Rauno Nurger

baloncestista estoniano

Rauno Nurger, nado o 24 de novembro de 1993 en Keila, Harju, é un xogador profesional internacional de baloncesto estoniano. Formado na universidade de Wichita State, cunha altura de 2,08 m xoga nas posicións de pivote e ala-pivote.

Rauno Nurger
Acunsa Gipuzkoa Basket
Información persoal
Nacemento 24 de novembro de 1993 (30 anos)
Estonia Keila, Estonia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 105 kg (231 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto Sunrise Christian (Wichita, Kansas)
Universidade Wichita State (2014–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: Non drafteado
Internacional Estonia Estonia
Carreira 2011−presente
Historial de equipos
Tallinna Kalev (2011–2012)
TYCO Rapla (2012–2013)
Peñas Huesca (2018–2019)
Leite Río Breogán (2019–2020)
BC Kalev/Cramo (2020−2022)
Acunsa Gipuzkoa Basket (2022−presente)

Traxectoria editar

Nado en Keila, no Condado de Harju, Nurger comezou a súa carreira no baloncesto no Tallinna Kalev e no TYCO Rapla da Korvpalli Meistriliiga, máxima categoría do baloncesto estoniano. Posteriormente foi aos Estados Unidos, onde acudiu á Sunrise Christian Academy e á Universidade de Wichita State, onde competiu cos Shockers da NCAA. Na liga universitaria estadounidense fixo unha media de 3,5 puntos e 2,1 rebotes por partido en catro anos. Para a temporada 2018−19 asina co Peñas Huesca da Liga LEB, sendo un dos xogadores destacados da competición cunha media de 13,3 puntos (61,2% en tiros de dous e 78,4 % tiros libres), 6,3 rebotes, 1 asistencia, 1 tapón e 1 mate por encontro en 26 minutos sobre a cancha. Tras finalizar a temporada, o 11 de xullo de 2019 anunciouse a súa fichaxe polo Leite Río Breogán,[1] club onde permaneceu unha temporada. Posteriormente regresou durante dúas temporadas a Estonia, ao BC Kalev/Cramo. O 18 de xullo de 2022 anunciouse a súa incoporación polo Acunsa Gipuzkoa Basket da LEB Ouro.

Clubs editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar