Rúa, Cervo

parroquia civil do concello de Cervo

Santa María de Rúa é unha parroquia que se localiza no concello lucense de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 325 habitantes (167 homes e 158 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 340 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 256 habitantes, sendo 125 homes e 131 mulleres.

Rúa
Igrexa parroquial de Santa María de Rúa.
ConcelloCervo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°37′11″N 7°24′59″O / 43.6198, -7.4165Coordenadas: 43°37′11″N 7°24′59″O / 43.6198, -7.4165
Poboación223 hab. (2019)
Entidades de poboación25[1]
editar datos en Wikidata ]

Lugares e parroquias editar

 
Vista dende a igrexa parroquial.

Lugares de Rúa editar

Lugares da parroquia de Rúa no concello de Cervo (Lugo)

O Abrigo | A Amoeira | Aquela Banda | Arbol | As Augas Santas | Bouzas Chás | As Cabanas | O Cal | Casmaio | As Curuxeiras | A Estibada | O Freixo | Granda | A Lama | O Machuco | A Madanela | Murazós | A Nogueira | O Pazo | Percorvo | O Pereiro | O Rego | A Ruela | O Vedral | O Vieiro

Parroquias de Cervo editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo

Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar