Real Sociedad Gimnástica Española

A Real Sociedad Gimnástica Española coñecida como Gimnástica de Madrid era un club de fútbol afeccionado da cidade de Madrid.

Gimnástica de Madrid
NomeReal Sociedad Gimnástica Española
Fundación1887
Na casa

Historia editar

A Sociedad Gimnástica Española fundouse o 2 de marzo de 1887 en Madrid dedicándose principalmente á ximnasia, aínda que chegou a ter varias seccións máis, como a sección de remo ou a sección de fútbol.

En 1906 nacen o Iris FC e o Club Sportivo Internacional, uníndose en 1907 á Sociedad Gimnástica Española, que xa xogaba partidos de fútbol anteriormente e que establece definitivamente a súa sección de fútbol baseándose en xogadores procedentes do Moncloa FC, Hispania FC e do renacido Iberia FC.

En 1909 a Gimnástica Española é un dos fundadores da Federación Española de Fútbol.

No ano 1912 xoga a final de Copa do Rei contra o FC Barcelona, que perde 2-0 tras clasificarse ao gañar o Campionato Rexional contra equipos como o Madrid FC ou o Athletic de Madrid.

En 1915 o Rei Afonso XIII concedeulle o título "Real" e puxeron a coroa e o nome ao escudo. Entre as súas filas contou con futbolistas internacionais como Severino Goiburu.

En 1928 suprime a sección de Fútbol ao non poder competir co fútbol profesional que existía desde 1926, aínda que máis tarde recuperaríaa, suprimíndoa definitivamente nos anos '60.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta branquinegra, pantalón branco e medias branquinegras.

Palmarés editar

  • Campionato Rexional Centro (3): 1911, 1912, 1924
  • Subcampión da Copa do Rei (1): 1912
Outras seccións

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar