República Socialista Soviética de Armenia

A RSS de Armenia (en armenio: Հայկական Սովետական Սոցիալիստական Հանրապետություն; Ruso: Армянская Советская Социалистическая Республика) ou República Socialista Soviética de Armenia comezou a existir cando o Partido Comunista de Armenia se proclamou co control de Armenia o 29 de novembro de 1920. O 1 de decembro de 1920 o Primeiro Ministro Simon Vratsian cedeu o control do país. Este trocou máis tarde o seu nome polo de República Socialista Soviética de Armenia. O período é coñecido ás veces como Segunda República de Armenia, que seguiu á curta República Democrática de Armenia. O 23 de agosto de 1990, foi renomeada República de Armenia.

Modelo:Xeografía políticaRepública Socialista Soviética de Armenia
Հայկական Խորհրդային Սոցիալիստական Հանրապետություն (hy) Editar o valor em Wikidata

Lema«Proletarios de todos os países» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°11′00″N 44°31′00″L / 40.1833, 44.5167Coordenadas: 40°11′00″N 44°31′00″L / 40.1833, 44.5167
Estado desaparecidoUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
CapitalIereván Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua armenia
lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación29 de novembro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Disolución25 de decembro de 1991 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porArmenia Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública soviética Editar o valor em Wikidata
MoedaRublo soviético Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Historia editar

Absorción pola Unión Soviética editar

Tralos dolorosos sucesos baixo dominio otomán co Xenocidio Armenio e a subseguinte Guerra Armenio-Turca, a República Democrática de Armenia foi invadida polos Bolxeviques en 1920, e foi declarada unha República Soviética. Tras isto, Turquía e a nova República Socialista negociaron o Tratado de Kars, no cal Turquía cedeu Adjara á URSS a cambio do territorio Kars (hoxe en día as provincias turcas de Kars, Iğdır, e a Ardahan). O territorio cedido a Turquía incluía a antiga vila de Ani e o monte Ararat, a terra espiritual de Armenia. Hoxe en día, Armenia non recoñece o Tratado de Kars.

Dende o 12 de Marzode 1922 até o 5 de decembro de 1936 foi parte de República Federativa Socialista Soviética Transcaucásica xunto á RSS de Xeorxia e á RSS de Acerbaixán. Os armenios gozaron dun período de relativa estabilidade baixo o dominio soviético. Eles recibían medicinas, comida, e outras provisións de Moscova e o réxime comunista foi un bálsamo en contraposición ó turbulento final dos anos do Imperio Otomán. A situación era, por suposto, difícil para a Igrexa esmagada baixo o dominio Soviético.

 
Un cartel de propaganda dos soviéticos liberando Armenia.

O réxime de Stalin editar

Trala morte de Vladimir Lenin, Iosif Stalin tomou as rendas do poder. A sociedade Armenia e a súa economía foron cambiadas dramaticamente por Stalin e o seu gabinete político moscovita. En 1936, baixo control de Stalin, a RFSST foi disolvida e Armenia, Acerbaixán, e Xeorxia volvéronse repúblicas separadas. No seu escudo de armas a RSS de Armenia incluíu o Monte Ararat. Isto provocou protestas por parte de Turquía xa que Ararat era parte do seu territorio. O Kremlin respondeu que, aínda que o símbolo turco era a lúa crecente, iso non quería dicir que eles ían escalar a Lúa[1]. Tras isto, Armenia sufriu outra perda territorial cando Stalin transferiu as áreas de Nakhichevan e Nagorno-Karabakh (que foran prometidas a Armenia polos Bolxeviques en 1920) a Acerbaixán. Para os propios armenios, as condicións só foron peores baixo o "puño de ferro" de Stalin.

Nun período de vinte e cinco anos, Armenia foi industrializada e educada baixo unhas condicións estritamente preescritas, e o nacionalismo foi fortemente suprimido. Stalin tomou medidas moi severas para perseguir a Igrexa Apostólica Armenia ademais dunhas medidas de rusificación. Nos anos vinte a Igrexa foi despoxada das súas posesións. Nos 30 os soviéticos comezaron ataques psicolóxicos á Igrexa que culminaron co asasinato do Catholicos (patriarca) Khoren I en 1938, como parte da Gran Purga. A Igrexa porén sobreviviu escondida e na diáspora.[2]

Como outras minorías étnicas que vivían na Unión Soviética de Stalin, millóns de inocentes armenios foron executados e deportados. En 1936, xunto a Lavrenty Beria, Stalin traballou para deportar ós armenios a Siberia nun intento de deixar a poboación de Armenia por debaixo dos 700,000 homes e entón xustificar a súa anexión por Xeorxia.[3] Baixo o seu mando, o Partido Comunista de Armenia usou o terror policial para fortalecer as súas ideas políticas na poboación e suprimir toda expresión de nacionalismo. Moitos escritores, artistas, científicos e líderes políticos foron executados ou enviados ó exilio.

Adicionalmente, en 1944, preto de 200,000 Hamshenis (Musulmáns Sunnitas Armenios que vivían preto do Mar Negro) foron deportados de Xeorxia a Casaquistán e Uzbekistán. Deportacións máis distantes de armenios ocorreron en 1948, cando 58,000 armenios nacionalistas Dashnaks e gregos foron forzados a moverse a Casaquistán.

Armenia na Gran Guerra Patriótica editar

Armenia librouse da devastación e destrución que sacudiu gran parte da Unión Soviética durante a segunda guerra mundial. Os Nazis xamais chegaron ó Cáucaso Sur. Porén, Armenia xogou un papel valorable axudando ós aliados coa súa industria e agricultura. Ademais, os armenios da 89ª División Soviética "Tamanyan" libraron brutais combates contra os alemáns da Wehrmacht na Batalla do Caucaso, a Batalla da Crimea, a Batalla do Báltico, a ofensiva de Vistula-Oder, e a Batalla de Berlín. Durante un ataque na cidade alemá de Novorossiysk, os sarxentos Hunan Avetisyan e S. Arakelyan entraron na lista de Heroes da Unión Soviética.

Nikita Kruschev editar

Trala morte de Stalin, Nikita Khruschev converteuse no novo líder do país. O Kremlin comezou pronto un proceso permitindo maiores expresións do sentimento nacional. O proceso de deestalinización de Kruschev aliviou os medos de moitos soviéticos. Ademais el empregou máis recursos para a produción de bens de consumo. Case inmediatamente, Armenia comezou un rápido renacemento cultural e económico. Tamén, nun grao limitado, algunha liberdade relixiosa foi garantida para os armenios cando o Catholicos Vazgen I asumiu os deberes do seu oficio en 1955.

No 24 de abril de 1965, centos de armenios se manifestaron nas rúas de Ierevan durante o cincuenta aniversario do Xenocidio Armenio. As tropas soviéticas entraron na cidade e intentaron restablecer a orde. Para previr que isto sucedese novamente, o Kremlin aceptou ter un monumento en honor ós que perderon a vida durante aquelas atrocidades. En 1967, o monumento (feito polos arquitectos Kalashian e Mkrtchyan) foi completado en Ierevan. O monumento de 44 metros simbolizaba o renacemento nacional dos armenios. 12 lousas foron colocadas nun círculo, representando as 12 provincias perdidas, naquel intre en mans de Turquía. No centro do círculo, a unha profundidade de 1,5 metros, había un lume que non se apagaba. Ó longo do parque do memorial hai un muro de 100 metros cos nomes dos pobos onde se sabe que tiveron lugar masacres.

Perestroika editar

A política de Mikhail Gorbachov (Perestroika) alimentou as esperanzas dunha vida mellor baixo dominio soviético nos armenios. Os Hamshenis que foran deportados por Stalin a Casaquistán comezaron a pedir que se lles mandase de volta a Armenia. De todos modos, este traslado foi denegado polo Kremlin debido ó medo de que os Musulmáns Hamshenis podían prender conflitos cos seus primos armenios cristiáns. De todas formas, outro evento que sucedeu durante este tempo fixo o conflito étnico entre os armenios cristiáns e musulmáns inevitable.

Os armenios da rexión de Nagorno-Karabakh, que fora prometida a Armenia polos bolxeviques e transferidas á RSS de Acerbaixán por Stalin, comezaron un pacífico e democrático movemento para unificar o area con Armenia. A maioría da poboación armenia da zona estaban cansos da forzada adaptación a Acerbaixán da zona (Azerbaixanización). O 20 de febreiro de 1988, os deputados armenios do Concilio Nacional de Nagorno-Karabakh votaron unificar esa rexión con Armenia. De todos modos, os disturbios étnicos comezaron pronto cunha ruptura entre armenios e azerbaixaneses, previndo polo tanto unha unificación sólida da zona. Aínda peor, Armenia sufriu unha devastación co terremoto Leninakan.

Independencia editar

O 23 de agosto de 1990, un ano antes da desaparición da URSS, Armenia declarou a súa independencia. Isto non foi, non obstante, recoñecido oficialmente até o 21 de setembro de 1991. Foi neste día cando a nova república de Armenia foi declarada e establecida. Aínda así, as tensións entre Armenia e Acerbaixán continuaron crecendo, chegando á primeira guerra de Nagorno-Karabakh. A pesar dun alto o fogo temporal dende 1994, Armenia segue sen resolver o seu conflito con Acerbaixán sobre Nagorno-Karabakh. A parte disto, Armenia ten experimentado un desenvolvemento substancial dende a independencia, e a pesar do bloqueo de Turquía e de Acerbaixán, mantén relacións amistosas cos estados veciños de Rusia, Xeorxia, e Irán.

Notas editar

  1. Louis, Victor e Jennifer. The Complete Guide to the Soviet Union. New York, 1976.
  2. Bauer-Manndorff, Elisabeth. Armenia. New York: Armenian Prelacy, 1981 p. 178
  3. Bauer-Manndorff. Armenia: Past and Present, p. 178