O Ubangi (escrito tamén, á francesa, Oubangui) é un río de cerca de 1.1200 km de lonxitude. É o afluente principal pola marxe dereita do río Congo, na África Central.

Ubangi
O Ubangi preto de Bangui
PaísRepública Centroafricana, República do Congo, República Democrática do Congo
Nacementocerca de Yakoma
Lonxitude1.120 km
Conca772.800 km²
Caudal medio2.000 m³/s
DesembocaduraRío Congo
O Ubangi é o máis importante dos afluentes do Congo pola súa beira dereita.

Percorrido editar

O Ubangi nace nas proximidades de Yakoma, nos confíns entre a República Democrática do Congo e a República Centroafricana. Xorde da unión dos ríos Mbomou e Uele. Nun principio corre cara oeste durante uns 370 km, para logo virar, nunha ampla curva, cara ao suroeste, atravesando de seguido a cidade de Bangui, capital da República Centroafricana.

Ao longo de máis de 100 km despois de Bangui, o río conforma a fronteira natural entre os dous estados, proseguindo logo o seu curso até a confluencia co río Congo, no que desauga a uns 90 km ao suroeste de Mandaka e a máis de 550 km de Bangui e a fronteira entre as dúas repúblicas do Congo.

A súa conca hidrográfica abrangue 772.800 km². Se se conta o curso do Ubangi co do Uele, o río alcanza unha lonxitude de 2.272 km. O caudal medio do Ubangi é duns 2.000 m³/s, pero con ocasión de grandes chuvias pode subir até os 15.000 m³/s.

Afluentes editar

Entre os afluentes principais do Ubangi, desde a confluencia do Mbomou e o Uele á desembocadura temos:

Os afluentes son máis numerosos pola dereita, xa que o Ubangi ten unha conca disimétrica, por mor da proximidade da bacía do Congo pola súa beira dereita, que capta as augas cara a el.

Navegabilidade editar

No seu treito centroafricano, o río, unha vez pasada a cidade de Bangui, tórnase navegábel, polo que constitúe unha das vías de comunicación máis importantes da rexión, sobre todo na época da estación chuviosa, cando moitas estradas e camiños se voltan impracticábeles.

Proxectos editar

Na década do 1960, foi proposto un proxecto para transvasar auga desde o Ubangi para o lago Chad. As augas do río poderían así revitalizar o lago, posibilitando a pesca e a irrigación duns 10.000.000 de persoas centroafricanas.

Véxase tamén editar