Ramón Allegue Martínez

futbolista español

Ramón Allegue Martínez, coñecido como Padrón, nado na Pobra do Caramiñal o 24 de xaneiro de 1935 e finado o 20 de decembro de 2022, foi un futbolista e escritor galego. Xogaba de gardameta.

Padrón
Información persoal
Nome Ramón Allegue Martínez
Nacemento 24 de xaneiro de 1935
Lugar de nacemento A Pobra do Caramiñal
Falecemento 20 de decembro de 2022
Posición Gardameta
Carreira xuvenil
Xuventude de Cambados
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1953–1962 Celta de Vigo 79 (0)
1953–1954 → Casablanca (cedido)
1953–1954Turista (cedido)
1962–1964 Deportivo da Coruña 15 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar na Pobra do Caramiñal de onde pasou ao Cambados e despois ao Celta de Vigo. O Celta cedeuno nun principio ao Casablanca e este ao Club Turista. Na temporada 1953/54 foi cedido ao Racing Club de Ferrol, na 2ª División, pero non chegou a disputar ningún partido oficial.

Finalmente pasou a formar parte do primeiro equipo do Celta na tempada 1954–55, porén ante a competencia de Adauto e Dauder só disputou un encontro, substituíndo a Adauto.

A tempada seguinte Dauder fichou polo Xerez CD e Padrón pasou a alternarse na portería con Adauto.

Ao finalizar a tempada 1958–59 o equipo descendeu a Segunda División. Padrón permaneceu no equipo en Segunda ata o ano 1962, cando fichou polo Deportivo da Coruña.

No Deportivo debutou no verán de 1962 no Teresa Herrera, conquistando o trofeo na final ante o SL Benfica. Na tempada 1962–63 disputou tan só 6 partidos, estando á sombra de Antonio Betancort, o porteiro titular. Ao remate da campaña o equipo descendeu a Segunda División.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar