Rabel

instrumento de corda frotada

Un rabel é un instrumento similar ao violín, que consegue o seu son mediante a fricción dun arco contra as súas cordas.

Rabel
O rei David na Fachada das Pratarías da Catedral de Santiago portando un rabel.
Información
ClasificaciónCordófono

Características editar

É un instrumento de orixe árabe, moi popular na Idade Media entre trobadores e xograres.[1] Consérvanse abondosas representacións deles entre a iconografía das igrexas románicas galegas, das que quizais sexa a máis antiga a do tímpano da igrexa chantadina de San Miguel do Monte.[2] Foi conservado como instrumento de pasatempo por pastores en moitas zonas da Península Ibérica, entre elas As Portelas e a Seabra, onde o seu uso aínda estaba vixente a finais do século XX.[3] O rabel utilizábase en Galiza para o acompañamento dunha muiñeira, á que rematou por darlle nome, a rabela.[1][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Camafeita, Olga (2001). "Rabel". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  2. Tímpano da igrexa de San Miguel do Monte.
  3. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Rabel". Consultado o 2021-09-13. 
  4. Peón, Mercedes (2004). "Introdución conceptual ó noso folclore e baile tradicional" (PDF). Encontros O Son da Memoria (Consello da Cultura Galega): 153–154. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

  • Rabel - Concerto didáctico Pablo Carpintero (2008) - UVigoTV