Rea Silvia (en latín, Rhēa Silvĭa), tamén denominada Illia (en latín, Īlĭa) e coñecida por outros nomes como Servília, (latín: Servilia) e Emília (latín; Aemilia),[1] era filla do rei Numitor, fíxose vestal cando o seu tío Amulio destronou o seu pai. As vestais estaban obrigadas a garda-lo voto de castidade, polo cal Rea Silvia non podería ter descendencia e a permanencia de Amulio no trono non peligraba. Aínda así enxendrou dous fillos, Rómulo e Remo. Xeralmente admítese que Rea Silvia foi amada polo deus Marte, co cal tivo ós xemelgos, aínda que algúns autores atribúen a paternidade destes a un amante accidental. Ó decatarse Amulio disto, fixo meter no cárcere a Rea Silvia e botar ós xemelgos nunha cesta ó río Tíber. Escapou dunha morte segura grazas a súa prima Anto. Existen varias versións sobre o seu fin. Uns sosteñen que morreu despois do parto, outros que os malos tratos foron motivo da súa morte e, finalmente, tamén se di que os seus propios fillos a liberaron,despois de vingarse de Amulio.

Rea Silvia representada nun sarcófago.

Notas editar

  1. Erasmo 2001, p. 79

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Diccionario de mitología griega y romana. Pierre Grimal, profesor da Sorbona. Edicións Paidós Ibérica, S.A. 1986.
  • Erasmo, Mario (2001). Archaic Latin Verse (en inglés). Newburyport [MA]: Focus Publishing,. ISBN 9781585100439. 

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.