Ramón Mariño Paz

filólogo e profesor galego

Ramón Mariño Paz, nado en Valbargos, Argalo, Noia, o 8 de abril de 1962. É catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega e, desde 2011, codirector da revista Verba. Anuario galego de filoloxía.

Infotaula de personaRamón Mariño Paz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Valbargos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 48380

Traxectoria editar

Entre 1986 e 1991 foi profesor de lingua galega na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Ourense, profesor titular da área de filoloxías galega e portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, e desde 1999 é o director do Departamento de Filoloxía Galega desa universidade.

En 1984 comezou a colaborar co Instituto da Lingua Galega, onde participou nos traballos da súa Sección de Linguaxe Administrativa, da que sairían uns Cadernos de Documentación Municipal (1986-1988) e un Léxico da administración castelán-galego (1991). Desde 1992 colaborou como investigador principal no proxecto de investigación do ILG denominado Historia do galego escrito.

Estudos lexicográficos editar

Dedicouse tamén á lexicografía, colaborando na elaboración do Diccionario normativo galego-castelán de 1988 e mais na do Diccionario escolar galego de 1989, e nos anos noventa e inicios do novo século investigou fundamentalmente a historia e a gramática histórica da lingua galega. Estas investigacións fóronse publicando en revistas como Verba, Cadernos de Lingua, Revista Galega de Filoloxía, Estudios de Sociolingüística, A Trabe de Ouro e Grial, así como en libros colectivos.

Sobre o Padre Sarmiento editar

En 1995 publicou unha edición do Coloquio de vintecatro galegos rústicos do Padre Sarmiento que se acompaña dun estudo en que se analizan algúns dos principais cambios lingüísticos experimentados polo galego entre o período medieval e o século XIX. Con todo, a obra máis destacada de Ramón Mariño é a súa Historia da lingua galega (Santiago, 1998), onde explica a historia social da lingua galega e os cambios lingüísticos da mesma desde as súas orixes até 1998.

Outras tarefas editar

En 2001 publicou o libro Eladio Rodríguez e a cultura galega, onde analiza o papel deste rexionalista que foi presidente da Real Academia Galega, poeta e autor do coñecido Diccionario enciclopédico gallego-castellano.

Desde 1994 comparte con Ramón Lorenzo, Antón Santamarina, Mercedes Brea López e Jesús Pena as tarefas propias do comité de redacción da revista Verba (Anuario Galego de Filoloxía), creada en 1974 na universidade compostelá por persoas vinculadas ó Instituto da Lingua Galega.

Libros publicados editar

 
Historia da lingua galega.
  • Ramón Otero Pedrayo (1990): Os camiños da vida. Edición, introdución e notas de Ramón Mariño Paz. Vigo: Galaxia, 355 pp. [“Introducción”: pp. 7-72].
  • Ramón Otero Pedrayo (1993): Xelmírez, xenio do románico. Edición, introdución e notas de Ramón Mariño Paz. Vigo: Galaxia [“Introducción”: pp. 7-22].
  • Fr. Martín Sarmiento (1995): Coloquio de vintecatro galegos rústicos. Edición de Ramón Mariño Paz. Consello da Cultura Galega [“Estudio introductorio”: pp.7-102].
  • Ramón Mariño Paz (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións; 2ª edición: 1999.
  • Ramón Mariño Paz (2001): Eladio Rodríguez a e cultura galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
  • Ramón Mariño Paz (2003): O idioma galego no limiar da súa renacenza. Estudo lingüístico de textos pregaleguistas. Monografía 2 da Revista Galega de Filoloxía. UDC.
  • Ramón Mariño Paz (2008): Historia de la lengua gallega. München: Lincom GmbH.
  • Ramón Mariño Paz / Xosé Ramón Barreiro / Rosa Aneiros (2008): Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I).[1] Santiago de Compostela: CCG.
  • Ramón Mariño Paz (ed.) (2012): Papés d’emprenta condenada (II). Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea. CCG/ILG.
  • Ramón Mariño Paz / Margarita Sánchez Yáñez / Damián Suárez Vázquez (2012): O romance da urca de Santo Antón. Poesía en galego no Ferrol do século XVIII. Fundación Barrié.
  • Mar Campos Souto / Ramón Mariño Paz / José Ignacio Pérez Pascual / Antonio Rifón (eds.) (2012): “Assí como es de suso dicho”. Estudios de morfología y léxico en homenaje a Jesús Pena. San Millán de la Cogolla: Cilengua.
  • Ramón Mariño Paz / Xavier Varela Barreiro (eds.) (2015): Lingüística histórica e edición de textos galegos medievais. Anexo 73 de Verba (Anuario Galego de Filoloxía). USC.
  • Ramón Mariño Paz / Xavier Varela Barreiro (eds.) (2016): A lingua galega no solpor medieval. Santiago de Compostela: CCG.
  • Ramón Mariño Paz (2017): Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Notas editar

  1. Edición dos textos, fichas introdutorias e notas de Mariño. Notas histórico-biográficas de Barreiro. Coordinadora da edición: Aneiros.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar