Referendo de independencia do Sudán do Sur de 2011

O referendo sobre a independencia do Sudán do Sur celebrouse do 9 ao 15 de xaneiro de 2011[1] para decidir se a rexión debería seguir formando parte do Sudán ou converter ao Sudán do Sur nun novo estado independente.[2]. O referendo foi unha das consecuencias do Acordo de Naivasha entre o goberno central de Khartoum e o Movemento Popular de Liberación do Sudán en 2005[3]. Estaba previsto celebrar asemade un referendo en Abyei para decidir se quería ser parte do Sudán do Sur pero pospúxose debido a conflitos sobre a demarcación e dereitos de residencia.[4]

Referendo de independencia do Sudán do Sur de 2011
Data15 de xaneiro de 2011 Editar o valor em Wikidata
TipoReferendo de independencia Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado3.947.676 Editar o valor em Wikidata
3.851.994
   97.58٪
Número de votos válidos3.837.406    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos 14.588
Voting result (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Si
3.792.518   98.83٪
Gañador/a
Non
44.888   1.17٪

Editar o valor em Wikidata
Sudán do Sur Editar o valor em Wikidata
Papeletas de voto polo si á independencia (esquerda) e polo non (dereita).
Votación nun colexio electoral.

A comisión do referendo publicou o 7 de febreiro de 2011 os resultados definitivos, co 98,83 % dos sufraxios favorables á independencia.[5] En 10 dos 79 condados suspendéronse as eleccións por pasar do 100 % a porcentaxe de votantes, así e todo o número de votos superou o requirimento do 60 % de participación para dar por válidas as eleccións. O 9 de xullo o país proclamou a súa independencia.[6]

Notas editar

  1. "First day of south Sudan referendum ends peacefully". tehran times. Consultado o 5 de maio de 2011. 
  2. Road to 2011 referendum is full of obstacles – South Sudan's Kiir Arquivado 15 de xullo de 2014 en Wayback Machine. Sudan Tribune, 12 de xullo de 2007
  3. A independencia do Sudán do Sur: outra evidencia de “dobre moral” internacional? IGADI Paper 55 (2011)
  4. By Mark Bixler, CNN (5 de xaneiro de 2011). "Historic day ahead after decades of war". CNN. Consultado o 10 de xaneiro de 2011. 
  5. "South Sudan backs independence – results". BBC News. 7 de febreiro de 2011. 
  6. Sudan referendum: what's being voted on and what will happen? The Telegraph. 8 de xaneiro de 2011