O reino de Axum (en ge'ez: መንግሥተ አኵስም), tamén coñecido como Imperio de Axum, foi un antigo reino centrado no norte de Etiopía, na rexión de Tigray e a actual Eritrea.[1][2] Os gobernantes axumitas chamábanse rei de reis, rei de Axum, Himyar, Raydan, Saba, Salhen, Tsiyamo, Beja e Kush.[3] Gobernado polos axumitas, existiu dende aproximadamente o 80 a.C. ata o 825.[4] O centro político foi a cidade de Axum e creceu dende o período protoaxumita (idade de ferro) arredor do século IV a.C. ata acadar prominencia contra o século I.

Modelo:Xeografía políticaReino de Axum
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 14°07′42″N 38°43′02″L / 14.1283969, 38.7172569Coordenadas: 14°07′42″N 38°43′02″L / 14.1283969, 38.7172569
CapitalAxum Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaLíngua himiarita (pt) Traducir
Lingua ge'ez Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Etíope Tewahedo, Islam e xudaísmo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creaciónc. século IV a. C. Editar o valor em Wikidata
Disoluciónc. 960 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernofeudal monarchy (en) Traducir
monarquía Editar o valor em Wikidata
MoedaMoeda axumita Editar o valor em Wikidata

Axum tivo un importante lugar na ruta comercial entre o Imperio Romano e a antiga India. Os seus gobernantes facilitaron o comercio cuñando as súas propias moedas, establecendo a hexemonía sobre o decadente reino de Kush. A política tamén entrou regularmente na península arábiga e finalmente estendeu o seu goberno coa conquista do reino himyarita. O profeta maniqueo Mani (falecido en 274) consideraba Axum como unha das catro grandes potencias da súa época, con Persia, Roma e a China.[1][5][6][7] Gobernou o sur de Arabia e o Iemen durante medio século.

Os axumitas ergueron estelas monumentais con propósito relixioso nos tempos precristiáns. Unha destas columnas de granito é a maior destas estruturas do mundo, con 27 metros.[8] Baixo Ezana (320–360), Axum adoptou o cristianismo.[9][10]

A tradición afirma que Axum é o lugar onde se encontra da Arca da Alianza e a patria da raíña de Sabá.[11]

Fontes editar

A fonte histórica máis antiga en que se describe o reino de Axum é o Periplo do Mar Eritreo, un texto grego escrito cara a mediados do século I d. C. que fala sobre as rutas de comercio marítimo entre o Exipto controlado polos romanos e diversos portos de África, Arabia e a India. No texto descríbese brevemente un soberano, Zoscales, considerado por algúns investigadores como o rei de Axum naquel momento[12] e por outros só da zona costeira de Adulis,[13] porto comercial que salienta especificamente no periplo e onde se importaban produtos téxtiles, de vidro, cobre, latón ou ferro, moeda romana, viño e aceite de oliva.

Outra fonte importante é o Kebra Nagast, escrito en ge'ez presumibelmente durante o século XIV, aínda que os investigadores supoñen que é unha recompilación de textos moi anteriores a esa data. Tamén destaca a Topografía cristiá de Cosmas Indicopleustes, escrita en grego sobre o 540, onde aparece un mapa esquemático da zona costeira de Adulis e de Axum.[13]

Historia editar

Período protoaxumita editar

 
Menhir axumita preto de Senafe

A rexión estivo habitada dende polo menos o ano 3000 a. C. Grazas ao clima e á orografía do altiplano etíope os habitantes puideron desenvolver unha civilización sedentaria dedicada á agricultura que chegou a entrar en contacto con Exipto e con diversos pobos do Sahel.[14] Por mor das teorías de Carlo Conti Rossini, durante case todo o século XX explicouse a formación do estado axumita como consecuencia das súas relacións cos sabeos do sur de Arabia ou coa colonización destes.[15] Moitos autores crían que a chegada deste grupo de semitas procedentes da outra beira do mar Vermello nalgún momento do primeiro milenio a.C. e a súa mestizaxe cos habitantes do altiplano conduciu ao desenvolvemento das relacións comerciais con outros pobos, como os kush e as tribos e reinos da península arábiga, dando lugar á chamada civilización preaxumita ou protoaxumita.[12][16][17][18]

Para Stuart Munro-Hay e outros investigadores, pobos autóctonos como os agaw, que inicialmente falaban unha lingua kushita e foron despois semitizados, desenvolveron unha civilización propia con anterioridade á chegada dos sabeos.[19][20] Segundo este autor, na rexión floreceu entre os séculos X e V a.C. un reino que se denominou Damot, previo á proposta emigración surarábiga dos séculos V ou IV a.C., cunha influencia que estivo limitada a apenas algunhas localidades, que puideron ser colonias comerciais ou militares aliadas a Damot ou a algún outro estado protoaxumita.

As reconstrucións lingüísticas parecen indicar que grupos humanos que falaban unha lingua semítica meridional se estableceron neste territorio, ocupado entón por unha poboación kushita, moito antes do segundo cuarto do milenio I a.C., como se mantivera ata agora.[21] Segundo Andrew Kitchen as linguas etiópicas ou afrosemíticas introducíronse nos altiplanos do Corno de África dende a península arábiga hai arredor de 2850 anos, acontecemento que Christopher Ehret suxire que estivo asociado co establecemento dunha das primeiras sociedades complexas locais.[22] Pero Munro-Hyi e outros están convencidos de que o ge'ez, a antiga lingua semítica de Etiopía e Eritrea, non provén do sabeo e de que hai evidencias que amosan que na zona se falaban linguas etiópicas xa polo menos contra o 2000 a.C.[19][23] En opinión de David W. Phillipson, as evidencias epigráficas e arqueolóxicas demostran que boa parte dos avances atribuídos ás orixes asiáticas son en realidade africanos e que a importancia real dos intercambios entre ambos os continentes foi esaxerada.[15]

Durante este período de formación emerxeron unha serie de pequenos reinos na zona, como Damot, cunha suposta capital que algúns autores cren que era Yeha.[14] Estes reinos preaxumitas coexistiron durante varios séculos[24] e a pesar de seren entidades políticas diferentes compartían trazos culturais e relixiosos comúns: practicaban a agricultura de secaño, falaban sabeo ou ge'ez e parte da súa cultura tiña compoñentes asiáticas (especialmente evidente na elaboración de baixorrelevos, por exemplo, ou nos altares dedicados a divindades como Astar ou Mahrem).[17] Estas entidades políticas víronse envolvidas nunha escalada bélica a múltiples bandas.[14]

Emerxencia e apoxeo editar

 
Moeda axumita precristiá coa imaxe do rei Ezana e os símbolos solar e lunar.

A emerxencia do estado axumita produciuse gradualmente a partir do comezo do milenio I d.C., coincidindo co traslado do asentamento protoaxumita de Beta Giyorgis ao val situado entre este outeiro e Mai Qoho, onde se creou e desenvolveu rapidamente o núcleo urbano que se denominou Axum. O cambio permitiu cultivar mellores extensións de terra e manter maiores cantidades de gando. A riqueza xerada polo comercio de marfil debeu contribuír en boa medida á súa prosperidade. O soberano de Axum facíase chamar "rei de reis", habendo constancia de polo menos dous pequenos reinos que durante os séculos I ao III facían parte da área de hexemonía axumita. Seica a partir da segunda metade do século III comezou a expansión territorial do reino, ligada a empresas militares e ao comercio a longa distancia, que no século IV estaba xa consolidada.[25]

No século III, Axum comezou a interferir no sur de Arabia, controlando en ocasións o oeste da rexión de Tihama, entre outras. A finais de século comezou a cuñar a súa propia moeda.[17] Durante o reinado de Ezana menciónanse diferentes pobos e reinos periféricos sometidos a impostos ou represalias por parte dos axumitas: os beja, kasu (probablemente Kush), afan ou awan, agwezat, gabaz e outros.[25]

O profeta Mani considerouno como un dos catro estados máis poderosos do mundo xunto ao Imperio Sasánida, o Imperio Romano e a China. En 325 ou 328, baixo o rei Ezana, foi o segundo estado, despois de Armenia, en converterse ao cristianismo e o primeiro que empregou a imaxe da cruz nas súas moedas. O cristianismo foi introducido alí polo monxe sirio Frumencio.

 
Moeda axumita de ouro de época cristiá coa imaxe do rei Ebana e o símbolo da cruz.

A mediados do século IV, baixo o mando do cristián Ezana, púxose en marcha unha expedición militar con destino a Meroë. Como consecuencia, Meroë afundiuse e das súas cinzas naceron tres fráxiles reinos e a rexión pasou a estar baixo a influencia de Axum. No século V d.C establecéronse máis expedicións militares para facerse co control do porto de Suakin no Sudán, por unha banda, e por outra, para someter os beja da rexión de Saaxil coa intención de acabar cos ataques ás caravanas que atravesaban a rexión.[17]

No seu momento de maior esplendor, Axum controlaba o norte de Etiopía, Eritrea, o norte do Sudán, Djibuti, o oeste de Somalilandia e o Iemen. Tras unha segunda idade de ouro a inicios do século VI, o reino comezou a decaer, cesando de cuñar moedas a inicios do século VII.

Decadencia editar

A economía de Axum comezou a decaer a mediados do século VI: a poboación da capital diminuíu abruptamente, abandonáronse as canteiras, a calidade e cantidade da moeda reduciuse e deixaron de manterse os edificios e monumentos non relixiosos. O control sobre a navegación no mar Vermello entorpeceuse a partir do 570, primeiro polos persas, que conquistaron o Himyar e pouco despois pola expansión dos árabes. Durante a primeira metade do século VII, Axum perdeu a súa calidade de centro político, que se trasladou ás terras altas do leste de Tigray. Nesta zona, ao contrario que na rexión axumita, a densidade e a prosperidade dos asentamentos aumentou, así como a dos edificios relixiosos, como as igrexas escavadas na roca de Hawzien.[26]

As lendas etíopes contan que unha raíña xudía chamada Yodit (Xudit) ou "Gudit" (un xogo de palabras relacionado con que "Yodit" significa "diaño") derrotou o reino e queimou as súas igrexas e libros, mais a súa existencia foi cuestionada por varios autores modernos. Outra posibilidade é que o poder de Axum fose derrocado por unha raíña pagá do sur chamada Bani al-Hamwiyah, quizais da tribo al-Damutah ou Damoti (Sidama). O que se sabe con certeza é que as relacións entre Axum e o nacente islam foron pacíficas en tempos do Califato Ortodoxo, pero máis adiante as relacións arrefriáronse e Axum tivo que ceder os seus territorios na península arábiga e parte da costa de Eritrea, co que perdeu a súa supremacía e entrou en decadencia.[12]

Como consecuencia do declive do poder político no leste de Tigray, unha nova forza establecida na rexión de Amhara, ocupou o seu espazo: a dinastía Zagwe, con capital preto de Lalibela, reivindicou a súa ascendencia axumita ata que preto de 1270 foron substituídos pola dinastía salomónica, que tamén se proclamou descendente da realeza axumita, así como de Salomón e a raíña de Sabá,[27] manténdose no poder de forma case ininterrompida durante máis de setecentos anos, ata 1974.

Reis de Axum editar

 
Mosteiro de Debre Damo
 
Moedas axumitas do rei Endubis.
* Zoskales (100)
  • Gadarat (¿?)
  • Adhebah (230-240)
  • Sembrouthes (¿?)
  • Endubis (270-300)
  • Aphilas (305)
  • Wazeba (¿?)
  • Ousanas (¿?-320)
  • Ezana (321-360)
  • Mehadeyis (360)
  • Ouazebas (¿?)
  • Eon (400)
  • Ebana (¿?)
  • Nezool (¿?)
  • Ousas (500)
  • Kaleb (¿?)
  • Alla Amidas (540)
  • Wazena (¿?)
  • Wa'zeb (¿?)
  • Ioel (¿?)
  • Hataz (575)
  • Saifu (577)
  • Israel (590)
  • Gersem (600)
  • Armah (614)
  • Ashama ibn Abjar (¿?)
  • Dil Na'od (915)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 The wealth of Africa – The kingdom of Aksum – Teachers’ notes Arquivado 17 de maio de 2017 en Wayback Machine. britishmuseum.org
  2. Butzer, Karl W. (1981). "Rise and Fall of Axum, Ethiopia: A Geo-Archaeological Interpretation". American Antiquity (Cambridge University Press) 46 (3): 471–495. JSTOR 280596. doi:10.2307/280596. 
  3. Dr. Stuart Munro-Hay, [1] Aksum: An African Civilisation of Late Antiquity. Chap. 11, Inscription DAE 8
  4. Hunt, Katie. "Archeologists unearth lost town from little-known ancient East African empire". CNN. Consultado o 2019-12-12. 
  5. Daily Life in Aksum Arquivado 16 de maio de 2017 en Wayback Machine. eduplace.com
  6. Marshall, Michael. "Lost Ethiopian town comes from an ancient empire that rivalled Rome". New Scientist (en inglés). Consultado o 2019-12-10. 
  7. Harrower, Michael J.; Dumitru, Ioana A.; Perlingieri, Cinzia; Nathan, Smiti; Zerue, Kifle; Lamont, Jessica L.; Bausi, Alessandro; Swerida, Jennifer L.; Bongers, Jacob L.; Woldekiros, Helina S.; Poolman, Laurel A. (decembro de 2019). "Beta Samati: discovery and excavation of an Aksumite town". Antiquity (en inglés) 93 (372): 1534–1552. ISSN 0003-598X. doi:10.15184/aqy.2019.84. 
  8. Brockman, Norbert (2011). Encyclopedia of Sacred Places, Volume 1. ABC-CLIO. p. 30. ISBN 978-1598846546. 
  9. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2017. Consultado o 2017-01-06. 
  10. Axum and the Solomonic Dynasty
  11. Raffaele, Paul (decembro de 2007). "Keepers of the Lost Ark?". Smithsonian Magazine. Consultado o 5 April 2011. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Mekonnen Siyoum, Denberu (2006). Rumbo a Etiopía. Laertes. ISBN 84-7584-581-9. 
  13. 13,0 13,1 Phillipson, David W. (2012). Foundations of an African Civilisation. Aksum & the northern Horn. 1000 BC - AD 1300. Suffolk, GB (primera ed.) (Addis Ababa University Press). pp. 54,64-68,79,197. ISBN 978-1-84701-041-4. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Stuart Munro-Hay, Aksum: An African Civilization of Late Antiquity. Edinburgh: University Press, 1991.
  15. 15,0 15,1 Phillipson, David W. Foundations of an African Civilisation. Aksum & the northern Horn. 1000 BC - AD 1300. pp. 19,40. 
  16. Francesc-Javier Marín, La Reina de Saba: Leyenda y nacionalismo etíope. Oráfrica, revista de oralidad africana, nº 1, 2005. Consultado o 8 de decembro de 2010
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Marcus, Harold (1994). A History of Ethiopia (en inglés). University of California Press. ISBN 0-520-08121-8. Consultado o 23 de decembro de 2010. 
  18. Unha serie de escavacións arqueolóxicas levadas a cabo na década de 1990 en Axum sacaron á luz a existencia dun cemiterio, estelas e un conxunto residencial de clase alta (entre outras construcións) no achegado monte de Bete Giorgis, e os resultados da datación estableceron a súa construción arredor do século IV a. C. O xacemento esténdese por un total aproximado de 22 hectáreas e ademais de exemplos de arquitectura autóctona atopáronse mostras de cerámica e estelas, todas cun estilo moi semellante ao do posterior reino de Axum. Varias das tumbas aínda conservaban decoración en cristais e outros materiais datados nos séculos II e I de antes da noa era, algúns probablemente fabricados en Exipto e outros por mans romanas, o que permite remontar ata esa época o intercambio comercial entre ambos os pobos. Ademais, nalgunhas zonas atopáronse restos de construcións e de manufacturas que van dende o século III d. C. (nas capas superiores) ata obxectos con inscricións no dialecto semita etio-sabeo, o que demostra a presenza continuada de poboadores en Axum durante os séculos previos ao predominio da cidade sobre os seus veciños e reforza a tese da influencia semítica no desenvolvemento definitivo da civilización axumita. Pódese consultar o resultado das escavacións con máis profundidade neste artigo escrito por Rodolfo Fattovich e Kathryn A. Bard en Annales d'Ethiopie, volume 17, ano 2001, pp. 3-24.
  19. 19,0 19,1 Munro-Hay, Stuart (1991). Aksum: An African Civilization of Late Antiquity (PDF). Edimburgo: Edinburgh University Press. pp. 57–59. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2017. Consultado o 24 de marzo de 2016. 
  20. Pankhurst, Richard K. P. (17 de xaneiro de 2003). "Let's Look Across the Red Sea I". Addis Tribune. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2009. 
  21. Phillipson, David W. Foundations of an African Civilisation. pp. 11,52. 
  22. Bayesian phylogenetic analysis of Semitic languages identifies an Early Bronze Age origin of Semitic in the Near East
  23. Uhlig, Siegbert, ed. Encyclopaedia Aethiopica, "Ge'ez". Wiesbaden: Harrassowitz Verlag, 2005, páx. 732.
  24. Talessman's World History Maps Arquivado 08 de decembro de 2013 en Wayback Machine.. Véxanse os mapas dos anos 400 a. C. a 145 a. C. (en inglés).
  25. 25,0 25,1 Phillipson, David W. Foundations of an African Civilisation. pp. 69–76. 
  26. Phillipson, David W. Foundations of an African Civilisation. Aksum & the northern Horn. 1000 BC - AD 1300. pp. 209–212,223. 
  27. Phillipson, David W. Foundations of an African Civilisation. Aksum & the northern Horn. 1000 BC - AD 1300. pp. 227–228. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Stuart Munro-Hay. Aksum: A Civilization of Late Antiquity. Edimburgo: University Press. 1991. ISBN 0-7486-0106-6
  • Yuri M. Kobishchanov. Axum (Joseph W. Michels, editor; Lorraine T. Kapitanoff, tradutora). University Park, Pennsylvania: Penn State University Press, 1979. ISBN 0-271-00531-9
  • Denberu Mekonnen Siyoum. Rumbo a Etiopía. Barcelona: Editorial Laertes, 2006. ISBN 84-7584-581-9

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar