O Ucayali é un longo río peruano, considerado como un dos brazos principais do curso alto do río Amazonas, do que se coida a orixe mesma. O sistema Amazonas-Ucayali eleva a lonxitude do primeiro até os 6.275 km.

Río Ucayali
PaísPerú
NacementoRío Apurimac + Río Urubamba
Altitude280 msmn
Lonxitude1.600 km (2.670 km)
Conca315.000 km²
Caudal medio12.600 m³/s
DesembocaduraRío Amazonas
O río Ucayali en Pucallpa

Percorrido editar

O río Ucayali nace na rexión homónima, no Perú, da confluencia dos ríos Apurimac e Urubamba, no nordeste dos Andes centrais. Corre, en suave pendente cara ao noroeste do país até xuntarse co río Marañón, preto da poboación de Nauta, na Rexión de Loreto, dando dese xeito a unha dobre fonte para o Amazonas. Desde a confluencia do Apurimac e o Urubamba, a lonxitude do Ucayali é de 1.600 km.

O seu curso total atinxe os 2.670 quilómetros de lonxitude, se se toma como nacemento o do río Apurimac, que ten lugar no Nevado de Mismi, a uns 160 km ao oeste do lago Titicaca.

 
Nacemento do Ucayalai no Nevado Mismi sinalado cunha simple cruz de pau.

Afluentes editar

Os tributarios máis importantes do Ucayali son o Urubamba, o Cohenga, o Tahuania, o Sheshea, o Tamaya, o Tapiche, o Pachitea e máis o Aguaytía.

Portos fluviais editar

Do total do percorrido do Ucayali, uns 1.500 son navegábeis para embarcacións de até 3.000 tm. Os portos principais nas súas beiras son as cidades de Pucallpa, Contamana e Requena.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar