Ranger 1 foi unha sonda do Bloque I do programa Ranger da NASA pensado para enviar sondas non tripuladas á Lúa e fotografar a súa superficie antes de impactar nela. Foi lanzada mediante un Atlas-Agena B o 23 de agosto de 1961 desde a plataforma LC-12 do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4][5]

Ranger 1
Ranger 1 no hangar, previamente ao lanzamento.
TipoTecnolóxico/científico
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisJPL
Destino actualReentrado na atmosfera terrestre.[1]
Data de lanzamento23 de agosto de 1961, 10:04 GMT[1][2][3]
Foguete portadorAtlas-Agena B[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-12[2][5]
Obxectivo da misiónProbas tecnolóxicas dos sistemas necesarios para unha misión non tripulada á Lúa.[2][5]
Decaemento30 de agosto de 1961[1]
NSSDC ID1961-021A
Masa306,2 kg[2]
DimensiónsCono cunha base hexagonal de 1,5 m de diámetro e unha altura de 4 m.[4]

Características editar

A misión principal de Ranger 1 foi probar os sistemas e técnicas que permitirían a sucesivas naves ser lanzadas directamente contra a Lúa e fotografala durante o camiño. O obxectivo secundario era estudar as partículas e campos presentes no espazo interplanetario.[2][4][5]

A nave editar

A sonda estaba formada por unha base hexagonal de 1,5 m de diámetro sobre a cal se atopaba unha estrutura cónica de aluminio de 4 m de alto. A enerxía eléctrica era proporcionada por dous paneis solares que lle daban á nave unha envergadura de 5,2 m; a enerxía almacenábase nunha batería de prata-cinc de 57 kg de peso, mentres que baterías máis pequenas alimentaban a certos instrumentos. Acaroada á base atopábase unha antena parabólica de alta ganancia, mentres que o resto de instrumentos repartíanse entre a base e o cono. A bordo atopábase tamén unha antena omnidireccional de media ganancia. As comunicacións corrían a cargo de dous transmisores: un funcionando a 960,1 MHz e 0,25 W de potencia, outro a 960,05 MHz e 3 W. O control de actitude era proporcionado por un controlador de estado sólido, por sensores solares e terrestres e por varios por chorros de control. O control térmico era pasivo, mediante recubrimentos dourados, pintura branca e superficies de aluminio puído.[2][4][5]

Instrumentos editar

Ranger 1 levaba a bordo varios insrumentos:[2][4][5]

Perfil da misión editar

Ranger 1 debía ser lanzada nunha órbita de aparcamento arredor da Terra para posteriormente ser posta nunha órbita de 60.000 por 1.100.000 km co fin de probar os seus sistemas e técnicas de navegación para as posteriores misións Ranger. A nave chegou á súa órbita de aparcamento, pero o foguete que logo debía enviala a unha órbita superior, unha etapa Agena B, fallou. Ranger 1 reentrou na atmosfera terrestre o 30 de agosto de 1961 tras 111 órbitas ao noso planeta, coa súa misión considerada un éxito parcial ao poder probarse a maior parte dos seus sistemas antes da súa destrución.[2][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "RANGER 1" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (23 de agosto de 2016). "Ranger 1" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  3. Claude Lafleur (2010). "Ranger 1" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Ranger 1, 2 (Ranger Block 1)" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2011). "Ranger 1-2" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2016.