Rachid Bouchareb

director de cinema francés

Rachid Bouchareb (en árabe: رشيد بوشارب), nado en París o 1 de setembro de 1953, é un director e produtor de cinema francés de orixe alxeriana. Acadou certa sona internacional a raíz do seu filme London River (2009).

Rachid Bouchareb
Nacemento1 de setembro de 1953 e 1 de setembro de 1959
Lugar de nacementoParís
NacionalidadeFrancia e Alxeria
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, guionista e realizador
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, prix Henri-Jeanson, César de melhor argumento original e sen etiquetar
Na rede
http://www.rachidbouchareb.com/
IMDB: nm0098953 Allocine: 3231 Allmovie: p82569 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Entre 1977 e 1983, traballou como axudante de dirección para a compañía de produción da televisión estatal francesa, Société française de production (S. F. P). Posteriormente, traballou para as emisoras TF1 e Antenne 2. Formou unha produtora chamada 3B co seu socio Jean Bréhat en 1988.

Bouchareb comezou a dirixir curtametraxes na década de 1980. O seu debut na longametraxe chegou en 1985 con Bâton Rouge. Dende ese momento os seus filmes máis aclamados inclúen Poussières de vie, candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 1995,[1] Little Senegal en 2001 e Two Men in Town en 2014, estreados no Festival de Cinema de Berlín,[2] e Indigènes, que recibiu unha candidatura ao Óscar e premios no Festival de Cannes.[3]

O seu filme Hors-la-loi, competiu pola Palma de Ouro en Cannes,[4] foi a proposta alxeriana ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 83ª edición dos Óscar[5] e finalmente foi unha das cinco candidatas.[6][7]

Filmes editar

Notas editar

  1. "The 68th Academy Awards (1996) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 2015-10-04. 
  2. "Berlinale 2014: Competition Complete". berlinale. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2014. Consultado o 2014-01-15. 
  3. "Festival de Cannes: Days of Glory". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 2009-12-13. 
  4. "Hollywood Reporter: Cannes Lineup". hollywoodreporter. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2010. Consultado o 2010-04-15. 
  5. "Algeria submits Bouchareb's Outside The Law for Academy Awards". ScreenDaily. Consultado o 2010-09-09. 
  6. "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". oscars.org. Consultado o 2011-01-19. 
  7. "Nominees for the 83rd Academy Awards". oscars.org. Consultado o 2011-01-25. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar