Ramón Rebellón Zubiri

avogado e político galego

Ramón Rebellón Zubiri, nado en Ourense o 7 de outubro de 1855 e finado en Galdo (Viveiro) o 14 de novembro de 1931, foi un avogado e político galego.

Ramón Rebellón Zubiri
Nacemento7 de outubro de 1855
Lugar de nacementoOurense
Falecemento14 de novembro de 1931
Lugar de falecementoGaldo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]
O pazo da Trave, residencia de Ramón Rebellón, herdado do seu sogro Bartolomé Basanta.

Traxectoria editar

Irmán do xeneral Inspector de Sanidade da Armada Gabriel Rebellón Zubiri. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Casou coa filla de Bartolomé Basanta Miranda, líder do Partido Conservador en Viveiro, sucedéndoo despois. Na Restauración foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Viveiro durante catro lexislaturas (1884-1901). Foi correspondente do Banco de Comercio Hispano Arxentino en Viveiro. Recibiu a Gran Cruz de Isabel a Católica. Acadou o título de Cidade para Viveiro no 1891, sendo rexente María Cristina.