Ramon d'Abadal i Calderó

político, avogado e escritor catalán

Ramon d'Abadal i Calderó, nado en Vic o 7 de xaneiro de 1862 e finado en Rupià en novembro de 1945, foi un político catalán[1].

Infotaula de personaRamon d'Abadal i Calderó

(1917) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1862 Editar o valor em Wikidata
Vic
Mortenovembro de 1945 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Rupià
Cargos
Alcalde de Barcelona (1903 e 1911)
Senador por Barcelona (1907 - 1918)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAvogado e político
Partido políticoLliga Regionalista de Catalunya
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJoaquín Abadal Calderó (en) Traducir e Joan d'Abadal i Calderó (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou dereito en Barcelona, foi dirixente da Lliga Regionalista dende a súa fundación en 1901, foi presidente do Ateneu de Barcelona (1902) e da Acadèmia de Jurisprudència i Legislació de Catalunya, alcalde de Barcelona (1903 e 1911). Foi tamén senador por Barcelona (1907-1918).

En 1917 foi presidente da Asemblea de Parlamentarios que se reuniron en Barcelona. Presidente da Lliga Regionalista dende 1917 ata 1936. Decano do colexio de Avogados de Barcelona, en 1926 o goberno de Miguel Primo de Rivera destitúeo, mándao a prisión e acaba no desterro en Alcalà de Xivert (Castelló).

Durante a República foi deputado nas Cortes e no Parlamento de Cataluña. En 1936 exiliouse en Italia e deu o seu apoio á sublevación contra da República.

Notas editar

  1. "Abadal i Calderó, Ramón d'". Diciopedia do século 21 I. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 18.