Moncho Gil

futbolista galego
(Redirección desde «Ramón Gil Sequeiros»)

Ramón Gil Sequeiros, nado en Vigo o 16 de agosto de 1897 e finado na mesma cidade o 18 de xaneiro de 1965, foi un futbolista galego máis coñecido como Moncho Gil, que xogaba na demarcación de dianteiro. Foi medallista olímpico en 1920.

Moncho Gil
Información persoal
Nacemento 16 de agosto de 1897
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 18 de xaneiro de 1965
Lugar de falecemento Vigo
Posición dianteiro, dianteira
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar no Real Vigo Sporting Club pero comezou a despuntar facendo o servizo militar, cando se organizou o primeiro campionato militar de fútbol de España. Para ese torneo o Rexemento de Infantaría Murcia destacado en Vigo fixo moi bo equipo ao contar con varios xogadores do Vigo Sporting Club e do Real Club Fortuna de Vigo. Tan ben o fixeron que chegaron á final, onde gañaron cun gran papel de Ramón, que marcou os dous goles da vitoria.

 
A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Segundo os datos da Real Federación Española de Fútbol, o vínculo de Ramón Gil co fútbol en activo seguiu ata 1927, chegando a militar no Celta de Vigo catro tempadas dende a súa fundación en 1923. Foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia e varias ocasións, entre elas o primeiro encontro do combinado galego, disputado o 19 de novembro de 1922 ante a Selección de Castela.

Tamén disputou coa Selección de fútbol de España os Xogos Olímpicos de 1920 realizados en Antuerpen (Bélxica), onde o combinado español obtivo a medalla de prata, disputou dous encontros, ante Holanda e Italia. El e Luis Otero Sánchez son os primeiros galegos en ser medallistas olímpicos.

Vida persoal editar

De familia con posibles, era fillo de Ramón Gil Vidal, cónsul de Haití e comerciante eminente da cidade de Vigo. Casou en 1923 con Aurora Curbera[2].

Notas editar

  1. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  2. "Moncho Gil, futbolista vigués olímpico en Amberes en 1920". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2015.