Coordenadas: 39°29′33″N 0°22′03″O / 39.4926, -0.367464

Rascanya é o distrito número 15 da cidade de Valencia. Limita con Pobles del Nord polo norte, co Benicalap polo oeste, con Benimaclet ao sueste e La Saïdia ao sur. A poboación era de 54.372 habitantes no 2009.[1]

Situación do distrito na cidade de Valencia.

Historia editar

O nome do distrito deriva da casal andalusí de Rascanya, que Xaime I doou a Guillem Aguiló, franca de tributos, en 1237[2] e que constituíu o núcleo orixinal de Els Orriols e de todo o distrito e, ademais, deu nome á canle de rega de Rascanya.[2]

Poboación editar

Rascanya tiña 51.933 habitantes en 2007, distribuídos entre tres barrios:

  • els Orriols (17.528)
  • Torrefiel (26.103)
  • Sant Llorenç (8.302)

Notas editar

  1. "Districte 15. Rascanya" (PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 "Rascanya, alquería de". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Geografía. Editorial Prensa Valenciana. 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar