Randy Scott Wittman, nado en Indianápolis, Indiana, o 21 de outubro de 1959 é un ex xogador e adestrador profesional estadounidense de baloncesto.

Randy Wittman
Posición Escolta
Dorsal 10, 14
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Nacemento 21 de outubro de 1959 (64 anos)
Indianápolis, Indiana
Carreira
Instituto Ben Davis (Indianápolis, Indiana)
Universidade Indiana (1978–1983)
NBA Draft 1983 / Rolda: 1 / Elección: 22
Por Washington Bullets
Tempadas 19831992
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     4 034 (7,4 pp)
Rebotes     760 (1,4 pp)
Asistencias     1 201 (2,2 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria profesional editar

Xogador editar

Wittman foi seleccionado na 22ª posición do Draft da NBA de 1983 polos Washington Bullets. Nunca chegou a xogar cos Bullets xa que foi traspasado ós Atlanta Hawks. Xogou a maior parte da súa carreira coma xogador nos Hawks, antes de xogar unha pequena etapa nos Sacramento Kings.

Tras xogar tres anos nos Indiana Pacers, retirouse tras a tempada 1991-92. Durante a súa etapa coma xogador, Wittman acadou 7.4 puntos, 1.1 rebotes e 2.2 asistencias por encontro

Adestrador editar

En 1992 comezou a súa etapa coma adestrador, e foi asistente dos Indiana Pacers, Dallas Mavericks e Minnesota Timberwolves antes do seu primeiro traballo coma adestrador principal nos Cleveland Cavaliers. Estivo dúas tempadas en Cleveland nas que tivo un récord de 62-102.

O 4 de xuño de 2012, Wittman converteuse no adestrador principal dos Washington Wizards tras o despido de Flip Saunders.[1] Os Wizards despediron a Wittman o 13 de abril de 2016 tras non conseguir a clasificación para os Playoffs.[2]

Notas editar

  1. Post Sports Editors (2012-06-04). "Wittman to return as Wizards head coach". Washington Post. 
  2. "Wizards fire coach Randy Wittman after team misses playoffs". ESPN.com. 14 de abril de 2016. Consultado o 14 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar