Non confundir coa quimosina, ás veces chamada rennina ou renina gástrica (EC 3.4.23.4).
Estrutura molecular da renina
Renina
Identificadores
Símbolo REN
Entrez 5972
HUGO 9958
OMIM

179820

RefSeq NM_000537
UniProt P00797
Outros datos
Locus Cr. 1 q32

A renina (EC 3.4.23.15) é un enzima de 340 aminoácidos que pesa 37 quilodaltons.[1] É producida polo ril (polas células xustaglomerulares) en resposta a determinados estímulos:

  • A caída da tensión arterial (cando baixa a presión produto dunha hemorraxia tanto interna como externa.
  • A diminución do sodio corporal (hiponatremia).

Mecanismo de acción editar

A renina forma parte do sistema renina-anxiotensina ao fragmentar a molécula de anxiotensinóxeno (producida polo fígado), producindo anxiotensina I. Esta última é convertida en anxiotensina II pola enzima convertedora de anxiotensina (ECA), producida en certos capilares pulmonares; a cal finalmente contrae os capilares sanguíneos (mediante a estimulación dos receptores beta adrenérxicos) e incrementa a concentración de aldosterona (producida polas glándulas suprarrenais). O aumento na concentración de aldosterona dispara a reabsorción de sodio desde os túbulos distais no ril e debido a que o sodio é un dos ións máis osmoticamente activos arrastra coa auga. Esta indirecta reabsorción de auga, incrementará a volemia (cantidade de líquido).

Notas editar

  1. Imai, T.; Miyazaki, H.; Hirose, S.; Hori, H.; Hayashi, T.; Kageyama, R.; Ohkubo, H.; Nakanishi, S.; and Murakami, K. (1983). "Cloning and sequence analysis of cDNA for human renin precursor". Proceedings of the National Academy of Sciences U.S.A. 80 (24): 7405–9. PMC 389959. PMID 6324167. doi:10.1073/pnas.80.24.7405.