Rachel Portman

compositora británica

Rachel Mary Berkeley Portman,[1] OBE, nada en Haslemere o 11 de decembro de 1960[1] é unha compositora inglesa, máis coñecida polas súas bandas sonoras.

Infotaula de personaRachel Portman
Biografía
Nacemento(en) Rachel Mary Berkeley Portman Editar o valor em Wikidata
11 de decembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Haslemere, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónWorcester College (en) Traducir
Charterhouse School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsico Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositora , compositora de bandas sonoras Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoBanda sonora orixinal e Ópera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeUberto Pasolini (1995–2006) Editar o valor em Wikidata
FillosAnna Gwendolen Pasolini Dall'Onda (en) Traducir, Giulia Ginerva Pasolini Dall'Onda (en) Traducir, Niky Joan Pasolini Dall'Onda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisBerkeley Portman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Penélope Mowat (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webrachelportman.co.uk Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0006235 Allocine: 41358 Allmovie: p106895 TCM: 154373 TV.com: people/rachel-portman IBDB: 505840
Spotify: 1joFZGTRER78nUsWtgHCHR iTunes: 902910 Last fm: Rachel+Portman Musicbrainz: 550508e3-efae-47de-83cc-e50cc471d7e4 Discogs: 377359 Allmusic: mn0000597500 Deezer: 1941 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Portman naceu o 11 de decembro de 1960 en Haslemere en Surrey, Inglaterra, filla de Sheila Margaret Penelope (de solteira Mowat) Portman e Berkeley Charles Berkeley Portman.[1][2]

Estudou en Charterhouse e comezou a interesarse na música dende nova, comezando a compoñer aos catorce anos.[3]

Tras rematar a escola, Portman estudou música no Worcester College, Oxford. Alí comezou o seu interese na composición para filmes e comezou a experimentar coa escritura de música de producións de filmes e obras de teatro dos estudantes.[3]

Carreira editar

A carreira de Portman na música comezou coa escritura da música para telefilmes dramáticos da BBC e Channel 4 como Oranges Are Not the Only Fruit, Four Days in July de Mike Leigh e a serie The Storyteller de Jim Henson.[3]

Dende entón, Portman escribiu máis de cen bandas sonoras para cinema, televisión e teatro, incluídas The Manchurian Candidate (Jonathan Demme), Oliver Twist (Roman Polanski), A guerra de Hart (Gregory Hoblit), The Legend of Bagger Vance (Robert Redford), Beloved (Jonathan Demme), Benny e Joon (Jeremiah Chechik), Life Is Sweet (Mike Leigh), Never Let Me Go (Mark Romanek), Grey Gardens (Michael Sucsy), The Duchess (Saul Dibb), One Day (Lone Scherfig), The Vow (Michael Sucsy), Snow Flower and the Secret Fan (Wayne Wang), A casa do lago (Alejandro Agresti), Infamous (Douglas McGrath), O sorriso de Mona Lisa (Mike Newell) e The Human Stain (Robert Benton).

Portman é quizais máis coñecida polas bandas sonoras dos filmes Chocolat e As normas da casa da sidra.

Entre os seus outros traballos inclúense unha ópera para nenos, The Little Prince (que máis adiante foi adaptado na televisión) e Little House on the Prairie, musical baseado nos libros de Laura Ingalls Wilder Little House on the Prairie (2008). A Portman encargáronlle escribir unha peza de música coral para a serie BBC Proms en agosto de 2007.

Rachel Portman casou en 1995 con Uberto Pasolini Dall'Onda, co que tivo tres fillas, Anna Gwendolen, Giulia Ginerva e Niky Joan Pasolini Dall'Onda.[2]

Premios e honras editar

O primeiro premio recibido por Portman foi como resultado de compoñer "un gran corpo de traballo" para The Storyteller, pola que recibiu o premio Anthony Asquith do British Film Institute.[4]

Máis adiante, Portman converteuse na primeira muller que gañou un Oscar na categoría de mellor banda sonora por Emma (1996). Previamente gañaran un Oscar as compositoras Barbra Streisand (1977), Buffy Sainte-Marie (1983) e Carly Simon (1989) na categoría de mellor canción orixinal. Portman tamén foi candidata aos Óscar polas bandas sonoras de As normas da casa da sidra en 1999 e de Chocolat en 2000.

O 19 de maio de 2010, recibiu o premio Richard Kirk Award nos Premios BMI de Cinema e Televisión pola súa contribución á música de cinema e televisión. Portman foi a primeira muller que recibiu este honor.[5]

Portman foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) nas honras de ano novo de 2010.[6]

En 2015 Portman recibiu o Emmy á composición destacada para unha miniserie, filme ou especial polo seu traballo en Bessie.

Filmografía editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Rachel Portman Biography (1960-), FilmReference.com website.
  2. 2,0 2,1 "The Peerage". Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Rachel Portman Biography". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  4. BBC Composer of the Week: Rachel Portman at 15:36 by Donald Macleod, 9 de marzo de 2018 (consultado o 19 de abril de 2018)
  5. "Rachel Portman Receives Richard Kirk Award at BMI Film & TV Music Awards". BMI.com. Consultado o 20 de outubro de 2010. 
  6. "Ligazón en The London Gazette". London Gazette (59282): 11. 31 de decembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar