducida): Despois de consolidarse no poder, os bolxeviques derrogaron o dereito á secesión do seu programa e cualificarton aos partidarios dos estados independentes para os pobos non rusos de "nacionalistas burgueses", etiqueta que tiña connotaciónes negativas particulares. 
  3. Dmitri Kornilov Мифы и быль о ДКР Arquivado 19 de marzo de 2014 en Wayback Machine. Tradución: Xustamente no día en que Khárkiv proclamou a creación da República de Donetsk, en Brest, os representantes militares de Kíiv, dunha por completo desmoralizada Rada Central, asinaron a paz cos alemáns, acordando que as Potencias Centrais se obrigaban a entrar no territorio da República Popular de Ucraína e facerse cargo da súa defensa. O dirixente da delegación alemá nas negociacións en Brest, o xeneral Hoffmann, convenceu aos nacionalistas ucraínos para que cortaran todos os lazos con Moscova e que declararan a República Popular de Ucraína como estado independente. Nestas condicións promúlgase a Cuarta Proclama Universal da Rada Central, e o exército alemán aproveitou a oportunidade de aparecer como "pacificador", ocupando Ucraína.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.