Ramil, Agolada

parroquia civil do concello de Agolada

San Martiño de Ramil é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 43 habitantes (27 mulleres e 16 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 95 habitantes. A parroquia é limítrofe coa homónima Ramil, Palas de Rei.

Ramil
Igrexa de San Martiño de Ramil.
ConcelloAgolada[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°50′32″N 7°58′38″O / 42.84235124, -7.97725761Coordenadas: 42°50′32″N 7°58′38″O / 42.84235124, -7.97725761
Área5,44 km²
Poboación43 hab. (2013)
Densidade7,9 hab./km²
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Nesta parroquia naceu o militar Manuel Costa Varela.

Patrimonio editar

A igrexa de Ramil ten vestixios prerrománicos procedentes seguramente do templo primitivo (do que se advirten as súas ruínas preto do actual), incorporados ao ser erguida nos primeiros anos do século XII; aínda que ten tamén elementos gotizantes como os capiteis interiores. É de nave única, ábsida cadrada, fiestras abucinadas, portada de arco sobre columnas cun sobrio arco triunfal con dobre arquivolta.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Agolada.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Ramil editar

Lugares da parroquia de Ramil no concello de Agolada (Pontevedra)

Outeiro | Ramil

Parroquias de Agolada editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Agolada

Agra (San Miguel) | Artoño (Santalla) | A Baíña (San Pedro) | Basadre (Santa María) | Berredo (Santa María) | Borraxeiros (San Cristovo) | Brántega (San Lourenzo) | Brocos (San Miguel) | Carmoega (San Pedro) | Eidián (Santiago) | Esperante (San Cibrao) | Ferreiroa (San Pedro) | Gurgueiro (San Miguel) | Merlín (San Pedro) | Órrea (Santo André) | Ramil (San Martiño) | San Paio de Bais (San Paio) | Santa Comba (San Xoán) | Sesto (San Cibrao) | O Sexo (Santiago) | As Trabancas (San Mamede) | Val de Sangorza (Santa María) | Ventosa (San Xulián) | Vilariño (Santa María)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar