Raúl Dans

dramaturgo, guionista e actor galego


Raúl Dans Mayor, nado na Coruña o 30 de maio de 1964, é un dramaturgo, guionista e actor de dobraxe galego.[1]

Infotaula de personaRaúl Dans

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, Drama e dobraxe Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndramaturgo , actor de dobraxe , escritor , actor de dobraxe , guionista , actor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoDramaturxia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2015895 AELG: 268 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciou a súa andaina como escritor nas emisoras de RNE e RCE, das que foi creador, guionista e locutor de programas de diferente formato: Sin título (humor), Ráfagas (dramático), Imos gratis ao teatro (reportaxe).

É actor de dobraxe desde 1985, e púxolles voz a Jerry Lewis (tamén en castelán), Eddie Murphy, Bradley Cooper, Tom Cruise, Rowan Atkinson, Ben Stiller e ao androide C3PO de A guerra das galaxias, entre outros.

En 1986 integrouse na Compañía Luís Seoane, na que actuou en Forzas Eléctricas e Aquela historia de Bly, montaxes escritas e dirixidas por Manuel Lourenzo.

Protagonizou en 1988 O mozo que chegou de lonxe (CDG), dirixida por Mario Gas.[2] Desde entón continuou como dramaturgo e guionista.

É un dos autores teatrais máis destacados da chamada Xeración dos 90.[3] As súas obras acadaron os máis destacados premios que se convocan na Galiza -o Álvaro Cunqueiro e o Rafael Dieste-, así como, no ámbito da dramaturxia española, o Premi Born coa súa obra Derrota. A súa obra non deixou de editarse desde que irrompeu no panorama literario, e Lugar, a súa peza máis sobranceira, foi publicada na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia e representada polo Centro Dramático Galego.

Como guionista formou parte dos equipos de creación e escritura da meirande parte das series de ficción da TVG dos últimos tempos: Pratos combinados, A vida por diante, A miña sogra e mais eu, Terra de Miranda, As leis de Celavella etc. Traballa tamén como actor de dobraxe.

Obras editar

Teatro editar

  • Water look (1990). Revista Ólisbos. Santiago de Compostela.
  • Matalobos (1993). Colección de Textos Teatrais da Deputación da Coruña.
    • Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España. Edición bilingüe (2019). Madrid.
    • Biblioteca-Arquivo Teatral F. Pillado Mayor. Universidade da Coruña (2010).
  • Lugar (1994). Xunta de Galicia, Os libros do Centro Dramátaico Galego. Prólogo de Xosé Manuel Fernández Castro (Pepes).[4] 70 páxs. ISBN 978-8475079561.
    • Edicións Xerais (1995). Vigo. 71 páxs. ISBN 9788475079561.
    • Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia (2002). A Coruña.
    • Caos Ediciones Digitales (2005). Madrid.
  • Cita co diaño. O paso (1995). Tris Tram, 1999.
  • Derrota (1997). Revista Escena (Barcelona)
  • Estrema (1998). Edicións Xerais.
  • Manifesto do Teatro Galego (1998)
  • Estrema. Derrota (1999). Edición Xerais. 152 páxs. ISBN 978-8483023617.
  • Foreber - Revista Galega de Teatro, n° 22 (2000). Vigo.
  • Mantis, a misión (2002). Cadernos de Teatro. A Coruña.
  • A chamada (2002). Baía Edicións. 160 páxs. ISBN 978-84-89803-57-2. Editora 7Letras, tradución ao portugués de José Rubens Siqueira (2001), Río de Xaneiro.
  • Nachtmahr (2008). Edicións Xerais. 88 páxs. ISBN 978-8497828918.[5]
  • Reparación (2008). Autoridade Portuaria da Coruña.
  • Un conto de Nadal (2008). Versión teatral definitiva de O Elixido. Revista Casahamlet.
  • Nun mundo hostil. Teatro breve reunido (1999-2007) (2008). Espiral Maior. Recolle 16 pezas breves publicadas anteriormente.
  • Chegamos despois a unha terra gris (2011). Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-9914-209-8.[6]
  • Unha corrente salvaxe (2013). Revista Galega de Teatro, nº 75. Vigo. Editada en español e éuscaro por Artezblai Editores (2013), Bilbao; e en catalán por Arola Editors (2013), Barcelona.​
  • As cancións que lles cantaban aos cativos (2016). Revista Galega de Teatro, nº 88. Vigo.
    • Las canciones que les cantaban a los niños (2016). Fundación SGAE. Madrid. 121 páxs. ISBN 978-8480488778.
  • Unha corrente salvaxe. Historia dunha descoñecida (2020). Laiovento. 214 páxs. ISBN 978-84-8487-475-1.[7][8]
  • DFW nas profundidades da tristeza infinita. As cancións que lles cantaban aos cativos (2021). Santiago: Laiovento. 252 páxs. ISBN 978-84-8478-530-7.

Literatura infanto-xuvenil editar

Ensaio editar

  • Algunhas preguntas sobre o teatro en Galicia hoxe (2002). eDixital. A Coruña.
  • Confesións dun practicante (2004). Tris Tram. Volume no que se reúnen -anotados ao pé de páxina e conformando unha sorte de libro de memorias- ensaios e conferencias publicados anteriormente en diversos libros colectivos e revistas especializadas.

Narrativa editar

  • Esa palabra (1998). Grándola Nova Edicións. Santiago de Compostela.
  • Réquiem por Xurxo Montes (2005). Associació d’Escriptors en Llengua Catalana . Barcelona.

Obras colectivas editar

  • I Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, 2007, Xerais.[9]

Obra teatral estreada editar

  • 1994: Matalobos. Grupo de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, dirección de Roberto Salgueiro. Teatro Colón. A Coruña.
  • 1999: Lugar. Centro Dramático Galego, dirección de Antonio Simón. Teatro Colón. A Coruña.
  • 2000: Estrema. Compañía Furafollas, dirección de Anxo Baranga. Teatro del Raval. Barcelona.
  • 2000: Foreber. Trasno Novo Teatro. Cangas.
  • 2001: Punto franco. Compañía de Walter Manfré, dirección de Walter Manfré. Madrid.
  • 2009: La llamada. Dirección Juliana Galdino. Sao Paulo.
  • 2011: Derrota. Argos Teatro, dirección de Edith Obregón. A​ Habana.[10]
  • 2017: Las canciones que les cantaban a los niños. Saltantes Teatro. Asturias.

Guionista editar

Curtametraxes editar

  • 1996: A grande viaxe, dirixida por J. A. Jiménez. Caos Producións Audiovisuais. Baseada no relato “O Suso” de Xosé Luís Méndez Ferrín (en O crepúsculo e as formigas).
  • 1997: Ondada, dirixida por J. A. Jiménez. Escola Imaxe e Son.
  • 1997: Exterior-día. Escola Imaxe e Son.
  • 1997: O Proceso. Escola Imaxe e Son.
  • 2009: O elixido, dirixida por Chema Gagino.
  • O paso, dirixida por Carlota Dans.

Televisión[1] editar

  • 1988: Vale-Vale. TVE en Galicia. Idea orixinal, argumentos e diálogos.
  • 1996: Fóra de onda. Vici Producións. Desenvolvemento dunha idea de Alber Ponte, biblia, argumentos –en colaboración con A. Ponte e Pepe Coira– e diálogos. Serie interrompida en fase de produción.
  • 1997: Nove nunha nave. Proxecto para Vici Producións. Idea orixinal, biblia e argumentos. En colaboración con Miguel Castelo e Xose Xoán Cabanas Cao.
  • 1998-2003: Pratos combinados. O Corrego Galego. Diálogos.
  • 2002: Avenida de América. TVG. Diálogos.
  • 2003: Mareas vivas. Voz Audiovisual. Diálogos.
  • 2003-2005: Terra de Miranda. Voz Audiovisual. Argumentos dos episodios 27 ao 125 –en colaboración con Daniel Domínguez– e diálogos. (Argumentos e diálogos).
  • 2004: A miña sogra e máis eu. Voz Audiovisual. Idea orixinal, biblia, argumentos dos episodios 1 ao 26, e edición de guión. En colaboración con Daniel Domínguez.
  • 2005: As leis de Celavella. Voz Audiovisual. Argumentos. En colaboración con Daniel Domínguez.
  • 2005: A vida por diante. Voz Audiovisual Desenvolvemento dunha idea orixinal de Ramón Campos, biblia e argumentos dos episodios 1 ao 13. En colaboración con Daniel Domínguez.
  • 2010: Padre Casares Voz Audiovisual. Argumentos sétima temporada. En colaboración con Daniel Domínguez.
  • Pazo de familia (Diálogos)

Cine editar

  • 2000: Fragmentos dun amor. Guión de longametraxe de ficción a partir dunha idea orixinal de Miguel Castelo e Raúl Dans. Escritura subvencionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela
  • 2007: Ás portas do paraíso. Guión de longametraxe de ficción. Escritura subvencionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.

Actor de dobraxe editar

Galego editar

Castelán editar

Premios editar

  • 1990: Premio de Teatro do Certame Literario da Facultade de Filoloxía da USC, por Water-look.
  • 1993: Premio Rafael Dieste, por Matalobos.
  • 1994: Premio Álvaro Cunqueiro, por Lugar.
  • 1997: Premios Obradoiro na Rúa para guións de curtametraxe. Premiados: Ondada, Ecterior día e O proceso.
  • 1997: Premio ex-aequo no XXII Premi Born de Teatre, por Derrota.
  • 1998: Finalista do Premio Rafael Dieste, por Estrema.
  • 2003: Premio Mestre Mateo de Guión, por Terra de Miranda.
  • 2005: Premio Mestre Mateo de Guión, por As leis de celavella.
  • 2010: Premio Álvaro Cunqueiro, por Chegamos despois a unha terra gris.
  • 2012: Premio de teatro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, por Chegamos despois a unha terra gris.
  • 2012: Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega, por Chegamos despois a unha terra gris.
  • 2012: X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de rapaces, por Un mosquito de nome Henri.
  • 2012: Premi Born de Teatre, por Una corriente salvaje.
  • 2015: Gañador do Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, por Las canciones que les cantaban a los niños.
  • 2020: II Premio Laudamuco para textos teatrais, por Só un home bo.
  • 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego[11] por Só un home bo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Autores - Dans Mayor, Raúl". baiaedicions.gal. Consultado o 2020-07-11. 
  2. "CDG: Temporada". centrodramatico.xunta.gal. Consultado o 2020-07-11. 
  3. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-11. 
  4. Incluído, co n.º 94, na Biblioteca Galega 120.
  5. "«Nachtmahr», crítica en «Protexta». Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-11. 
  6. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-11. 
  7. "Unha corrente salvaxe - e- Historia dunha descoñecida". imosver.com. 
  8. Is, Ernesto (Outubro, novembro, decembro 2020). "Coma cando cae un trono". Revista Grial. LVIII (228): 106, 107. ISSN 0017-4181. 
  9. "I Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Organiza Radio Galega, Centro Dramático Galego. Vigo : Edicións Xerais de Galicia… Premios, Dramatica, Biblioteca". Pinterest. Consultado o 2020-07-11. 
  10. ""Saltantes Teatro" estrena el sábado en el Campoamor una producción ambientada en los círculos de ETA". www.lne.es. Consultado o 2020-07-11. 
  11. "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar