Raivavae
Atol
Datos
País Francia
Illa principal Rairua
Linguas
Poboación (2012) 940[1]
Superficie 16 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas >25
Coordenadas 23°53′S 147°39′O / -23.883, -147.650
Maior Altura 437 m. Hiro
Localización
Localización do atol

A illa Raivavae, tamén chamada Vavitu, é unha das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Está situada no medio do arquipélago, a 195 km ao sueste de Tubuai e a 730 km ao sur de Tahití.

É un antigo volcán que culmina no monte Hiro a 437 m de altitude. A superficie total é de 16 km². Está rodeada dunha lagoa pechada por arrecifes de coral con diversos illotes: Motu Man, Motu Haha, Motu Vaiamanu e Motu Araoo e Motu Haaamu.

Tiña 940 habitantes no censo de 2012. As aldeas principais son: Rairua (a capital da comuna), Mahanatoa, Anatonu e Vaiuru. O principal recurso da illa é o cultivo de café, a pesca na lagoa e a artesanía. Dispón dun aeródromo aberto en 2002.

A illa é rica en sitios arqueolóxicos polinesios. Foi descuberta polo español Tomás Gayangos en 1775, volvendo da expedición a Tahití organizada polo vicerrei do Perú, o catalán Manuel d'Amat i de Junyent. Bautizouna como Santa Rosa. En 1880 foi anexionada por Francia.

Notas editar

  1. "Population". Institut de la statistique de la Polynésie française (en francés). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2020. Consultado o 9 de xaneiro de 2015.