Reggie Lewis

baloncestista estadounidense

Reggie Lewis, nado o 21 de novembro de 1965 en Baltimore (Maryland) e finado mentres adestraba dun ataque ao corazón o 27 de xullo de 1993, na Universidade de Brandeis, en Waltham (Massachusetts) foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Dous anos máis tarde do seu falecemento, o xornal The Wall Street Journal publicou que a causa da súa morte puido ser debida ao consumo de cocaína, pero este feito nunca foi probado.[1]

Reggie Lewis
Posición Aleiro
Dorsal 35
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Nacemento 21 de novembro de 1965
Baltimore, Maryland
Morte 27 de xullo de 1993 (27 anos)
Waltham, Massachusetts
Carreira
Universidade Northeastern University
NBA Draft 1987 / Rolda: 1 / Elección: 22
Por Boston Celtics
Tempadas 19871993
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     7 902 (17,6 pp)
Rebotes     1 938 (4,3 pp)
Asistencias     1 153 (2,6 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

A súa traxectoria universitaria transcorreu en Boston, na Northeastern University' onde fixo unhas excelentes cifras de 22,2 puntos e 7,9 rebotes por partido, o cal lle permitiría dar o salto á NBA.

Profesional editar

Foi elixido no draft da NBA de 1987 polos Boston Celtics, no posto 22 da primeira rolda. Chegou a xogar coas grandes estrelas dese equipo, como Larry Bird, Kevin McHale ou Robert Parish, xa no final das súas carreiras. En 1993 sucedeu a Bird no posto de capitán, e no seu primeiro partido de play-offs, contra Charlotte Hornets, sufriu un desmaio, sen chegar a saber que aquel fora o seu último partido como profesional. Pouco máis tarde, falecería vítima dun ataque ao corazón.

A súa camiseta co número 35 foi retirada como homenaxe á súa persoa polos Celtics. O seu espírito seguiu vivo ao crearse, tras a súa morte, o "Reggie Lewis Track and Athletic Center", do cal foi parcialmente fundador, e que desenvolve atletas en disciplinas como o atletismo e o baloncesto. Durante as súas 6 tempadas en Boston, fixo 21,5 puntos, 5,3 rebotes e 3,1 asistencias por partido.

Equipos editar

Logros persoais editar

  • Elixido para o All-Star Game en 1992.
  • Único xogador nos 59 anos de historia dos Celtics en conseguir, na mesma tempada, máis de 100 puntos, rebotes, asistencias, roubos de balón e tapóns (tempada 91-92).
  • A súa camiseta co número 35 foi retirada polos Boston Celtics.

Notas editar

  1. "Report: Doctors Suspected That Cocaine Killed Celtics' Lewis". archive.seattletimes.com. Consultado o 2021-02-23. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar