Ralph Sampson

baloncestista estadounidense

Ralph Lee Sampson, Jr., nado o 7 de xullo de 1960 en Harrisonburg, Virxinia, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante 9 temporadas cos Houston Rockets, Golden State Warriors, Sacramento Kings e Washington Bullets da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,24 m, foi escollido no primeiro lugar no Draft da NBA de 1983. Nos seus tres primeiros anos na competición fixo unha media de 20,7 puntos e 10,9 rebotes por partido, o que lle valeu ser nomeado Rookie do Ano. Porén, as lesión cortaron a súa progresión, provocando a súa perda de protagonismo cos anos. Desde 2012 é membro do Salón da Fama do Baloncesto.

Ralph Sampson
Posición Pivote / Ala-pivote
Dorsal 50
Altura 2,24 m (7 ft 4 in)
Peso oficial 103 kg (228 lb)
Nacemento 7 de xullo de 1960 (63 anos)
Virxinia Harrisonburg, Virxinia
Carreira
Instituto Harrisonburg (Virxinia)
Universidade Virginia (1979–1983)
NBA Draft 1983 / Rolda: 1 / Elección: 1
Por Houston Rockets
Tempadas 19831995
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     7 039 (15,4 pp)
Rebotes     4 011 (8,8 pp)
Asitencias     1 038 (2,3 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador
Adestrador

Traxectoria editar

Elixido no primeiro posto do Draft da NBA polos Houston Rockets, na súa primeira temporada na competición fixo unha media de 21,0 puntos e 11,1 rebotes por partido, o que lle valeu para ser nomeado Rookie do Ano. Tras manter a súa achega durante tres anos, na temporada 1985−86 guiou xunto a Hakeem Olajuwon aos Rockets ás Finais da NBA, eliminando nas finais de conferencia a Los Angeles Lakers de Magic Johnson, James Worthy e Kareem Abdul-Jabbar. No quinto encontro desa eliminatoria, Sampson deu a vitoria ao seu equipo cunha canastra sobre a bucina.

A partir de aí, a súa carreira comezou a deteriorarse debido aos seus problemas de xeonllo. En 1988 foi traspasado aos Golden State Warriors, onde as lesións limitaron moito o seu xogo. En 1989 foise aos Sacramento Kings para xogar as temporadas 1989−90 e 1990−91, facendo unha media de 4,2 e 3 puntos respectivamente. Finalizou a súa carreira na NBA cos Washington Bullets en 1991−92, facendo unha media de 2 puntos por encontro. Antes de retirarse, xogou oito partidos no Unicaja Málaga da Liga ACB. O 2 de abril de 2012, anuniouse a súa incorporación ao Naismith Memorial Basketball Hall of Fame.[1]

Notas editar

  1. "Naismith Memorial Basketball Hall of Fame Announces Class of 2012" (Nota de prensa). Naismith Memorial Basketball Hall of Fame. 2 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 2 de abril de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar