Rally de Ourense de 1995

proba automobilística

O Rally de Ourense de 1995 foi a 21ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse o 25 de xuño de 1995 e o vencedor foi Borja Moratal, sobre un Peugeot 306 e con Alfredo Rodríguez como copiloto.

Rally de Ourense de 1995
CategoríaEspaña España
Galicia Galicia
LocalizaciónProvincia de Ourense
OrganizadorEscudería Ourense
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Tramos15
Distancia tramos593 km
Gañadores
Piloto campiónEspaña Borja Moratal
Equipo campiónEspaña Peugeot Sport España
Participantes
Pilotos66
AnteriorRally de Ourense de 1994
SeguinteRally de Ourense de 1996

Resumo editar

Moratal beneficiouse dos problemas dos seus máximos rivais: Oriol Gómez, que liderou parte da carreira, saíu da estrada na segunda sección, mentres que o entón bicampión de España Chus Puras, sufriu problemas coa transmisión na primeira sección do rally, perdendo moitos postos e tempo, e aínda que foi o máis rápido en 8 dos últimos 9 treitos, non foi quen de recortar a diferenza con Moratal.[1]

Clasificación editar

# Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1   Borja Moratal   Alfredo Rodríguez Peugeot 306 S16 2:00:17
2   Jesús Puras   Carlos del Barrio Citroën ZX 16v 2:00:31
3   Miguel Martínez-Conde   Felipe Alonso Renault Clio Williams 2:06:32
4   Jaime Azcona   Julius Billmaier Peugeot 106 Rallye 2:07:18
5   Sergio Vallejo   Diego Vallejo Peugeot 106 Rallye 2:07:36
6   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth 2:07:41
7   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën ZX 16v 2:13:21
8   Javier Azcona   Juan Louro Renault Clio Williams 2:14:18
9   Manuel Muniente   Javier Ibáñez Peugeot 106 Rallye 2:15:56
10   David Nafría   Queralt Díaz Peugeot 106 Rallye 2:15:56
11   Salvador Cañellas   Xavier Lorza Seat Ibiza 2:16:04
12   Roberto Blach   Juan Carlos Dorado Peugeot 106 2:17:26
13   Metodio Ferradás   Agustín Camino Seat Ibiza 2:17:40
14   Santiago Concepción   Jesús Aragón Peugeot 106 2:18:55
15   José Luis Carrera   Gerardo Cobos Renault Clio Williams 2:20:08
16   Miguel Dopico   Álvaro Louro Ford Escort RS Cosworth 2:20:56

Notas editar

  1. Castro, X.R. (26 de xuño de 1995). "La espectacular remontada de Puras no impidió el triunfo de Borja Moratal". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Rally do Lacón
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1995
Sucesor:
Rally Botafumeiro