Referendo de autodeterminación de Cataluña de 2014

O referendo de autodeterminación de Cataluña foi unha consulta sobre a independencia de Cataluña, motivo polo cal tamén é coñecida como consulta sobre a independencia de Cataluña, que se celebrou o 9 de novembro de 2014. Foi un referendo sobre o "futuro político de Cataluña"[1] que estaba previsto celebrar durante o 2014 segundo un acordo de gobernabilidade ratificado por Artur Mas por parte de Convergència i Unió e Oriol Junqueras por parte Esquerra Republicana de Catalunya o 18 de decembro do 2012,[2][3][4][5] e coñecido como "Pacto pola Liberdade".[2][6][7] O texto indicaba que a data do referendo sería acordado por ámbalas partes, e que os dous comprometeríanse en mantelo no 2014 "agás se o contexto socioeconómico e sociopolítico fai necesario pospoñelo."[1][8] Como parte do acordo, Artur Mas foi investido Presidente da Generalitat de Cataluña por segunda volta. O referendo iría precedido da aprobación dunha Lei de consultas durante o 2013.

Referendo de autodeterminación de Cataluña de 2014Referendo de autodeterminación de Cataluña de 2014
Editar o valor em Wikidata
Data9 de novembro de 2014 Editar o valor em Wikidata
TipoReferendo de independencia Editar o valor em Wikidata
Participación política
2.344.828
Número de votos válidos2.260.122    Número de votos en branco 13.201   Número de votos nulos 71.505
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Si-Si. Debe ser un estado independente
1.897.274   83.95٪
Si-Non. Debe ser un estado, non independente
234.848   10.39٪
Si-Branco. Debe ser un estado.
22.755   1.01٪
Non
105.245   4.66٪
Cataluña Editar o valor em Wikidata 2017 Editar o valor em Wikidata  → 

O 12 de decembro de 2013, o Goberno de Cataluña anunciou que a data do referendo de independencia celebraríase o 9 de novembro de 2014 e que contería unha pregunta con dúas seccións: "Quere que Cataluña sexa un Estado?" e "En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?".[9][10] O Goberno de España declarou pouco despois a súa intención de bloquear o referendo, afirmando que "Tal enquisa non se celebrará."[11][12]

O proceso foi suspendido de xeito cautelar o 29 de setembro do mesmo ano, trala aceptación a trámite dos recursos de inconstitucionalidade do Goberno de España, presentados perante o Tribunal Constitucional, do decreto de convocatoria da consulta e da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, de 26 de setembro, de consultas populares non referendarias e outras formas de participación cidadá na que esta se ampara. O 14 de outubro, ante a situación da suspensión, Artur Mas anunciou que a consulta non se celebraría nos termos previstos e que no seu canto convocaría unha consulta alternativa.[13] Finalmente, as dúas primeiras frases do artigo 3.3[14] e os apartados 4 a 9 do artigo 16 da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, así como a convocatoria de devandita consulta, foron declarados inconstitucionais pola Sentenza 31/2015, de 25 de febreiro de 2015, da Corte constitucional.[15]

A consulta editar

A consulta, incluída no marco dun proceso de participación cidadá organizado pola Generalitat de Cataluña, está formada por unha pregunta con dous apartados: «Quere que Cataluña sexa un Estado?» e «En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?».[16][17][18][19][20]

 
Manifestantes no Passeig de Gràcia.

O anuncio da convocatoria desta consulta fíxoa o presidente Artur Mas, o 14 de outubro de 2014 dende a galería gótica do Palau de la Generalitat de Catalunya, como resultado do bloqueo feito polo Goberno de España. Este bloqueo baseábase, en primeiro termo, na negativa do Goberno de España a aceptar un referendo sobre a independencia de Cataluña, e en segundo termo, na suspensión cautelar da "Lei de consultas populares non referendarias" e do decreto de convocatoria da consulta popular non referendaria sobre o futuro político de Cataluña por parte do Tribunal Constitucional de España, despois de admitir a trámite dous recursos do Goberno de España.[21]

A convocatoria dunha consulta era o principal acordo do «Pacto pola Liberdade», pacto de investidura asinado en decembro do 2012 despois das eleccións ó Parlamente de Cataluña. A data e a pregunta da consulta foron anunciades polo Presidente da Generalitat de Cataluña Artur Mas o 12 de decembro de 2013 co apoio dos grupos parlamentarios de Convergència i Unió, Esquerra Republicana de Catalunya, Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa e a Candidatura d'Unitat Popular, que sumaban 87 dos 135 deputados do Parlamento de Cataluña.[22][23][24][25][26][27][28][29][30]

A consulta contou co apoio da meirande parte das institucións locais após que 920 concellos, 36 consellos comarcais, o Consello Xeral de Arán e 4 deputacións aprobaran mocións a prol da convocatoria da consulta.[31]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Procés de convocatòria de la consulta sobre el futur polític de Catalunya" (PDF) (en catalán). Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "CIU and ERC came to an agreement in Catalonia: Referendum in 2014" (en catalán). VilaWeb. 18 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  3. Separatist Catalan Parties Announce Alliance The New York Times, 18 de decembro de 2012
  4. Agreement in Catalonia on date of independence referendum Arquivado 17 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Euronews, 19 decembro de 2012
  5. Catalonia referendum set for 2014 Financial Times, 19 de decembro de 2012
  6. "Mas and Junqueras come to an agreement on helding the independence referendum on 2014" (en catalán). Diari Ara. 18 de decembro de 2012. 
  7. "Artur Mas and Oriol Jonqueras sign the "Agreement for the Freedom"" (en catalán). The Singular Digital. 19 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  8. Noguer, Miquel; Roger, Maiol (18 de decembro de 2012). "CiU y ERC pactan la consulta de autodeterminación para 2014". El País. 
  9. Catalan President Mas: "The country's good sense has made it possible to come to a consensus and agree on an inclusive, clear question, which enjoys broad support" Arquivado 17 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Goberno de Cataluña.
  10. Political parties announce date for vote on Catalonia independence, CNN.
  11. Spain to block Catalonia independence referendum, BBC World.
  12. Spain Rejects Call for Catalonia Independence Vote, TIME.
  13. Noguer, Miquel (14 de outubro de 2014). "Mas llama a una consulta alternativa mientras prepara unas plebiscitarias". El País. Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  14. «As consultas populares non referendarias poden ser de carácter xeral ou sectorial. As consultas xerais son as abertas ás persoas lexitimadas para participar nos termos estabelecidos no artigo 5».
  15. "Sentenza 31/2015, de 25 de febreiro de 2015". Tribunal Constitucional de España. 25 de febreiro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2015. 
  16. Govern de Catalunya. Govern de Catalunya, ed. "President Mas: "El sentit de país ha fet possible el consens per acordar una pregunta inclusiva, majoritària i clara"". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 17 de decembro de 2013. 
  17. Govern de Catalunya. Govern de Catalunya, ed. "La consulta, el 9 de novembre de 2014: "Vol que Catalunya esdevingui un Estat? En cas de resposta afirmativa, vol que aquest Estat sigui independent?"". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 17 de decembro de 2013. 
  18. VilaWeb (ed.). "El govern convoca un nou 9-N". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2014. 
  19. VilaWeb (ed.). "President Mas’s new plan for independence (9-N) vote". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014. 
  20. Catalan News Agency (ed.). "Preparations for alternative independence vote kick off while Madrid hesitates to act against it". Consultado o 18 de outubro de 2014. 
  21. Generalitat de Catalunya (ed.). "Consulta popular no referendària sobre el futur polític de Catalunya 2014". Consultado o 24 de xuño de 2022. 
  22. Tugas, Quetglas, March, Roger, M.E., Oriol. Diari Ara, ed. ""Vol que Catalunya esdevingui un estat? En cas afirmatiu, vol que aquest estat sigui independent?"". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2014. Consultado o 12 de decembro de 2013. 
  23. Redacción. "El referèndum serà el 9 de novembre i es preguntarà sobre la independència". Vilaweb. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2013. Consultado o 12 de decembro de 2013. 
  24. Parlamento de Cataluña (ed.). "La consulta i els pressupostos per al 2014 centren la darrera sessió de control de l'any". parlament.cat. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2013. Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  25. La consulta per la independència serà el 9 de Novembre de 2014 Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. - AraGirona.cat
  26. Separatist Catalan Parties Announce Alliance The New York Times, 18 de decembro de 2012
  27. Agreement in Catalonia on date of independence referendum Arquivado 17 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Euronews, 19 December 2012
  28. Catalonia referendum set for 2014 Financial Times, 19 December 2012
  29. "Catalonia is following Scotland towards independence referendum in 2014" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2013. 
  30. The Wall Street Journal (ed.). "Catalonia Sets Independence Referendum" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2013. 
  31. Ja són 920 els municipis catalans que donen suport al 9-N, Ara.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar