Renata Scotto

soprano e diretora de orquestra italiana

Renata Scotto, nada en Savona o 24 de febreiro de 1934 e finada na mesma cidade o 16 de agosto de 2023, foi unha soprano e directora de ópera italiana. Recoñecida polo seu sentido do estilo e musicalidade e polas súas habilidades teatrais, Scotto estaba considerada unha das máis destacadas cantantes da súa xeración, especialmente no repertorio do bel canto, con incursións no verismo e no repertorio de Giuseppe Verdi.

Infotaula de personaRenata Scotto

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Savona (Reino de Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 2023 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Savona (Italia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoÓpera, opera directing (en) Traducir, canto e pedagoxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Milán
Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante de ópera , directora de ópera , biógrafa , profesora de música , pedagoga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcademia Nacional de Santa Cecilia
Escola Juilliard Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoÓpera Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMercedes Llopart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxe‎Lorenzo Anselmi (pt) Traducir (1960–2021) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0780015 Spotify: 5W7pOtn53qBRrQo00IvHTj iTunes: 294002 Musicbrainz: dbf61f1e-77f3-4393-8be4-890eccdae102 Discogs: 851419 Allmusic: mn0000681028 Editar o valor em Wikidata

Dende a súa retirada dos palcos en 2002, tivo éxitos como directora de ópera e como profesora, tanto en Italia como nos Estados Unidos, con postos académicos na Academia Nacional de Santa Cecilia en Roma e na Escola Juilliard en Nova York.

Carreira editar

Rena Scotto fixo a súa estrea operística na súa cidade natal de Savona no Nadal de 1952, con dezaoito anos, como Violetta en La traviata, de Verdi. No día seguinte, actuou no Teatro Novo de Milán, novamente como Violetta. Despois presentouse en Savona con Madama Butterfly, de Puccini, e foi pagada con 25 mil liras.

En 1953, fixo audicións no Teatro alla Scala para o papel de Walter en La Wally de Alfredo Catalani, con Renata Tebaldi e Mario del Monaco. Trala súa audición, un dos xuízes, o maestro Victor de Sabata dixo: "Esqueza o resto". La Wally foi presentada o 7 de decembro de 1953 e Scotto foi chamada ao palco quince veces, mentres que Tebaldi e Del Monaco só sete.

A maior oportunidade de Scotto chegou en 1957 no Festival de Edimburgo, onde o La Scala presentou a súa produción de La Sonnambula de Vincenzo Bellini con Maria Callas como Amina. A produción tivo tanto éxito que a compañía tivo que presentarse outra vez. Callas non puido aparecer por mor dunha doenza e Scotto asumiu o seu papel o día 3 de setembro de 1957. A interpretación tivo grande éxito e a soprano de vinte e tres anos converteuse nunha estrela mundial. En 1961 interpretou Amina novamente no Gran Teatro La Fenice co tenor Alfredo Kraus.

Durante a década de 1960 converteuse nunha das máis grandes cantantes do bel canto, revivindo a época vivida por Callas na década de 1950. En 1964, cunha produción do La Scala, presentouse no Teatro Bolshoi en Moscova, sendo a primeira compañía de ópera que fixo unha xira pola Unión Soviética durante os anos da guerra fría.

A súa estrea nos Estados Unidos foi en 1960 como Mimi na Ópera Lírica de Chicago, o mesmo ano en que casou co violinista Lorenzo Anselmi. A parella tivo unha filla e un fillo. O 13 de outubro de 1965, Scotto debutou no Metropolitan Opera House de Nova York como Cio-Cio San en Madama Butterfly. Durante 22 anos, cantou mais de 300 veces no MET, en 26 papeis diferentes. Con Luciano Pavarotti, Renata Scotto inaugurou as series "Ao Vivo do MET" en 1977 coa ópera La Bohème de Giacomo Puccini. Durante os anos seguintes, protagonizou algunhas as producións televisadas.

Características editar

Ademais do seu perfecto dominio técnico, particularmente no que dixo respecto ao emprego do pianissimo, Scotto posúe excelentes habilidades interpretativas. A súa carreira é usualmente mencionada en conexión co traballo doutras grandes cantantes líricas da segunda metade do século XX, como Joan Sutherland e Maria Callas, que contribuíron á posta en valor dos aspetos dramatúrxicos da ópera a través dun sólido e consistente traballo de escena.

Cun vasto repertorio de aproximadamente corenta e cinco papeis, que incluía en especial obras de Verdi (Otello, La Traviata, Macbeth) e Puccini (Madame Butterfly, Manon Lescaut), Scotto tamén tiña na estabilidade un dos seus puntos fortes. Con raras excepcións as súas estreas eran consideradas de excelente nivel técnico.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Renata Scotto e Octavio Roca: More Than a Diva, Doubleday & Company, Inc, 1984. ISBN 0-385-18039-X
  • Konrad Dryden: "Riccardo Zandonai, A Biography", Foreword by Renata Scotto, Peter Lang Inc, 1999 ISBN 0-8204-3649-6
  • Umberto Bonafini. Renata Scotto. LIRICA, le interpretazioni indimenticabili, Fabbri Editori, 1987