Rania de Xordania

A Raíña Rania de Xordania (Rania Al Abdullah), nada Rania Al-Yassin (en árabe, رانيا العبدالله) é a dona do rei de Xordania, Abdullah II. Naceu en Kuwait, Kuwait, o 31 de agosto de 1970 e é filla de pais palestinos.

Rania de Xordania
Raíña consorte de Xordania
22 de marzo de 1999
PredecesorElizabeth Najeeb Halaby

Nacemento31 de agosto de 1970 (53 anos)
Kuwait, Kuwait
Cónxuxe/sAbdullah II
(1993 - )
Descendencia
  • Hussein bin Al Abdullah
  • Iman bin Al Abdullah
  • Salma bin Al Abdullah
  • Hashem bin Al Abdullah
Casa realHaxemita
ProxenitoresDr. Faisal Sidqi Al Yassin
Ilham Yassin

Na rede
http://www.queenrania.jo/
Facebook: QueenRania Twitter: QueenRania Instagram: queenrania Youtube: UCAse8hbO5eLnyxQE9OTVftQ WikiTree: Al_Yassin-1 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Rania Al-Yassin naceu na Cidade de Kuwait, Kuwait o 31 de agosto de 1970 de pais palestinos de Tulkarm. O seu pai é médico (1934–2022), e é a mediana de tres irmáns. Asistiu ás escolas primaria e secundaria New English School en Kuwait. Despois obtivo un grao en Administración da American University no Cairo. Despois da súa graduación en 1991, traballou en Citigroup e para a compañía Apple na capital xordana. Tamén obtivo un Diploma de Estudos Avanzados da Universidade de Xenebra en Suíza.

Coñeceu ao Rei Abdullah bin Al-Hussein nunha celebración en xaneiro de 1993. Dous meses máis tarde anunciaron a súa relación e o 10 de xuño de 1993 casaron. Tiveron catro fillos: Hussein (28 de xuño de 1994), Iman (27 de setembro de 1996), Salma (26 de setembro de 2000) e Hashem (30 de xaneiro de 2005).

Raíña de Xordania editar

Aínda que o seu home se converteu en rei o 7 de febreiro de 1999, Rania non se converteu en raíña inmediatamente. Foi proclamada raíña polo seu home o 22 de marzo do mesmo ano. Sen esa proclamación, tería ostentado o título de princesa consorte, ao igual que a súa sogra, a princesa Muna Al-Hussein.

Rania é unha defensora dos dereitos das mulleres. Recibiu do seu home o rango honorario de coronel das Forzas Armadas Reais de Xordania o 9 de xuño de 2004. En 2005 foi nomeada a terceira muller máis bela do mundo pola revista Harpers and Queen (que desde novembro de 2005 é coñecida como Harper's Bazaar [1]). Ademais, foi a raíña máis nova do mundo no momento en que coroaron ao seu home.

Rania de Xordania realizou numerosas aparicións públicas, incluíndo unha entrevista para a televisión no programa de Oprah Winfrey o 17 de maio de 2006, onde falou sobre as ideas equivocadas sobre o islam e o rol da muller nesa relixión. En maio de 2000 foi nomeada membro honoraria da clase do 2000 da Academia Deerfield, a Universidade na que estudou o seu esposo. Tamén se encontra na lista das 100 mulleres máis poderosas do mundo segundo Forbes.

Actividades editar

Rania desempeña unha serie de actividades centrándose nos dereitos da muller e dos nenos e representa a Xordania en visitas oficiais e eventos fóra do país.

Organizacións que apoia editar

É patroa das seguintes organizacións ó redor do mundo:

  • Global Alliance for Vaccines and Immunisation
  • Jordan River Foundation
  • Arab Women's Summit
  • Arab Academy for Banking and Financial Sciences (AABFS)
  • Jordan Cancer Society
  • National Team for Family Safety
  • National Team for Early Development
  • Child Safety Program and Dar Al-Amman
  • World Economic Forum
  • UN Children's Fund
  • The Vaccine Fund
  • International Youth Foundation
  • FINCA International
  • International Osteoporosis Foundation
  • Aqua Kilimanjaro
Predecesor:
Elizabeth Najeeb Halaby
Raíña consorte de Xordania
1999 - Presente
 
Sucesor:
No cargo