Red Cliff

filme épico chinés

Red Cliff (en chinés: 赤壁, Chì Bì) é un filme épico chinés dirixido por John Woo que se estreou en dúas partes no 2008 e no 2009. Baséase na Batalla dos Cantís Vermellos (-208 e -209) e os eventos do fin da Dinastía Han e inmediatamente anterior ó período dos Tres Reinos na China antiga. Está protagonizado por Tony Leung, Takeshi Kaneshiro, Zhang Fengyi, Chang Chen, Hu Jun, Lin Chi-ling e Zhao Wei. Foi o primeiro gran filme de Woo dende Paycheck (2003)[1] e foi o seguinte en lingua chinesa dende Hard Boiled (1992),[2] que tamén protagonizou Leung.

Red Cliff
Ficha técnica
Título orixinalChì Bì 赤壁
DirectorJohn Woo
ProdutorJohn Woo
Terence Chang
Han Sanping
GuiónJohn Woo
Chan Khan
Kuo Cheng
Sheng Heyu
IntérpretesTony Leung
Takeshi Kaneshiro
Zhang Fengyi
Chang Chen
Lin Chi-ling
Zhao Wei
Hu Jun
MúsicaTarō Iwashiro
FotografíaLü Yue
Zhang Li
MontaxeAngie Lam
Yang Hongyu
Robert A. Ferretti (Parte 1)
David Wu (Parte 2)
EstudioBeijing Film Studio
China Film Group
Lion Rock Productions
DistribuidoraAvex Group (Xapón)
China Film Group (China)
Showbox (Corea do Sur)
20th Century Fox (Taiwán)
Mei Ah Entertainment (Hong Kong)
Summit Entertainment (Internacional)
Estrea2008 (Parte 1)
2009 (Parte 2)
Duración280 minutos (total)
140 minutos (Parte 1)
140 minutos (Parte 2)
Orixe China
XéneroWuxia
Orzamento$80 000 000
Recadación$248 308 170
Na rede
http://www.redclifffilm.com/
IMDB: tt0425637 Filmaffinity: 698940 Allocine: 57890 Rottentomatoes: m/red_cliff Mojo: redcliff Allmovie: v360358 TCM: 663285 Metacritic: movie/red-cliff TV.com: movies/red-cliff Netlix: 70104342Editar o valor em Wikidata

Na China e en Asia, Red Cliff foi estreado en dúas partes, que fan máis de 4 horas de duración (288 minutos). A primeira parte (146 minutos) estreouse en Pequín o 2 de xullo de 2008 e a segunda (142 minutos) foi estreada na China o 7 de xaneiro de 2009. Fóra de Asia, unha única versión de 148 minutos foi estreada no 2009. Porén, a versión en dúas partes lanzouse en DVD e Blu-ray no Reino Unido o 5 de outubro de 2009,[3] e nos Estados Unidos e no Canadá o 23 de marzo de 2010.[4]

Cun orzamento estimado en US$80 million, Red Cliff é o máis caro filme asiático da historia.[5] A primeira parte recadou US$124 millóns en Asia[6] e superou o récord anterior de Titanic na China.[7]

Sinopse editar

Na China, cara ao final da Dinastía Han (208 d.C.) Cao Cao, o temíbel Primeiro Ministro (e gobernante de facto) convence ó Emperador Xian de Han de que declare a guerra ós reinos de Xu, ó oeste e ó leste, e o reino de Wu, ó sur. O seu obxectivo, segundo din, á a de unificar China polo ben do país, pero, en realidade, os seus motivos son bastante máis egoístas. Tras convencer ó Emperador, Cao Cao leva ó seu exército de case un millón de soldados á guerra. O seu primeiro obxectivo é o Reino de Xu, de recente creación, gobernado polo benevolente líder Liu Bei. Ó chegar ó Reino de Xu, as forzas de Cao Cao, superiores numéricamente, derrotan doadamente ó exército de Liu Bei. Os cidadáns de Xu foxen baixo a protección das tropas de Liu Bei e dos seus dous xenerais de maior rango (e irmáns de sangue): Guan Yu e Zhang Fei, que quedan atrás a risco das súas propias vidas para salvar ós campesiños que tentan escapar.

Personaxes editar

Personaxes principais editar

Notas editar

  1. Review: Red Cliff
  2. Red Cliff DVD Review
  3. DVD Times, 30 de setembro de 2009: Red Cliff (R2/UK BD) in October Arquivado 17 de novembro de 2009 en Wayback Machine. Re-linked 2014-04-03.
  4. Amazon US: Red Cliff International Version Linked 2014-04-03
  5. Dawtrey, A., Guider, E. "Berlin star power eclipses click pics" Arquivado 17 de setembro de 2008 en Wayback Machine., Variety, 2009-09-30. Consultado o 6 de novembro de 2009.
  6. "2008 Overseas Total Yearly Box Office", Box Office Mojo. Consultado o 2 de marzo de 2009
  7. (en chinés) [1] Arquivado 31 de agosto de 2009 en Wayback Machine., 2008-11-04. Consultado o 2 de marzo de 2009.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar