Radio Free Europe/Radio Liberty

Radio Free Europe/Radio Liberty (RFE / RL) é unha organización de radiodifusión financiada polo goberno dos Estados Unidos que transmite novas, información e análise a países de Europa do Leste, Asia Central e Medio Oriente onde di que "o libre fluxo de información está prohibido polo goberno ou non está completamente desenvolvido".[1] RFE/RL é unha corporación 501c-3 que recibe fondos do goberno estadounidense e é supervisada pola Xunta de Gobernadores de Radiodifusión, unha axencia que supervisa todos os servizos de radiodifusión internacionais do goberno federal dos Estados Unidos.

Radio Free Europe/Radio Liberty
Logo
Tipoemisora de radio, axencia de noticias, medio de comunicación de masas e state media
Área de operaciónRusia, Ucraína, Estonia, Casaquistán, Acerbaixán, Moldavia, Lituania, Europa, Belarús, Afganistán, Armenia, Bosnia e Hercegovina, Kosovo, Montenegro, Macedonia do Norte, Serbia, Bulgaria, Xeorxia, Hungría, Irán, Kirguizistán, Adiguesia, Chechenia - Нохчичьо, Daguestán, Ingusetia, Kabardino-Balkaria, Karachay-Cherkessia, Ossetia do Norte-Alania, Paquistán, Romanía, Taxiquistán, Bashkortostán, Tatarstán, Turkmenistán, Uzbekistán e Letonia
Data de fundación1949
Fundador(es)Goberno federal dos Estados Unidos
Presidente/aSteve Capus (en) Traducir (2024-) Editar o valor em Wikidata
Director/aJamie Fly
Director/aJeffrey Gedmin e Steve Capus
Eventos/ActividadesRussian foreign agent law
PremiosFour Freedoms Award – Freedom of Speech
SedePraga
PaísEstados Unidos de América e República Checa
Na rede
http://www.rferl.org, https://www.azattyq.org/, https://www.radiotavisupleba.ge/, https://www.svaboda.org/, https://ktat.krymr.com/, https://romania.europalibera.org/, https://moldova.europalibera.org/, https://www.svobodnaevropa.bg/, https://www.slobodnaevropa.org/, https://www.slobodnaevropa.mk/, https://www.evropaelire.org/, https://www.radiomarsho.com/, https://www.azatutyun.am/, https://www.azadliq.org/, https://www.radiofarda.com/, https://www.azattyk.org/, https://www.ozodi.org/, https://www.ozodlik.org/, https://pa.azadiradio.com/, https://da.azadiradio.com/, https://www.mashaalradio.com/, https://svobod7mjzb3hwxhgcnx7ui2ffd4p5zulftzkzdlmpaztuuoxnlpwhyd.onion/, https://www.rferlo2zxgv23tct66v45s5mecftol5vod3hf4rqbipfp46fqu2q56ad.onion/, https://radiosvcr452z5oklfrl5tgh7phn7vkekdppsxeit74veqff4pq4eoid.onion/ e https://svabodmmmsdce3rmzoor5cw3byj6rqss4q6bh2yfhux2dbmobnpg5ead.onion/
Facebook: rferl Twitter: RFERL Instagram: rfe.rl Telegram: rferl Youtube: UCG_Qif8SJIS3XxU8iqHoInw Discogs: 89043 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Durante a guerra fría, Radio Free Europe (RFE) transmitiuse ós países satélites soviéticos e Radio Liberty (RL) dirixiuse á Unión Soviética. RFE foi fundada como unha fonte de propaganda anticomunista en 1949 polo Comité Nacional para unha Europa Libre. RL fundouse dous anos máis tarde e as dúas organizacións fusionáronse en 1976. Os gobernos comunistas enviaban con frecuencia axentes para infiltrarse na sede de RFE, e a KGB regularmente bloqueaba os seus sinais. RFE/RL recibiu fondos da CIA até 1971.[2] Durante os primeiros anos de existencia de RFE, a CIA e o Departamento de Estado emitiron amplas directivas de política, dando lugar ó xurdimento dun sistema onde a política de difusión determinábase entre eles e o persoal de RFE.[3]

RFE/RL tivo a súa sede na cidade alemá de Múnic de 1949 a 1995. En 1995, a sede trasladouse a Praga, na República Checa. As operacións europeas reducíronse significativamente dende o final da guerra fría. Ademais da sede, o servizo mantén 17 oficinas locais nos países ó longo da súa rexión de transmisión, así como unha oficina corporativa en Washington, D.C. RFE/RL transmite en 25 linguas a 20 países en Europa do leste, Medio Oriente, Asia central e o subcontinente indio.[4]

Notas editar

  1. "Mission Statement". Radio Free Europe/Radio Liberty. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  2. Safe for Democracy: The Secret Wars of the CIA (en inglés). Ivan R. Dee. ISBN 978-1-56663-823-4. 
  3. America's Other Voice: the Story of Radio Free Europe and Radio Liberty (en inglés). Praeger. ISBN 978-0-0306-3224-2. 
  4. "RFE/RL Language Services". Radio Free Europe/Radio Liberty. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2018.