Reboot

Novo comezo para un universo de ficción

Nos seriais de ficción, o termo "reboot" (en galego: reinicio) fai referencia a un novo comezo para un universo ficticio, obra ou serie de ficción.[1][2] Un reboot rexeita a continuidade, para recrear os personaxes, as tramas e o fondo dende o principio. Descríbese como unha forma de "reconsiderar"[3] ou "volver a iniciar un universo ficticio xa establecido".[1]

A serie de filmes de Godzilla, que comezou no ano 1954, tivo numerosos reboots. Na imaxe represéntase un fotograma promocional de Godzilla Raids Again (1955).

Outra maneira de definir un reboot é consideralo coma un remake dunha serie cinematográfica ou calquera outra saga.[4] O termo foi cuestionado por resultar vago e "confuso",[5] "estar de moda"[6] e por ser outra maneira de referirse a un remake,[7][8] non obstante pódense establecer distincións entre reboot, remake e retcon.[9]

Orixe do termo editar

A palabra é de orixe recente, procede do inglés, de onde deriva á súa vez do termo informático reboot (reinicio).[1][2]

Tipos editar

Supoñamos que tes 187 números de "The Incredible Hulk" e decides que queres presentar un novo número 1. Aparentas como se eses primeiros 187 números nunca sucederan e comezas a historia dende o principio, limpas o encerado, e ninguén se estraña. Un dos motivos polos que se fai é porque, despois de 10 anos contando a mesma historia, queda anticuada e os tempos cambian. Así que fixemos o equivalente cinematográfico dun reboot, de tal xeito que conformándoo dende o principio estás afastándote instantaneamente de calquera cousa anterior.

— David S. Goyer, referíndose a Batman empeza (2005).[10]

Os reboots eliminan os elementos non esenciais asociados a unha serie previamente establecida e comézana de novo, descompoñéndoa ata os elementos centrais que fixeron popular o orixinal.[11] Os reboots permítenlle ó público descoñecedor dos títulos precedentes un acceso máis sinxelo a unha serie determinada.[11]

Banda deseñada editar

En banda deseñada, a continuidade dun título duradeiro pódese suprimir para empezar de novo dende o principio, permitíndolle ós autores redefinir personaxes, proporciona a ocasión de crear novas historias e posibilita que o título atraia a novos lectores.[1][12] Nos cómics ás veces utilízase algún pretexto para explicar un reboot, como a fusión de mundos paralelos ou liñas de tempo, ou simplemente se destrúe un universo ficticio para recrealo dende o principio.[13][14][15]

Cine editar

Mediante un reboot, os cineastas renovan e impulsan unha serie de filmes para atraer novos seguidores e aumentar os ingresos.[2][10] Un reboot pode renovar o interese nunha serie cinematográfica que quedara desfasada.[16] Os reboots representan un proxecto seguro para os estudos cinematográficos, xa que contan cunha base de seguidores, polo que son menos arriscados (en termos de recadación) que un traballo enteiramente orixinal e, por outra banda, permiten que os estudos de cine busquen novo público[17] e que ós directores e produtores escollan actores máis novos para atraer espectadores máis mozos.[Cómpre referencia]

Televisión editar

En televisión, un reboot pode significar a volta á produción dunha serie de televisión despois dun tempo trala súa cancelación,[18][19] non obstante, tamén pode entenderse como unha nova versión dunha serie precedente.[20][21]

Un concepto relacionado é o "retooling" (reestruturación), cando unha serie cambia substancialmente a súa premisa mentres se continúa emitindo, mantendo ó mesmo tempo algúns dos personaxes principais, xeralmente como un intento de incrementar a audiencia e evitar cancelacións.[22]

Videoxogos editar

Os reboots son habituais na industria dos videoxogos.[11] Os reboots nos videoxogos utilízanse para actualizar a historia e os elementos do xogo e para aproveitar a tecnoloxía e as funcións que non estaban dispoñibles cando os sacaron con anterioridade.[11]

Notas editar

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Willits, Thomas R. (13-07-2009). "To Reboot Or Not To Reboot: What is the Solution?". Bewildering Stories. Arquivado dende o orixinal o 06-12-2012. Consultado o 18-12-2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Parfitt, Orlando (25-08-2009). "Top 12 Forthcoming Franchise Reboots". IGN. Arquivado dende o orixinal o 20-05-2014. Consultado o 18-12-2020. 
  3. Alexander, Julia (15-03-March 15, 2017). "The Matrix reboot isn't a remake: Here's the difference between the two". Polygon. Consultado o 18-12-2020. 
  4. McKittrick, Christopher (06-03-2018). "Film Franchises: The Differences Between Sequels, Reboots and Spinoffs". ThoughtCo. Consultado o 18-12-2020. 
  5. "Hollywood's 10 Best Reboots". IGN. 21-09-2012. Arquivado dende o orixinal o 19-07-2018. Consultado o 19-12-2020. 
  6. Peters, Ian (06-08-2012). "Reboots, Remakes, and Adaptations". In media res. Arquivado dende o orixinal o 19-07-2018. Consultado o 19-12-2020. 
  7. Child, Ben (24-08-2016). "Don't call it a reboot: how 'remake' became a dirty word in Hollywood". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 19-07-2018. Consultado o 19-12-2020. 
  8. Patches, Matt (09-08-2012). "The Reboot Glossary: Which Hollywood Buzzword Fits the Bill?". Hollywood.com. Arquivado dende o orixinal o 19-07-2018. Consultado o 19-12-2020. 
  9. Proctor, William (07-04-2017). "Reboots and Retroactive continuity". The Routledge Companion to Imaginary Worlds: 230–231. Consultado o 19-12-2020. 
  10. 10,0 10,1 Greenberg, James (08-05-2005). "Rescuing Batman". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 02-12-2008. Consultado o 18-12-2020. —Tadución da Galipedia do texto orixinal: “Say you’ve had 187 issues of 'The Incredible Hulk' and you decide you’re going to introduce a new Issue 1. You pretend like those first 187 issues never happened, and you start the story from the beginning and the slate is wiped clean, and no one blinks. One of the reasons they do that is after 10 years of telling the same story, it gets stale and times change. So we did the cinematic equivalent of a reboot, and by doing that, setting it at the beginning, you’re instantly distancing yourself from anything that’s come before.„ 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Norris, Erik (07-03-2013). "Why Franchise Reboots Can Be A Good Thing". Mandatory. Arquivado dende o orixinal o 08-06-2018. Consultado o 19-12-2020. 
  12. Lorendiac (16-03-2009). "Lorendiac's Lists: The DC Reboots Since Crisis on Infinite Earths". Comic Book Resources. Arquivado dende o orixinal o 09-10-2016. Consultado o 19-12-2020. 
  13. Crisis on Infinite Earths #1-12 (Abril de 1985 – marzo de 1986)
  14. Flashpoint #1-5 (Maio – setembro de 2011)
  15. Zero Hour: Crisis in Time #4-0 (Setembro de 1994)
  16. Vasquez, Zach (23-10-2018). "Beyond the grave: what's next for the horror reboot?". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 25-10-2018. Consultado o 19-12-2020. 
  17. Billington, Alex (06-10-2008). "Sunday Discussion: The Mighty Hollywood Reboot Trend". FirstShowing.net. Arquivado dende o orixinal o 06-07-2017. Consultado o 19-12-2020. 
  18. Francis, James Jr. (11-06-2018). "Why did the television reboot become all the rage?". The Conversation. Arquivado dende o orixinal o 19-07-2018. Consultado o 19-12-2020. 
  19. Husser, Amy (27-02-2016). "Reboot overload? Fuller House leading pack of nostalgia-inspired TV revivals". CBC News. Arquivado dende o orixinal o 11-08-2018. Consultado o 19-12-2020. 
  20. Swarts, Jessica (12-04-2016). "We've listed a few 'Twilight Zone' Remake Episodes which aren't terrible". Inverse. Consultado o 19-12-2020. 
  21. Otterson, Joe (06-12-2017). "'Twilight Zone' Reboot From Jordan Peele, Simon Kinberg, Marco Ramirez Greenlit at CBS All Access". Variety. Arquivado dende o orixinal o 19-07-2018. Consultado o 19-12-2020. 
  22. VanDerWerff, Emily Todd (12-02-2014). "How the second season of Newhart proves sitcoms need time to learn". The A.V. Club. Consultado o 19-12-2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar