República Bátava

A República Bátava (neerlandés: Bataafse Republiek) foi unha República irmá da Primeira República Francesa que comprendía aproximadamente o mesmo territorio que os actuais Países Baixos (a excepción da rexión de Limburgo). Existiu entre 1795 e 1806, cando Napoleón, xa emperador, a transformou no Reino de Holanda.

Modelo:Xeografía políticaRepública Bátava
Bataafse Republiek (nl) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°04′45″N 4°18′49″L / 52.0792, 4.3136Coordenadas: 52°04′45″N 4°18′49″L / 52.0792, 4.3136
CapitalA Haia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.883.009 (1795) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua neerlandesa
lingua francesa Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo e catolicismo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación19 de xaneiro de 1795 Editar o valor em Wikidata
Disolución5 de xuño de 1806 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino de Holanda Editar o valor em Wikidata
MoedaFlorín neerlandés Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Orixes editar

Desde 1778 nas Provincias Unidas foise consolidando a presenza dun Partido patriota que estaba fortemente influído polas ideas dos ilustrados franceses da segunda metade do século XVIII. Contrarios á oligarquía dirixente, ao poder do Estatúder e tamén á igrexa oficial (a calvinista), este incipiente partido agrupaba distintos elementos procedentes da burguesía (industriais, comerciantes e banqueiros), membros de minorías relixiosas e outros sectores minoritarios, como impresores, editores ou profesores.[1]

No contexto das crises da década de 1780, os patriotas holandeses lograron mobilizar as masas urbanas en milicias, chegando a alcanzar un gran poder ao longo de todo o país, polo que o Estatúder Guillerme V de Orange-Nassau se viu obrigado a saír da Haia). Pero en 1788 todos os seus logros víronse frustrados pola intervención prusiana ao mando do Duque de Brunswick, que esmagou o movemento dos patriotas e restaurou a autoridade de Guillerme. Á intervención prusiana sucedeu unha emigración masiva dos patriotas holandeses cara a París, onde seguiron conspirando en espera dunha mellor ocasión, mentres en Holanda se reorganizaron lentamente.[1]

Unha nova República editar

A principios de 1795, apoiados polas tropas francesas, os patriotas holandeses entraron nas Provincias Unidas. A entrada dos franceses e dos patriotas provocou o estalido en Ámsterdam, Utrecht e A Haia dunha revolución interna, coñecida na historiografía neerlandesa como a Revolución Bátava.[2]

O 19 de xaneiro o Estatúder Guillerme perdera o control do país e vírase obrigado a fuxir a Gran Bretaña. Tras estes acontecementos, foi fundada a República Bátava polos franceses e os bátavos (nome que recibiron os políticos revolucionarios neerlandeses).[3] O nome da República procedía dos antigos bátavos, unha tribo xermánica que vivira na zona no momento da conquista romana.

Desde o principio, a República Bátava foi creada como un Estado satélite da Primeira República Francesa, sendo unha continuación da política de creación de Repúblicas irmás nos territorios veciños de Francia. A política adoptada era revolucionaria e liberal, ademais de moi inestábel, pois chegaron a producirse varios golpes de Estado durante a súa curta existencia.[4]

Precisamente, a grande inestabilidade política e os moitos golpes de Estado impediron un funcionamento normal do país e das súas institucións. Unha das poucas políticas revolucionarias que foron adiante foi a abolición dos últimos vestixios do feudalismo que quedaban nas antigas Provincias Unidas.[4]

Tampouco puideron os bátavos levar a cabo o seu proxecto de instaurar unha Constitución democrática (con sufraxio universal e unha Asemblea única) debido ás interferencias do Directorio francés, que non estaba interesado no establecemento dun Estado que tivese por si mesmo capacidade de decisión e de contradicir os intereses da política exterior francesa.[5] O antigo Estatúder Guillerme, antes de marchar ao exilio, dera instrucións para que as colonias holandesas foran cedidas aos británicos e non caesen en poder dos francesas, pero estas, na súa maioría, mantivéronse baixo o control da nova República.

 
R. J. Schimmelpennick, o Raadspensionaris vitalicio.

A Mancomunidade Bátava editar

No contexto da Segunda Coalición contra Francia, a República estivo en guerra contra Gran Bretaña ao igual que a República Francesa, e participou especialmente nos combates marítimos e na loita nas colonias. Na paz de Amiens de 1802 os británicos devolveron case todas as colonias que conquistaran (Colonia do Cabo, Güiana Holandesa e as Indias Orientais Neerlandesas), excepto a colonia de Ceilán.[6]

Final editar

Despois dunha época de grande inestabilidade, en 1805 os experimentos democráticos terminaron e Rutger Jan Schimmelpenninck foi nomeado Raadspensionaris vitalicio, quedando como único líder político. Porén, seríao por pouco tempo xa que o ano seguinte Napoleón Bonaparte, xa emperador disolveu a República substituíndoa polo Reino de Holanda, concedendo a Coroa ao seu irmán, Lois Napoleón Bonaparte.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Bergeron, Louis; François Furet & Reinhart Koselleck, páx. 83
  2. Bergeron, Louis; François Furet & Reinhart Koselleck, páx. 86
  3. Bergeron, Louis; François Furet & Reinhart Koselleck, páx. 71
  4. 4,0 4,1 Bergeron, Louis; François Furet & Reinhart Koselleck, páx. 87
  5. Bergeron, Louis; François Furet & Reinhart Koselleck, páx. 88
  6. Texto do tratado.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bergeon, Louis; François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0.
  • Blanning, T .C. W. (1996): The French Revolutionary Wars 1787-1801. Hodder Education Publishers. ISBN 0-340-64533-4.
  • Harouel, Jean-Louis (1977): Les Républiques sœurs. París: Presses Universitaires de France, col. Que sais-je? ISBN 2-13-048004-7.
  • Israel, J. I. (1995): The Dutch Republic: Its Rise, Greatness and Fall, 1477-1806. Oxford University Press. ISBN 0-19-820734-4.
  • Péronnet, Michel (1983): Vocabulario básico de la Revolución Francesa. Barelona: Crítica. ISBN 84-7423-250-3.
  • Schama, S. (1977): Patriots and Liberators. Revolution in the Netherlands 1780-1813. Nova York: Vintage books. ISBN 0-679-72949-6.
  • Van Wie, Paul D. (1999): Image, History, and Politics: The Coinage of Modern Europe. University Press of America, Inc. ISBN 0-7618-1221-0.

Outros artigos editar