A reencarnación[1] é a crenza filosófica ou relixiosa de que a esencia non física dun ser vivente comeza unha nova vida nunha forma física ou corpo diferente após a morte biolóxica.

Ilustración da reencarnación na arte hindú.
No xainismo, a alma viaxa a calquera dos catro estados da existencia após a morte dependendo do karma.

Esta crenza aglutina de maneira popular diversos termos:[2][3]

Todos estes termos aluden á existencia dun alma ou espírito que viaxa ou aparece por distintos corpos, xeralmente coa fin de aprender en diversas vidas as leccións que proporciona a existencia en universos paralelos no que se elixiu reencarnar, ata alcanzar unha ascensión do estado de consciencia, mediante as experiencias vividas, que lle permitirán continuar evolucionando como parte dun espírito macro.

O mesmo fenómeno pero sen a crenza nun alma ou espírito recibe os nomes de:

  • metensomatose: vén de meta (despois, sucesivo) e soma (corpo).
  • palinxénese: procede de palin (de novo) e xenese (nacer/principio).

A reencarnación é tema central nas relixións indias, principalmente no xainismo, no budismo, no sikhismo e no hinduísmo, malia que hai grupos hindús que non cren na reencarnación mais si cren na outra vida.[3][4][5][6] É unha crenza esotérica en moitas correntes do xudaísmo ortodoxo e tamén está presente (en formas diferentes) nas crenzas dos indíxenas de América do Norte[7] e nalgúns grupos aborixes australianos (aínda que a maioría cre na outra vida ou no mundo dos espíritos).[8] A crenza no renacemento/metempsicose foi recollida por figuras históricas gregas como Pitágoras, Sócrates e Platón.[9] Tamén é unha crenza común en varias relixións modernas. Malia que a maioría das denominacións dentro do cristianismo e do islam non cren que os indiviudos se reencarnen, existen grupos particulares dentro desas relixións que si se refiren á reencarnación; estes grupos inclúen os principais seguidores históricos e contemporáneos do catarismo, o alauísmo, o drusismo,[10] e o rosacrucianismo.[11] As relacións históricas entre estes grupos e as crenzas sobre a reencarnación foron características do neoplatonismo, o orfismo, o hermetismo, o maniqueísmo e o gnosticismo da era romana, así como nas relixións indias que foron obxecto de investigacións académicas recentes.[12] Nas últimas décadas, moitos europeos e norteamericanos desenvolveron un interese na reencarnación,[13] e moitas obras contemporáneas menciónana.

Investigación sobre a reencarnación editar

O escritor Ian Stevenson afirmou ter investigado numerosos nenos que afirmaban recordar unha vida pasada. Levou a cabo máis de 2 500 estudos de casos nun período de 40 anos e publicou doce libros, incluíndo Twenty Cases Suggestive of Reincarnation e Where Reincarnation and Biology Intersect. Stevenson, no seu libro Reincarnation and Biology, documentaba metodicamente as declaracións de cada neno e posteriormente encontraba a identidade da persoa falecida coa que o neno se identificara, finalmente verificaba os feitos da vida da persoa falecida que coincidían cos recordos do neno. Tamén encontrou coincidencias de marcas e defectos de nacemento coas feridas e cicatrices do falecido, certificadas por historias clínicas, así como por fotografías de autopsias.[14]

Stevenson buscou evidencias refutatorias e explicacións alternativas aos informes, e pensaba que os seus estritos métodos desbotaban todas as posibles explicacións «normais» para os recordos dos nenos.[15] Non obstante, unha gran maioría de casos de reencarnación notificados por Stevenson orixináronse en sociedades orientais, onde as relixións dominantes permiten acotío o concepto de reencarnación. A raíz deste tipo de crítica, Stevenson publicou un libro sobre casos europeos (European Cases of the Reincarnation Type). Entre outras persoas que levaron a cabo investigacións sobre a reencarnación están Jim B. Tucker, Brian Weiss e Raymond Moody.

Algúns escépticos, como Paul Edwards, analizaron moitos destes relatos, cualificándoos de «anecdóticos».[16] Os escépticos suxiren que as afirmacións de evidencia da reencarnación se orixinan no pensamento selectivo e nos falsos recordos, que decotío resultan dun sistema de crenzas propio e de medos básicos, e polo tanto non se poden ter en conta como evidencia empírica. Carl Sagan refírese aos casos, aparentemente das investigacións de Stevenson, no seu libro The Demon-Haunted World, como un exemplo de datos empíricos cuidadosamente recolectados, aínda que rexeitou, como errónea, a reencarnación como unha explicación dos relatos.[17]

Unha obxección ás afirmacións sobre a reencarnación está no feito de que a gran maioría da xente non lembra vidas anteriores, e que non hai ningún mecanismo coñecido pola ciencia moderna que permita á personalidade sobrevivir á morte e viaxar a outro corpo. Investigadores como Stevenson recoñeceron esas limitacións.[18] Outra das obxeccións á reencarnación (que xa fora proposta por Tertuliano) é que sería inconsistente co crecemento da poboación. Algúns autores consideran ter refutado, teoricamente, dita obxección.[19]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para reencarnación.
  2. Norman C. McClelland 2010, pp. 24–29, 171.
  3. 3,0 3,1 Mark Juergensmeyer & Wade Clark Roof 2011, pp. 271–272.
  4. Stephen J. Laumakis 2008, pp. 90–99.
  5. Rita M. Gross (1993). Buddhism After Patriarchy: A Feminist History, Analysis, and Reconstruction of Buddhism. State University of New York Press. pp. 148. ISBN 978-1-4384-0513-1. 
  6. Flood, Gavin D. (1996), An Introduction to Hinduism, Cambridge University Press
  7. Gananath Obeyesekere, Imagining Karma: Ethical Transformation in Amerindian, Buddhist, and Greek Rebirth. University of California Press, 2002, páxina 15.
  8. Crawley
  9. Véxase Charles Taliaferro, Paul Draper, Philip L. Quinn, A Companion to Philosophy of Religion. John Wiley and Sons, 2010, page 640, Google Books
  10. Hitti, Philip K (2007) [1924]. Origins of the Druze People and Religion, with Extracts from their Sacred Writings (New Edition). Columbia University Oriental Studies. 28. Londres: Saqi. pp. 13–14. ISBN 0-86356-690-1
  11. Heindel, Max (1985) [1939, 1908] The Rosicrucian Christianity Lectures (Collected Works): The Riddle of Life and Death. Oceanside, California. 4th edition. ISBN 0-911274-84-7
  12. An important recent work discussing the mutual influence of ancient Greek and Indian philosophy regarding these matters is The Shape of Ancient Thought de Thomas McEvilley
  13. "Popular psychology, belief in life after death and reincarnation in the Nordic countries, Western and Eastern Europe" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2009. Consultado o 25 de abril de 2007.  (54.8 KB)
  14. Cadoret, Remi (2005): «Book Review: "European Cases of the Reincarnation Type"», artigo en inglés na revista The American Journal of Psychiatry, abril de 2005.
  15. Shroder, T. (11 de febreiro de 2007). The Washington Post, ed. "Ian Stevenson; Sought To Document Memories Of Past Lives in Children" (en inglés). 
  16. Rockley, Richard: «Book Review: "Children who remember previous lives"», artigo en inglés no sitio web Skeptic Report.
  17. Sagan, Carl (1996). Demon Haunted World (en inglés). Random House. p. 300. ISBN 978-0394535128. 
  18. "Ian Stevenson; Sought To Document Memories Of Past Lives in Children" (en inglés). Washingtonpost.com. 11 de febreiro de 2007. Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  19. Bishai, David (2000). "Can Population Growth Rule Out Reincarnation? A Model of Circular Migration" (PDF). Journal of Scientific Exploration (en inglés) 14 (3): 411–420. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2012. Consultado o 18 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar