Rabindranath Tagore

escritor, poeta, dramaturgo e filósofo indio. Gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1913

Rabindranath Tagore (Tagor.ogg rəˈbindrəˈnɑ:t ˈtɑ:ɡɔr ), nome anglicizado de Rabíndranáth Thákhur (रवीन्द्रनाथ ठाकुर), nado en Calcuta o 7 de maio de 1861 e finado en Calcuta, India, o 7 de agosto de 1941, foi un polímata indio que destacou como poeta, escritor, dramaturgo, compositor, filósofo, reformador social e pintor.[1][2][3] Reformou a literatura e a música bengalí, así como a arte india co modernismo contextual a finais do século XIX e principios do XX. Autor da poesía "profundamente sensible, fresca e bela" de Gitanjali,[4] converteuse en 1913 no primeiro non europeo e o primeiro letrista en gañar o Premio Nobel de Literatura.[5] As cancións poéticas de Tagore eran vistas como espirituais e impredicibles; con todo, a súa "prosa elegante e a súa poesía máxica" seguen sendo descoñecidas fóra de Bengala.[6] Foi membro da Royal Asiatic Society. Coñéceselle como "o bardo de Bengala",[7][2][3] Tagore era coñecido polos alcumes: Gurudeb, Kobiguru, Biswokobi.[n. 1]

Infotaula de personaRabindranath Tagore
रवीन्द्रनाथ ठाकुर

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(bn) রবীন্দ্রনাথ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1861 Editar o valor em Wikidata
Calcuta Editar o valor em Wikidata
Morte7 de agosto de 1941 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Calcuta (Raj Británico) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRaj Británico Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo bengalí e brahmana Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres
St. Xavier's Collegiate School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosPreto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo grisalho (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , letrista , escritor , compositor de cancións , cantante , director de cinema , artista , ensaísta , poeta , filósofo , compositor , dramaturgo , loitador pola liberdade Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía, dramaturxía e filosofía
AlumnosLakshmiswar Sinha e Mukul Dey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioভানুসিংহ Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua bangla Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMrinalini Devi (en) Traducir (1883–1902) Editar o valor em Wikidata
FillosRathindranath Tagore (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiDebendranath Tagore (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSwarnakumari Devi (en) Traducir, Hemendranath Tagore (en) Traducir, Jyotirindranath Tagore (pt) Traducir, Dwijendranath Tagore (en) Traducir, Satyendranath Tagore (pt) Traducir e Soudamini Debi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Literatura en 1913
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0007173 iTunes: 3914432 Musicbrainz: 13274b60-181b-431a-b049-b48560c58e2a Discogs: 734450 IMSLP: Category:Tagore,_Rabindranath WikiTree: Tagore-1 Find a Grave: 10397981 Genius: Rabindranath-tagore Editar o valor em Wikidata

Foi un brahman e zamindar (aristócrata) bengalí de Calcuta con raíces ancestrais nos distritos de Bardhaman[9] e Jessore, Tagore escribiu poesía cando tiña oito anos.[10] Á idade de dezaseis anos, publicou os seus primeiros poemas importantes baixo o pseudónimo de Bhānusiṃha ("León do Sol"), que foron tomados polas autoridades literarias como clásicos perdidos.[11] En 1877 publicou os seus primeiros relatos curtos e obras dramáticas co seu verdadeiro nome. Como humanista, universalista, internacionalista e ardente crítico do nacionalismo,[12] denunciou ao Raj Británico e defendeu a independencia de Gran Bretaña. Como expoñente do renacemento bengalí, abarcou un amplo canon que comprendía pinturas, bosquexos e garabatos, centos de textos e unhas dúas mil cancións; o seu legado tamén perdura na súa fundación da Universidade Visva-Bharati.[13][14]

Tagore modernizou a arte bengalí rexeitando as ríxidas formas clásicas e resistíndose ás restricións lingüísticas. As súas novelas, relatos, cancións, dramas-danza e ensaios abordaron temas políticos e persoais. As súas obras máis coñecidas son Gitanjali (Ofrendas de cancións), Gora (A cara bonita) e Ghare-Baire (O fogar e o mundo). Os seus versos, relatos e novelas foron aclamados -ou criticados- polo seu lirismo, coloquialismo, naturalismo e contemplación antinatural. Dúas nacións elixiron as súas composicións como himnos nacionais: O "Jana Gana Mana" da India e o "Amar Sonar Bangla" de Bangladesh. O himno nacional de Sri Lanka inspirouse na súa obra.[15]

Historia familiar editar

O nome Tagore é a transliteración anglicizada de Thakur.[16] O apelido orixinal dos Tagores era Kushari. Eran Pirali Brahmin ('Pirali' implicaba historicamente unha connotación estigmatizada e pexorativa).[17][18] que originalmente pertenecía a unha aldea llamada Kush no distrito llamado Burdwan en Bengala Occidental. O biógrafo de Rabindranath Tagore, Prabhat Kumar Mukhopadhyaya escribio no primeiro volume do seu libro Rabindrajibani O Rabindra Sahitya Prabeshak que

Os kusharis eran descendentes de Deen Kushari, fillo de Bhatta Narayana; Deen recibiu de Maharajá Kshitisura unha aldea chamada Kush (en Burdwan zilla). Kshitisura, converteuse no seu xefe e pasou a ser coñecido como Kushari.[9]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Tagore naceu na mansión Jorasanko (Calcuta), fillo de Debendranath Tagore e de Sarada Ravat. Debendranath Tagore formulou a fe Brahmo propagada polo seu amigo o raxá reformador Rammohun Roy. Debendranath converteuse na figura central da sociedade Brahmo trala morte de Roy e continuou a liderar o Adi Brahmo Shomaj ata o seu pasamento.

Tagore foi o máis novo de catorce fillos, educado principalmente pola servidume, a súa nai morrera sendo Rabindranath moi cativo e o seu pai estaba decote de viaxe[19]. De feito, os Thákhur eran o centro dun extenso grupo social que estaba comprometido co Rexurdimento bengalí, e no fogar respirábase un ambiente literario, musical e teatral, mesmo o seu pai convidou a varios músicos dhrupad a residir na súa casa para os seus fillos aprenderen a música clásica india[20]. O seu irmán máis vello, Dwijendranath, era un respectado poeta e filósofo. Outro irmán, Satyendranath, foi o primeiro membro dunha etnia india admitido no Servizo civil indio, e Jyotirindranath era un músico de talento. A esposa deste último, Kadambari, que tiña case a mesma idade que Tagore, foi unha querida amiga e tivo unha forte influencia nel. O seu suicidio en 1884 deixouno fóra de lugar durante varios anos e marcou fondamente o timbre emocional da vida literaria de Tagore.

En 1878, Tagore viaxou a Brighton en Inglaterra para estudar nunha escola pública. Máis tarde estudou no University College de Londres. Porén non rematou os seus estudos e deixou Inglaterra despois dun ano. No Reino Unido anglicizou o propio apelido (Thakur) e volveu coa convicción de que os ingleses saben ben protexer unha India necesitada de protección, dedicouse á administración das súas terras e a toda forma de arte. Esta exposición á cultura inglesa e á súa lingua mesturouse coa tradición da música bengalí nos seus primeiros intentos de crear novas formas musicais. A pesar diso, nunca abrazou completamente as ríxidas normas inglesas nin a estrita interpretación da relixión hindú por parte da súa familia na vida ou na súa arte, escollendo tomar o mellor de ambas as esferas de experiencia.

Shelaidaha: 1878–1901 editar

 
A casa de Tagore enShilaidaha, Bangladesh
 
Tagore e a súa esposa Mrinalini Devi, 1883

Como Debendranath quería que o seu fillo se convertese en avogado, aloxouno, en 1877, durante varios meses nunha casa que a familia Tagore posuía preto de Brighton e Hove, en Medina Vilas; o seu sobriño e a súa sobriña -Suren e Indira Devi, fillos do irmán de Tagore Satyendranath- foron enviados xunto coa súa nai, cuñada de Tagore, a vivir con el.[21] Tagore matriculouse nunha escola pública de Brighton, East Sussex (Inglaterra) en 1878.[22] Estudou brevemente Dereito no University College de Londres, pero de novo abandonou os estudos, optando no seu lugar polo estudo independente das obras de Shakespeare Coriolano, e Antonio e Cleopatra e a Religio Medici de Thomas Browne. As animadas melodías populares inglesas, irlandesas e escocesas impresionaron a Tagore, cuxa admiración por Nidhubabu-autor de kirtans, tappas e a himnos brahmo o tiñan fascinado.[22][23] En 1880 regresou a Bengala sen título, resolvido a conciliar as novidades europeas coas tradicións brahmas, tomando o mellor de cada unha. [24] Despois de regresar a Bengala, Tagore publicou regularmente poemas, historias e novelas. Estes tiveron un profundo impacto dentro da propia Bengala, pero recibiron pouca atención nacional.[25] En 1883 casou cunha nena de 10 anos[26] (esta era unha práctica común na época) Mrinalini Devi (1873–1902), nacida en Bhabatarini. Tiveron cinco fillos, dous dos cales morreron na infancia.[27]

 
O "Padma", barco (bajra ou budgerow) da familia Tagore

.En 1890 Tagore comezou a administrar o seus vastos predios ancestrais en Shelaidaha (hoxe unha rexión de Bangladesh); alí uníronselle a súa muller e os seus fillos en 1898. Tagore publicou os seus poemas Manasi (1890), unha das súas obras máis coñecidas.[28] Como Zamindar Babu, Tagore sucaba o río Padma ao mando do Padma, a luxosa barcaza familiar (tamén coñecida como "budgerow"). Recadaba rendas, na súa maioría simbólicas, e bendicía aos aldeáns, que á súa vez lle honraban con banquetes, ás veces de arroz seco e leite agre.[29] Coñeceu a Gagan Harkara, a través do cal se familiarizou cos bauls e co faquir Lalon Shah, cuxas cancións folclóricas influíron enormemente en Tagore.[30] Tagore traballou para popularizar as cancións de Lalon. O período Sadhana (1891-1895) de Tagore, chamado así por unha das súas revistas, foi o máis produtivo;[31] Nestes anos escribiu máis da metade dos relatos do libro "Galpaguchchha" de tres volumes e 84 historias..[32] Os seus irónicos e graves relatos examinaban a voluptuosa pobreza dunha Bengala rural idealizada.[33]

Santiniketan: 1901–1932 editar

 
Universidade de Tsinghua, 1924

En 1901 Tagore trasladouse a Santiniketan, poboación situada en Bengala Occidental, para fundar un ashram, sita en propiedades do seu pai, cunha sala de oración con chan de mármore -O mandir-, unha escola experimental, arboledas, xardíns e unha biblioteca.[34] Esta escola, estabelecida segundo a tradicional estrutura Brahmacharya de estudantes vivindo a carón do seu Gurú nunha comunidade autosuficiente, foi un imán para grupos internacionais de estudantes, artistas, lingüistas e músicos. Alí morreron a súa muller e dous dos seus fillos. O seu pai morreu o 19 de xaneiro de 1905. Tagore dedicou unha prodixiosa enerxía en obter fondos para a escola, utilizando por exemplo o importe concedido no Premio Nobel. Recibiu pagos mensuais como parte da súa herdanza e ingresos do maharajá de Tripura, vendio as xoias da súa familia, o seu bungaló xunto ao mar en Puri, e unhas irrisorias 2.000 rupias en concepto de dereitos de autor de libros.[35] Gañou lectores bengalíes e estranxeiros por igual; publicou Naivedya (1901) e Kheya (1906) e traduciu poemas en verso libre.

En 1912, Tagore traduciu ao inglés a súa obra de 1910 Gitanjali. Durante unha viaxe a Londres, compartiu estes poemas con admiradores como William Butler Yeats e Ezra Pound. A Royal India Society de Londres publicou a obra nunha edición limitada, e a revista estadounidense Poetry publicou unha selección de Gitanjali.[36] En novembro de 1913, Tagore decatouse de que gañara o Premio Nobel de Literatura dese ano: a Academia Sueca apreciaba o carácter idealista -e para os occidentais- dunha pequena parte do seu material traducido, centrado na obra de 1912 Gitanjali: Song Offerings.[37] O rei Xurxo V concedeulle o título de cabaleiro nas honras de aniversario de 1915, pero Tagore renunciou a el tras a masacre de Jallianwala Bagh de 1919.[38] Renunciando ao título de cabaleiro, Tagore escribiu nunha carta dirixida a Lord Chelmsford, o entón vicerrei británico da India: "Estamos convencidos de que a desproporcionada severidade dos castigos inflixidos ao desafortunado pobo e os métodos para levalos a cabo non teñen parangón na historia dos gobernos civilizados. Chegou o momento en que as insignias de honra fan que a nosa vergoña sexa evidente no seu incongruente contexto de humillación, e pola miña banda desexo estar, desposuído de toda distinción especial, á beira dos meus compatriotas."[39][40]

En 1919, foi convidado polo presidente da asociación Anjuman-i-Himayat-i-Islam, Syed Abdul Majid a visitar Sylhet por primeira vez. O acto atraeu a máis de 5.000 persoas.[41]

Hoxe a institución é coñecida como Universidade Visva Bharati (en bengalí: বিশ্বভারতী: India para o mundo), so control do goberno indio.

Continuou escribindo con obras como Naivedya (1901) e Kheya (1906), mais desafortunadamente a súa esposa morreu, ao igual que unha das súas fillas e un fillo, deixándoo esnaquizado. Nesa época xa tiña un amplo número de seguidores entre os lectores bengalís e tamén se levaron a cabo algunhas traducións das súas obras, habitualmente de calidade mediocre.

Exerceu unha enorme fascinación no mundo occidental, que o recoñeceu co Premio Nobel de Literatura no ano 1913. En setembro dese ano Vicente Risco deu unha conferencia sobre el no Ateneo de Madrid.

Contactos con intelectuais editar

 
Tagore con Einstein en 1930 en Berlín.

Durante a súa vida, Tagore mantivo múltiples contactos con outros intelectuais do seu tempo, incluíndo a Henri Bergson, Robert Frost, Mahatma Gandhi, Thomas Mann, George Bernard Shaw, H. G. Wells e Romain Rolland.[42][43] Particularmente célebre foi o seu encontro con Albert Einstein no fogar deste en Kaputh (Berlín) o 14 de xullo de 1930. A segunda parte da conserva tivo lugar cando Einstein visitou a Tagore na casa dun amigo común, o doutor Mendel. Discutiron sobre unha ampla variedade de temas, como epistemoloxía, ontoloxía, teoría musical e creatividade.[44]

Na súa viaxe ao Perú contraeu unha enfermidade que o obrigou a repousar na Arxentina durante dous meses en 1924.[45] Alí coñeceu a escritora arxentina Victoria Ocampo, coa que estableceu unha grande amizade. Ela pagou a súa estadía en Bos Aires, na Quinta Miralrío, onde escribiu un poema de amor a Victoria que titulou "Puravi". Aínda compuxo outro poema para ela antes de morrer, amosando a admiración de ser unha muller transgresora para a época. Volvéronse ver en 1930 cando Ocampo organizou unha exhibición en París, cos estraños debuxos que Tagore compoñía nos seus manuscritos.

Comezou a pintar aos sesenta anos, chegando a realizar varias exposicións con éxito en gran parte de Europa.[46] Morreu en Jorasanko o 7 de agosto de 1941, día que aínda é lembrado en actos públicos dentro do mundo de fala bengalí.

Pensamento editar

Mentres Gandhi, coa desobediencia civil, organizou o nacionalismo indio sen expulsar do país os ingleses, Tagore propuxo conciliar e integrar Oriente e Occidente. Esta obra era abondo difícil, mais estaba preparado polo exemplo do seu avó que en 1928, ao fundar a Unión de crentes en Deus, integrou o monoteísmo cristián e o politeísmo hindú.

Tagore afirmou en toda a súa obra: o propio amor pola natureza e por Deus, as súas aspiracións de fraternidade humana, a propia paixón (mesmo erótica) e a atracción da infancia. Todos estes temas aparecen tanto na súa lírica destinada a canto, que el mesmo musicou e traduciu ao inglés (Oferta de canto, 1913), como nos seus traballos teatrais enriquecidos con intermedios líricos (A vinganza da natureza, 1884), novelas (O naufraxio, 1906), memorias, ensaios e conferencias.

Obra editar

Ademais de poesía e narrativa, Tagore escribiu obras de teatro, máis de dúas mil cancións e obras pictóricas.

Contos editar

Novelas editar

É a parte da obra menos coñecida de Tagore, e inclúe Chaturanga, Gora (1910), Shesher Kobita, Ghare Baire, Char Odhay e Noukadubi.

Poesía editar

Gitanjali (গীতাঞ্জলি) é a obra máis coñecida de Tagore, mais a súa poesía inclúe tamén Manasi, Sonar Tori, Balaka e outros.

Traducidas ao galego editar

  • O carteiro do rei. Malini (trad. X. Cuns Lousa) O Castro-Sada: Edic. do Castro. 1976 - ISBN 84-85134-68-0
  • Onde a alma vive sem medo (trad. X. Mª Monterroso Devesa), en Bolet. Centro de Estud. Melidenses, nº 3 (xuño 1985)
  • A Verdade, fundamento do ser, no Correo da UNESCO (febreiro 1994)

Notas editar

  1. Gurudev tradúcese como "mentor divino", Bishokobi tradúcese como "poeta do mundo" e Kobiguru tradúcese como "gran poeta".[8] 
Referencias
  1. Lubet, Alex (17 de outubro de 2016). "Tagore, not Dylan: The first lyricist to win the Nobel Prize for literature was actually Indian". Quartz India. Consultado o 15 de maio do 2023. 
  2. 2,0 2,1 Stern, Robert W. (2001). Democracy and Dictatorship in South Asia: Dominant Classes and Political Outcomes in India, Pakistan, and Bangladesh (en inglés). Greenwood Publishing Group. p. 6. ISBN 978-0-275-97041-3. 
  3. 3,0 3,1 Newman, Henry (1921). The Calcutta Review (en inglés). Universidade de Calcutta. p. 252. Tamén descubrín que Bombai é a India, Satara é a India, Bangalore é a India, Madrás é a India, Delhi, Lahore, o Khyber, Lucknow, Calcuta, Cuttack, Shillong etc., son todos a India. 
  4. The Nobel Foundation.
  5. O'Connell 2008.
  6. Sen 1997.
  7. "Work of Rabindranath Tagore celebrated in London". BBC News. Consultado o 15 de maio do 2023. 
  8. Sil 2005.
  9. 9,0 9,1 * Tagore, Rathindranath (December 1978). On the edges of time (New ed.). Greenwood Press. p. 2. ISBN 978-0-313-20760-0. 
    • Mukherjee, Mani Shankar (May 2010). "Timeless Genius". Pravasi Bharatiya. pp. 89, 90. 
    • Thompson, Edward (1948). Rabindranath Tagore : Poet And Dramatist. Oxford University Press. p. 13. 
  10. Tagore 1984, p. xii.
  11. Thompson 1926, pp. 27–28; Dasgupta 1993, p. 20.
  12. "Nationalism is a Great Menace" Tagore and Nationalism, by Radhakrishnan M. and Roychowdhury D. from Hogan, P. C.; Pandit, L. (2003), Rabindranath Tagore: Universality and Tradition, pp 29–40
  13. "Visva-Bharti-Facts and Figures at a Glance". Arquivado dende o orixinal o 23 May 2007.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  14. Datta 2002, p. 2; Kripalani 2005a, pp. 6–8; Kripalani 2005b, pp. 2–3; Thompson 1926, p. 12.
  15. * de Silva, K. M.; Wriggins, Howard (1988). J. R. Jayewardene of Sri Lanka: a Political Biography – Volume One: The First Fifty Years. University of Hawaii Press. p. 368. ISBN 0-8248-1183-6. 
  16. Nasrin, Mithun B.; Wurff, W. A. M. Van Der (2015). Colloquial Bengali. Routledge. p. 1. ISBN 978-1-317-30613-9. 
  17. Ahmad, Zarin (2018-06-14). Delhi's Meatscapes: Muslim Butchers in a Transforming Mega-City (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-909538-4. 
  18. Fraser, Bashabi (2019-09-15). Rabindranath Tagore (en inglés). Reaktion Books. ISBN 978-1-78914-178-8. 
  19. Thompson, E. (1926), Rabindranath Tagore: Poet and Dramatist, Pierides Press, p. 20
  20. Som, R. (2010), Rabindranath Tagore: The Singer and His Song, Viking, p. 16
  21. Dutta & Robinson 1995, p. 68.
  22. 22,0 22,1 Ghosh 2011.
  23. Thompson 1926, p. 31.
  24. Tagore 1997b, pp. 11–12.
  25. Guha, Ramachandra (2011). Makers of Modern India. Cambridge, Massachusetts: Belknap Press of Harvard University. p. 171. 
  26. Dutta, Krishna; Robinson, Andrew (1997). Selected Letters of Rabindranath Tagore. Cambridge University Press. p. 13. ISBN 978-0-521-59018-1. Consultado o 16 de maio do 2023. 
  27. Dutta & Robinson 1995, p. 373.
  28. Scott 2009, p. 10.
  29. Dutta & Robinson 1995, pp. 109–111.
  30. Chowdury, A. A. (1992). Lalon Shah. Dhaka, Bangladesh: Bangla Academy. ISBN 984-07-2597-1. 
  31. Thompson 1926, p. 20.
  32. Tagore & Chakravarty 1961, p. 45.
  33. Dutta & Robinson 1995, p. 109.
  34. Dutta & Robinson 1995, p. 133.
  35. Dutta & Robinson 1995, pp. 139-140.
  36. "Rabindranath Tagore". Poetry Foundation (en inglés). 2022-05-07. Consultado o 25 de outubro do 2023. 
  37. Hjärne 1913.
  38. Anil Sethi; Guha; Khullar; Nair; Prasad; Anwar; Singh; Mohapatra, eds. (2014). "The Rowlatt Satyagraha". Our Pasts: Volume 3, Part 2 (History text book) (Revised 2014 ed.). India: NCERT. p. 148. ISBN 978-81-7450-838-6. 
  39. "Letter from Rabindranath Tagore to Lord Chelmsford, Viceroy of India". Digital Anthropology Resources for Teaching, Columbia University and the London School of Economics. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2019. Consultado o 25 de outubro do 2023. 
  40. "Tagore renounced his Knighthood in protest for Jalianwalla Bagh mass killing". The Times of India. 13 de abril de 2011. 
  41. Mortada, Syed Ahmed. "When Tagore came to Sylhet". The Daily Star. Consultado o 14 de decembro do 2023. 
  42. Tagore & Chakravarty 1961, p. 99.
  43. Tagore & Chakravarty 1961, pp. 100–103.
  44. Tagore 1930, pp. 222–225.
  45. Dutta & Robinson 1995, p. 256.
  46. R. Siva Kumar (2011) The Last Harvest: Paintings of Rabindranath Tagore.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Gerhart Hauptmann
Premio Nobel de Literatura
 

1913
Sucesor:
Romain Rolland
(En 1915)