Rally de Portugal

O Rally de Portugal, oficialmente Vodafone Rally de Portugal, é unha proba de rally que se disputa anualmente en Portugal desde 1967 e levada a cabo polo Automóbil Club de Portugal. Entrou no calendario mundialista en 1973, sendo a sexta edición do rally e a terceira rolda dese ano. Mantívose no calendario do mundial ininterrompidamente durante 29 anos, salvo en 1996 que só foi puntuable para o campionato de 2 litros, e en 2002 caeu do calendario. En 2007 regresou ao mundial, e ao ano seguinte volveu saír para entrar no calendario do IRC, aínda que en 2009 regresou de novo ao calendario mundialista.

Rally de Portugal
Vodafone Rally de Portugal
Mikko Hirvonen na edición de 2011.
Datadende 1967
Sitio webhttp://www.rallydeportugal.pt

O Rally de Portugal, coñecido tamén como “O melhor rally do mundo”, frase acuñada por César Torres, antigo presidente do Automóbil Club de Portugal e o seu principal impulsor, naceu no ano 1967 coa idea de crear unha gran proba de rally de carácter internacional.[1] Inicialmente a proba disputouse na localidade de Estoril, preto de Lisboa e a primeira etapa do rally adoitaba disputarse nas estradas asfaltadas da serra de Sintra, moi preto da capital lusa. Un dos tramos máis destacados era o de Lagoa Azul, que se corría por unha complicada e esvaradía estrada flanqueada a ambos os dous lados por unha muralla humana de espectadores. A segunda etapa do rally desenvolvíase no centro do país, na localidade de Arganil, situada ao leste de Coimbra. Un dos tramos que se disputaban nesa zona era o coñecido como “o inferno verde”, un tramo complicado de máis de 40 km, embarrado, moi sinuoso, invadido pola néboa e unha intensa e fina choiva. Esta especial foi sempre uno dos xuíces do rally e en moitas ocasións vivíronse grandes batallas como a disputada entre Walter Röhrl e Markku Alén en 1980, ambos os pilotos oficiais de Fiat, que chegaron con moi pouca diferenza e onde o alemán Röhrl chegou a meterlle máis de catro minutos entre as dúas pasadas logrando a vitoria e pondo a directa para o título mundial que conseguiría ese ano.[1]

Unha das características do rally foi sempre a masiva afluencia de público. A pesar de que, desde o seu salto ao mundial, ningún piloto local ten destacado na proba, os afeccionados portugueses sempre abarrotaron as cunetas dos tramos e mesmo o país paralízase durante a competición. Ademais os portugueses sempre destacaron por dúas cousas: o enorme coñecemento do deporte e a paixón polos rallyes, que en moitas ocasións rozou a temeridade. Un claro exemplo disto foi a polémica edición de 1986, onde faleceron tres espectadores, ou a edición de 1987 onde tamén faleceu unha persoa.

Ao longo da súa historia e sobre todo, desde a súa inclusión no mundial, a proba modificou o seu traxecto enormemente. Nos seus inicios, o rally era moi longo e contaba cun percorrido de concentración, do mesmo xeito que o de Montecarlo e atravesaba o país de sur a norte e de norte a sur, sen pasar unicamente polo Alentejo e o Algarve (as dúas rexións máis ao sur do país). Unha vez chegados a Estoril aos equipos esperáballes un percorrido de entre 1 500 e 2 000 km dos cales uns 400 eran contra o crono. A partir de 1974, suprimiuse o percorrido de concentración pero mantívose unha quilometraxe duns 2 400 km, aínda que alargándose a lonxitude dos tramos cronometrados, sempre por encima dos 600. En 1987 volveuse a recortar a quilometraxe total aos 2 000 km e en 1997 o rally tívose que acoller á normativa da FIA que obrigaba a todas as probas do mundial a reducir a quilometraxe dos tramos cronometrados a un máximo de 400 km e a disputarse tan só sobre unha superficie. A organización centrou a carreira no norte, sendo Póvoa o epicentro e eliminou os tramos de asfalto, entre eles os de Sintra, que tantos problemas xeraran no pasado. En 2005 trasladouse á zona do Algarve, no sur do país, e en 2007 coa súa incorporación ao mundial incluíuse un tramo superespecial no Estadio Algarve.

Palmarés editar

Ano Edición Piloto Copiloto Vehículo Serie
1967 1º Rally de Portugal Carpinteiro Albino   Silva Pereira   Renault 8 Gordini
1968 2º Rally de Portugal Tony Fall   Ron Crellin   Lancia Fulvia HF
1969 3º Rally de Portugal Francisco Romãozinho   "Jocames"   Citroën DS Proto
1970 4º TAP Rally de Portugal Simo Lampinen   John Davenport   Lancia Fulvia HF
1971 5º TAP Rally de Portugal Jean-Pierre Nicolas   Jean Todt   Renault Alpine A110 1600
1972 6º TAP Rally de Portugal Achim Warmbold   John Davenport   BMW 2002 TI
1973 7º TAP Rally de Portugal Jean-Luc Thérier   Jacques Jaubert   Renault Alpine A110 1800 WRC
1974 8º TAP Rallye de Portugal Raffaele Pinto   Arnaldo Bernacchini   Fiat Abarth 124 Rallye WRC
1975 9º Rallye de Portugal Vinho do Porto Markku Alén   Ilkka Kivimäki   Fiat Abarth 124 Rallye WRC
1976 10º Rallye de Portugal Vinho do Porto Sandro Munari   Silvio Maiga   Lancia Stratos HF WRC
1977 11º Rallye de Portugal Vinho do Porto Markku Alén   Ilkka Kivimäki   Fiat 131 Abarth WRC
1978 12º Rallye de Portugal Vinho do Porto Markku Alén   Ilkka Kivimäki   Fiat 131 Abarth WRC
1979 13º Rallye de Portugal Vinho do Porto Hannu Mikkola   Arne Hertz   Ford Escort RS1800 WRC
1980 14º Rallye de Portugal Vinho do Porto Walter Röhrl   Christian Geistdörfer   Fiat 131 Abarth WRC
1981 15º Rallye de Portugal Vinho do Porto Markku Alén   Ilkka Kivimäki   Fiat 131 Abarth WRC
1982 16º Rallye de Portugal Vinho do Porto Michèle Mouton   Fabrizia Pons   Audi quattro WRC
1983 17º Rallye de Portugal Vinho do Porto Hannu Mikkola   Arne Hertz   Audi quattro A1 WRC
1984 18º Rallye de Portugal Vinho do Porto Hannu Mikkola   Arne Hertz   Audi quattro A2 WRC
1985 19º Rallye de Portugal Vinho do Porto Timo Salonen   Seppo Harjanne   Peugeot 205 Turbo 16 WRC
1986 20º Rallye de Portugal Vinho do Porto Joaquim Moutinho   Edgar Fortes   Renault 5 Turbo WRC
1987 21º Rallye de Portugal Vinho do Porto Markku Alén   Ilkka Kivimäki   Lancia Delta HF 4WD WRC
1988 22º Rallye de Portugal Vinho do Porto Miki Biasion   Carlo Cassina   Lancia Delta Integrale WRC
1989 23º Rallye de Portugal Vinho do Porto Miki Biasion   Tiziano Siviero   Lancia Delta Integrale WRC
1990 24º Rallye de Portugal Vinho do Porto Miki Biasion   Tiziano Siviero   Lancia Delta Integrale 16V WRC
1991 25º Rallye de Portugal Vinho do Porto Carlos Sainz   Luís Moya   Toyota Celica GT-Four WRC
1992 26º Rallye de Portugal Vinho do Porto Juha Kankkunen   Juha Piironen   Lancia Delta HF Integrale WRC
1993 27º Rallye de Portugal Vinho do Porto François Delecour   Daniel Grataloup   Ford Escort RS Cosworth WRC
1994 28º Rallye de Portugal Vinho do Porto Juha Kankkunen   Nicky Grist   Toyota Celica Turbo 4WD WRC
1995 29º Rallye de Portugal Vinho do Porto Carlos Sainz   Luís Moya   Subaru Impreza 555 WRC
1996 30º Rallye de Portugal Vinho do Porto Rui Madeira   Nuno Rodrigues da Silva   Toyota Celica GT-Four C2L
1997 31º Rallye de Portugal Vinho do Porto Tommi Mäkinen   Seppo Harjanne   Mitsubishi Lancer Evo IV WRC
1998 32º Rallye de Portugal Vinho do Porto Colin McRae   Nicky Grist   Subaru Impreza WRC WRC
1999 33º Rallye de Portugal Vinho do Porto Colin McRae   Nicky Grist   Ford Focus WRC WRC
2000 34º Rallye de Portugal Vinho do Porto Richard Burns   Robert Reid   Subaru Impreza WRC WRC
2001 35º Rallye de Portugal Vinho do Porto Tommi Mäkinen   Risto Mannisenmäki   Mitsubishi Lancer Evo VI WRC
2002 36º TMN Rallye de Portugal Didier Auriol   Thierry Barjou   Toyota Corolla WRC
2003 37º TMN Rallye de Portugal Armindo Araújo   Miguel Ramalho   Citroën Saxo Kit Car
2004 38º TMN Rallye de Portugal Armindo Araújo   Miguel Ramalho   Citroën Saxo Kit Car
2005 39º TMN Rallye de Portugal Daniel Carlsson   Mattias Andersson   Subaru Impreza WRX
2006 40º PT-Rally de Portugal Armindo Araújo   Miguel Ramalho   Mitsubishi Lancer Evo VIII
2007 41º Vodafone Rally de Portugal Sébastien Loeb   Daniel Elena   Citroën C4 WRC WRC
2008 42º Vodafone Rally de Portugal Luca Rossetti   Matteo Chiarcossi   Peugeot 207 S2000 IRC
2009 43º Vodafone Rally de Portugal Sébastien Loeb   Daniel Elena   Citroën C4 WRC WRC
2010 44º Vodafone Rally de Portugal Sébastien Ogier   Julien Ingrassia   Citroën C4 WRC WRC
2011 45º Vodafone Rally de Portugal Sébastien Ogier   Julien Ingrassia   Citroën DS3 WRC WRC
2012 46º Vodafone Rally de Portugal Mads Østberg   Jonas Andersson   Ford Festa RS WRC WRC
2013 47º Vodafone Rally de Portugal Sébastien Ogier   Julien Ingrassia   Volkswagen Polo R WRC WRC
2014 48º Vodafone Rally de Portugal Sébastien Ogier   Julien Ingrassia   Volkswagen Polo R WRC WRC
2015 49º Vodafone Rally de Portugal Jari-Matti Latvala   Miikka Anttila   Volkswagen Polo R WRC WRC
2016 50º Vodafone Rally de Portugal Kris Meeke   Paul Nagle   Citroën DS3 WRC WRC
2017 51º Vodafone Rally de Portugal Sébastien Ogier   Julien Ingrassia   Ford Festa RS WRC WRC
2018 52º Vodafone Rally de Portugal Thierry Neuville   Nicolas Gilsoul   Hyundai i20 Coupe WRC WRC
2019 53.º Vodafone Rally de Portugal   Ott Tänak   Martin Järveoja Toyota Yaris WRC WRC
2020
Edición cancelada
2021 54.º Vodafone Rally de Portugal   Elfyn Evans   Scott Martin Toyota Yaris WRC WRC
[2]

Vencedores editar

# Piloto Vitorias Anos
1 Markku Alén   5 1975, 1977, 1978, 1981, 1987
2 Sébastien Ogier   5 2010, 2011, 2013, 2014,2017
2 Hannu Mikkola   3 1979, 1983, 1984
Miki Biasion   1988, 1989, 1990
Armindo Araújo   2003, 2004, 2006
3 Carlos Sainz   2 1991, 1995
Juha Kankkunen   1992, 1994
Tommi Mäkinen   1997, 2001
Colin McRae   1998, 1999
Sébastien Loeb   2007, 2009

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El Rally de Portugal". Scalextric, Rally míticos. Vol. I. Altaya. 
  2. "juwra.com Rallies - Portugal". www.juwra.com. Consultado o 2019-05-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar