Unha real cédula era unha orde razoada expedida polo rei de España entre os séculos XVI e XIX. O seu contido resolvía algún conflito de relevancia xurídica, establecía pautas de conduta legal, creaba institucións, nomeaba un cargo real, outorgaba dereitos persoais ou colectivos ou ordenaba algunha acción concreta.

Real Cédula de 17 de xuño de 1738 que aprobou os estatutos da Real Academia da Historia.

Existían dúas variantes fundamentais: as reais cédulas de oficio que se derivan da propia función administrativa, que inician co nome -se é personalizada- ou cos cargos ou títulos das persoas ás que son dirixidas. As outras reais cédulas outórganse igualmente polo rei, pero a petición de parte e comezan mencionando o asunto da solicitude e mailo solicitante.

Foron usadas principalmente nos dominios españois de ultramar (América e Filipinas), con asesoramento na maioría dos casos do Consello de Indias.

Exemplos editar

  • A emitida por Isabel a Católica, no ano 1500, ordenando a devolución ás súas orixes daqueles escravos indíxenas que foran capturados por algúns conquistadores.
  • A Real Cédula emitida en 1608 por Filipe III, na que se autorizaba a escravitude dos indíxenas rebelde ao imperio hispánico.
  • A Real Cédula de 1789 "concedendo liberdade para o comercio de negros".[1]

Notas editar

  1. "La abolición de la esclavitud y el mundo hispano". ensayistas.org. Consultado o 08-02-2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar