Rauma (en sueco Raumo) é unha cidade de Finlandia, situada na rexión de Satakunta, no suroeste do país. Ten unha poboación de 39.870 habitantes segundo o censo de 2012.[1]

Modelo:Xeografía políticaRauma
Rauma (fi)
Raumo (sv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 61°07′N 21°30′L / 61.12, 21.5Coordenadas: 61°07′N 21°30′L / 61.12, 21.5
EstadoFinlandia
Axencia RexionalSouth-Western Finland Regional State Administrative Agency (en) Traducir
RexiónSatakunta Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación39.620 (2017) Editar o valor em Wikidata (79,81 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Rauma Editar o valor em Wikidata
Superficie496,43 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Kodisjoki (en) Traducir e Lappi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoRauma City Council (en) Traducir , (Escano: 51) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webrauma.fi Editar o valor em Wikidata

O seu centro histórico, a Antiga Rauma é Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1991, e dende 1999 o sitio funerario da Idade de Bronce de Sammallahdenmäki tamén está na lista da UNESCO.

Historia editar

No século XIV, antes de ser declarada cidade, Rauma contaba cun mosteiro franciscano e unha igrexa católica. En 1550, os habitantes de Rauma recibiron a orde de trasladarse a Helsinqui, mais isto foi contrarrestado con éxigo e Rauma puido continuar o seu crecemento.

Practicamente a totalidade da cidade de madeira foi devastada nos lumes de 1640 e 1682. O estilo neorrenacentista de moitos edificios é resultado da prosperidade provocada pola navegación. En 1897 Rauma tiña a maior frota de Finlandia, cun total de 57 veleiros. As mercancías eran exportadas principalmente a Alemaña, Estocolmo e os países bálticos. Nos anos 1890, Rauma tivo un colexio universitario que posteriormente foi anexionado á Universidade de Turku. Unha parte do departamento de educación aínda existe en Rauma.

O nome Rauma vén da palabra xermánica strauma, que significa "córrego".[2]

Deporte editar

Como no resto do país, o hóckey sobre xeo goza dunha gran popularidade en Rauma. O Lukko foi fundado na cidade en 1936 e compite na primeira categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Liiga. O equipo proclamouse campión finlandés en dúas ocasións (1963 e 2021), así como subcampión tres veces (1961, 1966 e 1988), e gañou a medalla de bronce en seis ocasións máis (1 965, 1969, 1994, 1996, 2011 e 2014). Xoga os seus partidos como local no Kivikylän Areena.

Notas editar

  1. "Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2013. 
  2. [1]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar