O Renault Scénic é un automóbil monovolume compacto fabricado por Renault que saíu ao mercado en 1996 no norte de Douai, no norte de Francia e no Brasil.

Renault Scénic

Fabricante Renault
País Francia
Período 19962022
Configuración
Carrozaría Monovolume
Configuración Motor dianteiro, tracción dianteira e tracción ás catro rodas
Modelos relacionados
Sucesor Renault Scenic E-Tech

A idea de realizar un monovolume do Mégane viña do proxecto inicial J64, dentro do grupo Mégane. O proxecto X64 que dá orixe aos Mégane, aparecidos no 1996, consistía en crear unha serie de modelos cun tronco común que ofrecera solucións ás necesidades dispares que os clientes de clase media podían solicitar. Tratábase de diversificar a oferta de modelos de carácter medio e non uniformar as necesidades dos clientes a un só modelo. Así que deseñaron unha berlina dous corpos de carácter xeral, un cupé con aire xuvenil, un familiar para os que lles gustaban os vehículos Break e un convertible con capota abatible.

Galería de imaxes editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.