Rabixunco

ave mariña

O rabixunco[2][3] (Phaethon aethereus) é unha ave mariña distribuída polas zonas tropicais dos océanos Atlántico, Índico e polo leste do Pacífico. A subespecie do Índico, P. a. indicus, foi nun tempo considerada unha especie separada: o rabixunco pequeno.

Ovo de Phaethon aethereus

Descrición editar

Os adultos son aves esveltas de plumaxe principalmente branca. Miden uns 48 cm de lonxitude, incluíndo as dúas plumas centrais da cola, que miden tanto como o resto do corpo. A envergadura das ás, que teñen marcas negras, e de ó redor dun metro. Teñen o bico vermello, máis alaranxado na subespecie P. a. indicus. O aspecto dos dous sexos é semellante, por ben que as plumas da cola sexan de media máis longas nos machos. Os exemplares novos son máis agrisados polo lombo, teñen o bico amarelo e fáltanlles ás plumas longas da cola.

A subespecie P. a. indicus ten o bico máis alaranxado.

Conduta editar

Estas aves reprodúcense en illas tropicais. Poñen un ovo só directamente no chan ou nunha cornixa nos acantilados. Acabada a época reprodutora espállanse por unha área ampla, aparecendo moito máis ó norte do seu territorio habitual, mesmo nalgunha ocasións nas costas europeas e do norte de América. Aliméntanse de peixes e luras, malia seren malos nadadores.

Notas editar

  1. BirdLife International (2013). "Phaethon aethereus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Lista das aves de Galicia
  3. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar