Radiotelescopio de Arecibo

O radiotelescopio de Arecibo é un centro de observación astronómica situado no Estado Libre Asociado de Porto Rico, no concello de Arecibo. Estivo administrado desde 1966 até 2011 pola Universidade Cornell, e despois pasou a depender da National Science Foundation dos Estados Unidos de América.

Radiotelescopio de Arecibo
Tiporadiotelescopio, Refletor esférico e telescópio gregoriano
Data de disolución1 de decembro de 2020
Nomeado en referencia aArecibo (Porto Rico), William E. Gordon e James Gregory
Eventos/Actividadesordem, construción, opening, Furacão Maria, saída de serviço e destrución
PremiosElectrical Engineering and Computing Milestone e Historic Mechanical Engineering Landmark
EnArecibo (Porto Rico)
PaísPorto Rico e Estados Unidos de América
18°20′39″N 66°45′10″O / 18.344167, -66.752778
Na rede
http://www.naic.edu
editar datos en Wikidata ]

Despois de case seis décadas de funcionamento, o que durante moito tempo foi o radiotelescopio maior e máis potente do mundo (hoxe en día éo o FAST chinés, de 500 m de diámetro[1]), no 2020 sufriu dúas roturas (en agosto e novembro) de cables de soporte da estrutura de recollida de sinais, pasando a ser perigoso. Decidiuse a retirada da cúpula gregoriana (a plataforma suspendida con cables) e o prato principal, despois de que caera o cable sobre esta placa reflectora.[2][3] Antes da súa retirada, a plataforma colapsou on 1 de decembro de 2020.

Tivo importancia en diversos campos da astronomía, sendo notorio na procura de vida extraterrestre co proxecto SETI.

Notas editar