Ranger 2 foi a segunda sonda do Bloque I do programa Ranger da NASA pensado para enviar sondas non tripuladas á Lúa e fotografar a súa superficie antes de impactar nela. Foi lanzada mediante un Atlas-Agena B o 18 de novembro de 1961 desde a plataforma LC-12 do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4][5]

Ranger 2
Ranger 2 antes do lanzamento.
TipoTecnolóxico/científico
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisJPL
Destino actualReentrado na atmosfera terrestre.[1]
Data de lanzamento18 de novembro de 1961, 8:12 GMT[1][2][3]
Foguete portadorAtlas-Agena B[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-12[2][5]
Obxectivo da misiónProbas tecnolóxicas dos sistemas necesarios para unha misión non tripulada á Lúa.[2][5]
Decaemento20 de novembro de 1961[1]
NSSDC ID1961-032A
Masa304 kg[2]
DimensiónsCono cunha base hexagonal de 1,5 m de diámetro e unha altura de 4 m.[4]

Características editar

Ao igual que Ranger 1, a misión principal de Ranger 2 foi probar os sistemas e técnicas que permitirían a sucesivas naves ser lanzadas directamente contra a Lúa e fotografala durante o camiño. O obxectivo secundario era estudar as partículas e campos presentes no espazo interplanetario, así como unha posible cola de hidróxeno da Terra.[2][4][5]

A nave editar

A sonda estaba formada por unha base hexagonal de 1,5 m de diámetro sobre a cal se atopaba unha estrutura cónica de aluminio de 4 m de alto. A enerxía eléctrica era proporcionada por dous paneis solares que lle daban á nave unha envergadura de 5,2 m; a enerxía almacenábase nunha batería de prata-cinc de 53,5 kg de peso, mentres que baterías máis pequenas alimentaban a certos instrumentos. Acaroada á base atopábase unha antena parabólica de alta ganancia, mentres que o resto de instrumentos repartíanse entre a base e o cono. A bordo atopábase tamén unha antena omnidireccional de media ganancia. As comunicacións corrían a cargo de dous transmisores: un funcionando a 960,1 MHz e 0,25 W de potencia, outro a 960,05 MHz e 3 W. O control de actitude era proporcionado por un controlador de estado sólido, por sensores solares e terrestres e por varios por chorros de control. O control térmico era pasivo, mediante recubrimentos dourados, pintura branca e superficies de aluminio puído.[2][4][5]

Instrumentos editar

Ranger 2 levaba a bordo varios insrumentos:[2][4][5]

Perfil da misión editar

Ranger 2 debía ser lanzada a unha órbita de aparcamento arredor da Terra para posteriormente ser lanzada a unha traxectoria de espazo profundo co fin de probar os seus sistemas e técnicas de navegación para as posteriores misións Ranger. A nave chegou á súa órbita de aparcamento, pero o foguete que logo debía enviala a unha órbita superior, unha etapa Agena B, fallou, reentrando na atmosfera terrestre o 20 de novembro de 196.[2][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "RANGER 2" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (23 de agosto de 2016). "Ranger 2" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  3. Claude Lafleur (2010). "Ranger 2" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Ranger 1, 2 (Ranger Block 1)" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2011). "Ranger 1-2" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2016.