A regra de Haldane ou lei de Haldane e unha lei da teoría da evolución das especies relacionada coa hibridación das especies e por extensión coa súa separación. A regra afirma que cando na descendencia de dúas especies diferentes de animal un dos dous sexos non aparece, é raro ou estéril, este é sempre o sexo heterozigótico (heterogamético).

Esta lei foi formulada orixinalmente en 1922 polo biólogo británico J. B. S. Haldane.

En moitos organismos, coma os mamíferos ou as moscas do xénero Drosophila os machos son o sexo heterogamético (o que ten os cromosomas XY), e as femias o homogamético (cromosomas XX). Noutros animais, coma as aves ou as bolboretas, e nas plantas, en xeral a situación é a inversa. A norma foi testemuñada en diferentes tipos de hibridación.

Varias teorías tratan de explicar a base xenética da regra de Haldane.

  • A teoría da dominancia: os híbridos heterogaméticos veríanse afectados por tódolos xenes X, recesivos e dominantes, implicados en incompatibilidades, mentres que os homogaméticos sono só polos dominantes.
  • A teoría da maior rapidez do macho: Os xenes masculinos evolúen máis axiña, grazas á selección natural.
  • O pulo meiotico: nas poboacións híbridas, elementos xenéticos "egoístas" inactivan as células espermáticas (un factor ligado a X inactiva un portador de Y e viceversa).
  • Teoría do X máis rápido: Os xenes X teñen efectos máis importantes no illamento reprodutivo.

A teoría da dominancia é a admitida máis xeralmente, por ben que as teses non se exclúen entre elas e, potencialmente, poderían actuar xuntas para causar a inviabilidade e a esterilidade dos sexos heterogaméticos.

A regra de Haldane ten correspondencia coas observacións que amosan o vínculo sexual de determinados xens recesivos negativos, máis correntes entre os homes ca entre as mulleres, como os xenes que producen a hemofilia ou a cegueira á cor.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Coyne, J.A. (1985): "The Genetic Basis of Haldane's Rule". Nature 314(6013): :736-738. Consultado o 26 de xaneiro de 2007. NCBI Pubmed Abstract.
  • Forsdyke, Donald (2005): Haldane's Rule. Version of 2005-DEC-6. Consultado o 11 de outubro de 2006.
  • Haldane, J. B. S. (1922): "Sex Ratio and Unisexual Sterility in Hybrid Animals". J. Genet. 12: 101-109.
  • Naisbit, Russell E., Jiggins, Chris D., Linares, Mauricio, Salazar, Camilo, Mallet, James. (2002): "Hybrid Sterility, Haldane's Rule and Speciation in Heliconius cydno and H. melpomene". Genetics 2002 161: 1517-1526