Rat Pack foi o nome co que se coñeceu un grupo de artistas estadounidenses que, reunidos ao redor primeiro de Humphrey Bogart e máis tarde de Frank Sinatra, prolongaron as súas actividades privadas como amigos á realización de determinadas actividades artísticas, tales como películas, concertos, espectáculos etc. Activo entre mediados da década de 1950 e mediados da de 1960, os seus membros máis coñecidos foron, á parte de Sinatra, Dean Martin, Sammy Davis Jr., Peter Lawford e Joey Bishop, como núcleo principal. Ademais, formaron parte ocasional do mesmo artistas como Shirley MacLaine, Lauren Bacall, Angie Dickinson, Marilyn Monroe e Judy Garland.

Filmografía conxunta editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar