Ramón Rúa Figueroa

enxeñeiro de minas galego

Ramón Rúa Figueroa Fraga, nado en Santiago de Compostela en 1825 e finado en Madrid o 17 de decembro de 1874, foi un enxeñeiro de minas galego.

Infotaula de personaRamón Rúa Figueroa
Biografía
Nacemento25 de abril de 1825 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 1874 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de minas Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsJosé Rúa Figueroa e Manuel Rúa Figueroa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou de Enxeñería de Minas na universidade de Madrid e chegou a ser enxeñeiro xefe e director das explotacións de Almadén. Irmán de José e Manuel Rúa Figueroa, compartiu con eles a ideoloxía liberal e pertenceu á xeración dos provincialistas galegos, que interviñeron no pronunciamento de 1846. Foi contrario ao intervencionismo estatal e acusou ao Estado da deixación das industrias extractivas. Colaborou en El Recreo Compostelano, El Porvenir, El Clamor de Galicia, despois en La Correspondencia de Galicia e Pero Grullo, e, na última etapa da súa vida, en El Heraldo Gallego. Cara 1855 dedicouse a tarefas literarias, coa escritura de lendas en prosa e un libro de versos titulado Ayer y hoy.

Obras editar

  • Noticia sobre la explotación del criadero de Rammelsberg (Harz) y beneficio de los minerales de cobre procedentes del mismo, 1856.
  • Noticia sobre la Fábrica de Cobrería y antigua Casa de Moneda de Jubia, 1858.
  • Ensayo sobre la historia de las minas de Río-Tinto, 1859.
  • Minas de Río-Tinto. Estudios sobre la explotación y el beneficio de sus minerales, 1868.
  • Apuntes para una biblioteca española de libros, folletos y artículos, impresos y manuscritos, relativos al conocimiento y explotación de las riquezas minerales y a las ciencias auxiliares, con Eugenio Maffei, 1871.
  • La minería hispana e iberoamericana, repertorio fundamental para la investigación histórica en la materia y otras afines, con Eugenio Maffei.
  • La Minería y la metalurgia española en la Exposición Universal de Viena Arquivado 27 de abril de 2021 en Wayback Machine., Madrid, 1874.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar