Ramón Núñez Centella

xornalista español


Ramón Núñez Centella, nado na Coruña o 16 de agosto de 1946, é un divulgador científico galego. Dende o ano 2008 é director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña.[1][2]

Infotaula de personaRamón Núñez Centella

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDivulgador científico
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 1235747

Traxectoria editar

Licenciado en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e Master of Arts en Didáctica das ciencias pola Universidade de Nova York, Ramón Núñez dedicouse ó ensino das ciencias dende 1970, cando se integrou no grupo Padres y Maestros, dirixido por Jesús Garrido. Na revista desta asociación publicou numerosos artigos sobre a didáctica e sobre a aplicación das ideas de Jean Piaget á educación científica. Realizou a adaptación a España do programa SCIS, da Universidade de California en Berkeley, para o ensino activo da ciencia a nivel elemental. Entre 1976 e 1977 formou parte do equipo do Project City Science (Universidade de Nova York) baixo a dirección de F. James Rutherford.

En 1981 e 1982 organizou a "Mostra Bibliográfica pra Escola Galega", un catálogo de libros sobre Galicia dirixido a ensinantes e estudantes. Na súa segunda edición recolléronse máis de 800 referencias bibliográficas. En 1982 comezou a escribir artigos de divulgación científica en La Voz de Galicia, baixo o pseudónimo "M. da Cortiña".

En 1983 o concello da Coruña nomeouno director do Servizo Municipal de Educación, dende onde propuxo e deseñou a Casa das Ciencias, inaugurada en 1985 baixo a súa dirección. Dende entón exerceu como divulgador, defendendo a interdisciplinariedade cultural, a diverxencia, o espírito lúdico e a provocación intelectual como ferramenta educativa. Con eses mesmos principios deseñou e dirixiu, ademais, a Domus (Casa do Home) e o Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes), que se inauguraron en 1995 e 1999, respectivamente.

Tamén participou no deseño museolóxico doutros centros, coma o Museo das Ciencias Príncipe Felipe de València, en colaboración con Manuel Toharia, e apoiou e asesorou a creación de museos de ciencia e planetarios en España, coma o Parque das Ciencias de Granada e o Planetario de Pamplona. É autor do guión de numerosas exposicións e programas de planetario e auspiciou diferentes iniciativas para a renovación do ensino das ciencias e a promoción da divulgación científica, coma o Premio Luís Freire de investigación científica.

Colaborador habitual da revista Muy Interesante dende 1991, tamén publicou artigos de opinión e de divulgación científica en xornais coma El País, La Vanguardia, Diario 16 e La Voz de Galicia, onde foi un dos creadores do suplemento "La Voz de la Escuela". En 1992 recibiu o Premio Nacional de Periodismo Científico, outorgado polo CSIC. É membro da Academia de Gastronomía de Galicia, da Asociación Española de Periodismo Científico, da Academia de Ciencias de Nova York e da Royal Institution. Pronunciou centos de conferencias en todo o mundo sobre museoloxía, divulgación, didáctica das ciencias, periodismo científico e historia da ciencia.

Obra editar

Proxectos museolóxicos editar

Libros editar

Exposicións máis relevantes editar

  • Nuevos materiales (1989)
  • Madera del aire (1990)
  • Las vueltas que da la vida (1992)
  • Hache-dos-O (léase agua) (1993)
  • El rostro humano (1995)
  • Blanca y redonda (1997)
  • Amarillo por naturaleza (1997)
  • De craneo et calvaria (1998)
  • Sección de Genética (Domus 2002)
  • Bosque de cromosomas (MCPF Valencia 2003)
  • Vacunas para todos (2003)
  • Palabras de la Ciencia (2004)
  • Los huesos vivientes (2004)
  • Homínidos y homínidas (Domus 2005)

Principais programas de planetario editar

  • El Zodíaco (1987)
  • La Familia del Sol (1989)
  • Vía Láctea (1993)
  • Crónicas marcianas (1996)
  • Galileo, mensajero de las estrellas (2001)
  • Cita con Venus (2004)

Módulos expositivos destacados editar

  • El esqueleto azul (Domus 1995)
  • Gioconda Sapiens (Domus 1995)
  • El gabinete del Capitán Nemo (Aquarium Finisterrae 1999)
  • El gen de la telomerasa (Domus 2002)

Notas editar